![]() |
| Un momento da gala da primeira edición |
Oroso, 17/06/2016 - O campo municipal de fútbol de Sigüeiro acollerá hoxe a partir das 20:00 horas, a terceira edición do Día do Deporte de Oroso, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende distinguir aos mellores deportivas e ás promesas máis destacadas dos quince clubs deportivos do municipio durante esta última tempada. Ademais, este ano tamén se entregará un agasallo a todos os clubs deportivos. A asistencia é totalmente libre e de balde.
O acto estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey. O Concello de Oroso entregará noves premios en cinco categorías: ao mellor deportista do ano, un recoñecemento ao club ou escola deportiva que máis fomente o deporte de base, un recoñecemento pola colaboración cos eventos deportivos municipais, un recoñecemento á traxectoria e un recoñecemento á empresa que máis apoie o deporte. Así mesmo, entregará un agasallo a todos os clubs deportivos: Itf Taekwondo Oroso, Club Xadrez Oroso, Oroso Tenis de Mesa, Ximnasia Rítmica, Club de Béisbol Leones, Club Patín Oroso, Oroso Fútbol Sala, ED Xuventude Oroso, Sigüeiro FC, SD Deixebre, Oroso Motor Sport, Club Deportivo Alecrín, club ciclista Tambre Bike, Club Bádminton e Club Tambre Golf.
A xornada comezará ás 16:30 horas coas tradicionais exhibicións de clausura das escolas deportivas no polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro: ximnasia rítmica, taekwondo ITF, patinaxe, zumba...

Ningún comentario:
Publicar un comentario