Ames, 13/6/2016 - O campo de fútbol
do Milladoiro acolleu a presentación do Campus de Fútbol da Fundación Celta de
Vigo, que se desenvolverá nestas instalacións entre 27 de xuño e o 1 de xullo.
É a terceira vez que o RC Celta de Vigo organiza este
campus en Ames, e tamén a terceira na que conta co apio do Milladoiro SD para
facelo. Ao longo de cinco mañás, en horario de 10:00 a 14:00 horas, rapaces e
rapazas poderán traballar baixo as ordes de adestradores titulados e
licenciados da disciplina do club. “Non só traballaremos con conceptos
relacionados co fútbol en si, senón tamén en aspectos como o traballo en
equipo, a integración ou o respecto mutuo”, explicou Germán Arteta. Todo isto
sen deixar de lado en ningún momento o aspecto lúdico do deporte. Eses sons
algúns dos obxectivos principais dos Campus de Fútbol da Fundación Celta de
Vigo, dirixidos a nenas e nenos de entre 4 e 16 anos.
“O derradeiro día do campus, o venres 1
de xuño”, engadiu o director da fundación, “as familias, amigos e amigas dos
participantes están convidados a vir para compartir unha comida”. Nesa última
xornada repartiranse os diplomas aos rapaces e rapazas, quen recibirán ademais
a visita de xogadores do club que lles falarán da súa experiencia. Algúns dos
participantes terán a oportunidade de optar a unha beca para unha xornada de
adestramento nas instalacións do RC Celta de Vigo.
Esta iniciativa xa tivo unha boa acollida nas súas dúas
primeiras edicións, e en palabras do presidente da SD Milladoiro “nótase outra
vez o interese a raíz de todas as chamadas que nos chegan”. En total ofértanse
80 prazas, cuxa solicitude permanecerá aberta até unha semana antes do comezo
do propio campus. A matrícula pódese realizar de xeito telemático nesta
ligazón: http://campus.fundacioncelta.com/a-coruna/ ou descargando e cubrindo o
documento que podes obter a túa dereita, baixo o apartado de descargas. O
documento escaneado deberase enviar ao enderezo info@fundacioncelta.com. José Miñones agradeceu aos
representantes do RC Celta de Vigo a presenza do club un verán máis no concello
de Ames “onde apostamos moi forte polo deporte de base”. Engadiu que “esta é
unha gran oportunidade para os xogadores e xogadoras, que acoden encantados”.
O prezo xeral do campus é de 130 euros, cun desconto para
para os futbolistas e as futbolistas non só do Milladoiro SD, senón tamén para
todas aquelas persoas con domicilio en Ames. Para eles e elas o prezo de
matrícula é de 115 euros. Poderán optar así mesmo ao desconto as persoas
membros da Fundación Celta de Vigo, subscritoras do RC Celta de Vigo, os irmáns
ou irmás que se anoten xuntos, os fillos/as de traballadores/as de Critroen,
Coca-Cola, Iberian Partners, Copasa, Recalvi, Estrella Galicia, Frutas Nieves,
Deputación de Pontevedra, Inditex, Las siete torres ou do Concello de Vigo. A
matrícula inclúe, ademais da equipación do campus, un seguro médico con
Adeslas.
Recoméndase a todos os rapaces e rapazas que acudan
cunhas botas de fútbol (multitaco con tacos de goma), unha toalla de aseo,
champú e xabón, unhas chanclas, unha muda, unha gorra e crema de protección
solar. A media mañá daráselles un refrixerio ás persoas participantes,
acompañado de auga e de bebidas isotónicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario