Amosando publicacións coa etiqueta CONSORCIO DE SANTIAGO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONSORCIO DE SANTIAGO b>. Amosar todas as publicacións
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de reparación do tellado da igrexa de San Agustín
Santiago, 24/07/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de reparación do tellado da igrexa de San Agustín, por un importe global de 83.747,61 euros. O prazo de execución desta actuación estímase en tres meses. As empresas interesadas teñen ata o 17 de agosto para presentar as súas ofertas.O Consorcio de Santiago restaurará o retablo de San MIguel dos Agros
Santiago, 20/07/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a restauración do retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza homónima, á empresa Techne, Conservación e Restauración de Bens Culturais, S. C. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 30.362,53 euros e os traballos terán un prazo de execución previsto de tres meses.O Consorcio de Santiago presenta os resultados da investigación sobre as humidades da Capela do Cristo de Conxo
Santiago,
28/06/2016 - A elevada humidade no interior da Capela do Cristo da Igrexa de Santa
María de Conxo, e en particular o escurecemento húmido que afecta á totalidade
do lousado do chan, levou ao Consorcio
de Santiago a encargar un estudo a un arquitecto experto neste eido. A
finalidade é obter un diagnóstico e avaliación das lesións existentes, xunto
cunha proposta de actuación para solucionar este problema.O Consorcio de Santiago adxudica os traballos de mellora na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
Santiago, 16/06/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de eliminación de humidades que afectan á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. A empresa beneficiaria deste contrato é Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 44.165 euros.O Consorcio asina un convenio coa USC para a redacción do Plan Director da Facultade de Xeografía e Historia
O Consorcio de Santiago celebrou este mércores a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No marco da xuntanza, presentouse á nova interventora do Consorcio, Consuelo Lage Ferrón, interventora territorial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas da Coruña, en substitución de Emilio Vázquez Salgado por xubilación.
Entre os temas abordados, aprobouse un convenio coa Universidade de Santiago para a redacción do Plan Director do edificio da Facultade de Xeografía e Historia. O inmoble, que deu acubillo á USC dende o ano 1767, está catalogado polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago como de "nivel 1", co que se recoñece a excepcional calidade arquitectónica e valor histórico do conxunto.
O Consorcio de Santiago recolle no seu plan de actuacións 2015-2025 a intención de redactar os plans directores de restauración dos edificios monumentais de maior entidade do casco histórico, entre os que se atopa a Facultade de Xeografía e Historia.
Historiadores, arqueólogos, restauradores, enxeñeiros e documentalistas da USC e arquitectos do Consorcio traballarán xuntos neste plan, que establecerá as pautas da restauración en función dun estudo previo exhaustivo do edificio. Fixará o programa de uso e condicións de adecuación e preverá as actuacións de rehabilitación, reestruturación parcial e valoración arquitectónica compatibles coa protección do inmoble, incluíndo un estudo para a mellora da eficiencia enerxética do edificio.
Conservación da biblioteca do Instituto Xelmírez I
No transcurso da Comisión deuse conta tamén dun convenio co IES Arcebispo Xelmírez I para levar a cabo unha limpeza exhaustiva e acondicionamento da biblioteca histórica do centro, para posteriormente intervir nos documentos e restauralos. Moitas das obras presentan un avanzado grao de deterioro que fai aconsellable e imprescindible a súa intervención inmediata. O proceso de recuperación comezará cun fotografado dixital das pezas. Logo limparanse e desinfectaranse os libros e os estantes. Os documentos protexeranse debidamente para evitar que se degraden ao manipulalos. O Consorcio de Santiago subvencionará a actuación cun importe de 22.000 euros.
O Consorcio de Santiago elimina as humidades da igrexa de Santa Clara
O Consorcio de Santiago está a intervir na igrexa do convento de Santa Clara, afectada pola entrada da auga da chuvia e por unha alta humidade no seu interior, circunstancia moi negativa para os bens de alto valor que posúe, entre eles os retablos e un magnífico órgano barroco. As obras estanse a centrar nas revocaduras do inmoble, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa.
A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto é Idoia Camiruaga. Sinala que “xa se amañou o tellado e colocáronse novos canlóns e baixantes, que non tiña, de xeito que a auga da choiva do tellado empapaba o terreo aos pés do muro, unha das causas da humidade interior”.
Estanse a aplicar novas revocaduras
“As revocaduras que se aplicaron en obras anteriores estaban moi gretadas, desprendidas do soporte e non eran garantía nin protección dos muros” -indica Camiruaga-. Polas fisuras e gretas entraba moita auga de escorrentía, que ten máis problemas en saír, polo que se ía acumulando nas partes baixas do muro sur da nave e do transepto sur. Así, elimináronse xa as vellas revocaduras exteriores e tratáronse con biocida as zonas onde estaban arraigadas as plantas superiores (silvas e liques). Agora estanse a aplicar novas revocaduras para, finalmente, pintar os muros con pintura mineral.
Modificaranse as fiestras para aumentar a ventilación da igrex
O xardín de acceso á igrexa ten unha pendente que dirixe a auga da choiva contra o templo, que non posúe ningunha canle de recollida das augas, polo que as absorbe cara ao interior das fábricas. Ante esta situación, remodelarase o recheo do xardín, ao tempo que se trazará unha rede de recollida das augas pluviais para conducilas lonxe dos muros.
Por outro lado, entre os muros do presbiterio e do transepto sur hai un pequeno patio pechado sen acceso, que non ten posibilidade de mantemento salvo mediante o uso de estadas ou grandes escaleiras. Este espazo non conta cunha saída da auga da choiva, que vai cara ás fábricas, de maneira que se intervirá para reconducir as pluviais.
Ademais, prevese modificar lixeiramente as fiestras da nave para aumentar a ventilación da igrexa sen causar falta de confort aos usuarios.
O Consorcio repara a Igrexa da Peregrina
O Consorcio de Santiago está a realizar obras na igrexa da Peregrina, centradas na limpeza e reparación da torre do campanario. A intervención era urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno.
O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Pablo Tomé, explica que xa se levou a cabo a limpeza da fachada exterior do campanario, ao tempo que se renovaron os rexuntados que estaban deteriorados co fin de impedir a entrada da auga no interior da fábrica. Tamén se limparon en profundidade as xuntas abertas que estaban invadidas por plantas e raíces, así como as gretas e fisuras para eliminar todo o material de aporte tanto do vento como das aves e demais colonizadores.
Por outro lado, aínda que o estado do tellado non era malo, o faldrón norte tiña unha alta porcentaxe de tella rota, de xeito que se recolocaron as tellas e substituíronse boa parte delas. Así mesmo, renovouse a impermeabilización da cuberta da terraza do campanario. E estanse a reparar varias ventás que tiñan as partes inferiores en mal estado.
Renováronse os xugos das campás
As dúas campás da igrexa, situadas na torre do campanario, dispoñían, cada unha delas, dun xugo en moi mal estado, de maneira que se procedeu á súa renovación. Ademais, as campás teñen un sistema automático de toque e nunha delas a percusión prodúcese pola cara exterior, o que vai en contra do correcto uso da campá e pode deteriorala; polo que se cambiará o sistema de percusión automático.
A claraboia substituirase por outra que impida a entrada de auga
A torre ten unha terraza cunha claraboia de saída de madeira revestida cun perfil de aceiro. Esta carpintería está en moi mal estado e foi obxecto de diferentes arranxos para impedir que entrase a auga. Recentemente foi revestida con poliéster e fibra de vidro, pero con iso non se conseguiu evitar a entrada de auga; polo que se substituirá a claraboia actual por outra máis lixeira e que facilite a ventilación e a saída á terraza das campás.
Santiago - Helmuth Rilling dirige a la RFG en su 20º aniversario
La Real Filharmonía de Galicia daba sus primeros pasos el 29 de febrero de 1996. Mañana lunes, día 29, se cumplen 20 años de trayectoria de la orquesta. La efeméride se celebrará con un concierto especial en su sede, el compostelano Auditorio de Galicia, a las 21:00 horas, bajo la batuta de su primer director titular, el alemán Helmuth Rilling, que estuvo al frente de la orquesta entre los años 1996 y 2000.
Las entradas serán gratuitas para los abonados. Además, el concierto se retransmitirá en directo por streaming a través de la web de la orquesta (www.rfgalicia.org) y de las redes sociales.
El concierto será un homenaje a Johann Sebastian Bach (1685-1750), compositor alemán barroco del que el maestro Helmuth Rilling es especialista. Así, la orquesta interpretará su Concierto de Brandemburgo nº 4, Concierto para dos violines y Suite para orquesta nº 3. Actuarán como solistas varios músicos de la orquesta: los flautistas Laurent Blaiteau y Luís Soto; y los violinistas James Dahlgren (concertino), Adriana Winkler y Grigori Nedobora.
Helmuth Rilling, 83 años de entrega a la música
Helmuth Rilling, a sus 83 años, es aclamado en todo el mundo como director de orquesta, pedagogo y estudioso de Bach. Ha realizado giras por Europa, Estados Unidos, Canadá, Asia y América del Sur. Ha colaborado con las mejores orquestas, incluyendo la Filarmónica de Viena, la Filarmónica de Nueva York o la Japanese NHK-Symphony Orchestra. En los últimos treinta años ha mantenido una relación especial con la Orquesta Filarmónica de Israel, con la que actuó en más de cien conciertos.
En 1981 fundó la Academia Internacional de Bach en Stuttgart, reconocida por sus agrupaciones pero también por sus esfuerzos a favor de la educación y la divulgación de la música entre jóvenes de todo el mundo. Entre los innumerables galardones que ha recibido a lo largo de su carrera, destaca el Grammy que ganó en el año 2000 y fue nominado de nuevo en 2001, el Premio Internacional de Música de la UNESCO en 1994 o el prestigioso Premio Herbert von Karajan en 2011.
50 músicos de 17 nacionalidades diferentes
La Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela, nacía de la mano de la Xunta de Galicia en 1996. El Consorcio de la ciudad de Santiago es el organismo encargado de su gestión. Su gerente, Belén Hernández, destaca que “esta orquesta sinfónica, que representa en sí misma el concepto de espíritu abierto, conciliador y amable que encierra la música, está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes que cada día aportan su experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión”. Los músicos proceden de diferentes puntos de Galicia y de España, de Gran Bretaña, Alemania, Italia, Francia, Polonia, Rusia, Ucrania, Moldavia, Hungría, Letonia, Bosnia, Bulgaria, Rumanía, Estados Unidos, Uruguay y Japón.
El primer director titular de la orquesta fue Helmuth Rilling, entre 1996 y 2000. Le siguió el maestro catalán Antoni Ros Marbà, que consolidó su trayectoria durante catorce años y, ahora, Paul Daniel, desde enero de 2013. A lo largo de estos años ha ofrecido más de 1.000 actuaciones, con la participación de unos 560 solistas de reconocido prestigio, entre ellos el violinista Frank Peter Zimmermann, el pianista Joaquín Achúcarro o la mezzosoprano Teresa Berganza. Y la han dirigido unos 240 directores de la talla de Frans Brüggen, David Afkham, Juanjo Mena o Josep Pons.
La RFG ha realizado giras y conciertos en los escenarios de países como Alemania, Austria, Francia, Brasil, Argentina, Cuba y, especialmente, Portugal, además de en las principales ciudades gallegas y españolas. Y trabaja por acercar la música clásica a nuevos públicos, en particular a los más jóvenes y a las familias. Así, ha celebrado alrededor de 1.600 conciertos didácticos. Su variado repertorio abarca desde Bach a la actualidad; con énfasis en los autores del clasicismo vienés y asumiendo plenamente su responsabilidad de dar salida a las obras de compositores gallegos, de varios de los cuales ha protagonizado estrenos absolutos.
El actual director titular y artístico de la RFG, Paul Daniel, pone de manifiesto que la orquesta llega a todo tipo de públicos: familias, jóvenes, niños y aficionados; al tiempo que destaca las emisiones de los conciertos en directo por internet iniciadas el año pasado. En relación a la evolución de la orquesta, su intención es aumentar el número de actuaciones fuera de Galicia y de España, con el afán de que la RFG sea una auténtica "embajadora" de la comunidad gallega.
Santiago - A Real Filharmonía estudiará un cambio de horarios
O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, estudará a alternativa de adiantar o horario dos concertos no Auditorio de Galicia, tras recibir unha solicitude do Ateneo de Santiago, que aínda entrou por rexistro este mércores. En relación á reapertura da cafetería do Auditorio, que tamén reclama o Ateneo, o Consorcio xa lle deu traslado inmediato ao organismo competente, o Concello de Santiago.
O Consorcio lembra que os concertos da RFG sempre foron ás nove da noite e resulta complicado agradar a todos os públicos que asisten, por teren estes intereses distintos. E agrega que hai algúns anos xa se fixera unha enquisa cuxo resultado foi favorable, por escasa diferenza, a manter o horario actual das nove da noite.
“Aos profesionais libres e comerciantes vailles ben o horario actual, mentres que os xubilados se poden adaptar; e outros públicos como os funcionarios probablemente optasen por adiantalos e poder retirarse antes a casa. Ademais, na temporada hai varios venres en cartel, en vez dos xoves habituais”, segundo explica a xerente do Consorcio, Belén Hernández.
O Consorcio, organismo só responsable da orquestra e non das instalacións do Auditorio de Galicia, fará unha consulta formal dirixida aos aboados da RFG, que esta temporada suman 502 (o aforo chega ao milleiro de butacas), para dispór dun dato obxectivo e relevante sobre a cuestión horaria. “En todo caso –advirte a súa xerente– a decisión final debemos adoptala cun índice elevado de consenso e sempre de acordo co noso caseiro, por razóns obvias, é dicir, o Auditorio de Galicia”.
Santiago - Participación no foro de debte sobre rehabilitación que se celebra en Cuenca
O Consorcio de Santiago participa esta semana en Cuenca nun foro de debate sobre a habitabilidade e a rehabilitación nos centros históricos, promovido polo Consorcio de Cuenca, no marco da celebración do 20º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade. Na cita están presentes os tres consorcios que existen en España: Santiago, Cuenca e Toledo. Entre outros temas, estase a abordar como construír sobre o antigo; vivir, traballar, ter negocios e acceder aos cascos históricos; ou como convivir co turismo.
O Consorcio da Cidade de Cuenca vai elaborar un Plan de Xestión do seu casco histórico e, nesta liña, a experiencia de Santiago pode servirlle de modelo. Neste foro, o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago Xosé Allegue impartirá unha conferencia centrada no labor do organismo interadministrativo en relación á vivenda histórica. Nesta liña, destaca a cifra de máis de 1.500 vivendas rehabilitadas ao longo dos últimos vinte anos no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.
O arquitecto explicará os obxectivos do planeamento compostelán en política de vivenda, como son a fixación da poboación residente, a rehabitación con novos residentes, o mantemento da diversidade social e o reequilibrio da pirámide de idade. Tamén se referirá ao control dos usos no casco histórico compostelán, de cara a controlar a terciarización, así como a convivencia entre turistas e cidadáns. Explicará as políticas de vivenda levadas a cabo polo Consorcio de Santiago durante estes anos, en particular as axudas á rehabilitación privada e o programa de edificios tutelados.
Para o arquitecto do Consorcio as materias pendentes son a ausencia de vivenda pública en réxime de alugueiro no casco histórico, a necesidade de políticas proactivas de mobilización de vivendas baleiras e a mellora de dotacións e equipamentos a escala de barrio. Así mesmo, considera urxente resolver o problema da mobilidade, en concreto a incidencia dos vehículos sobre o pavimento histórico. Na súa intervención Allegue insistirá ademais no papel das infraestruturas e a importancia do espazo público neste ámbito.
Santiago - Obras de mellora no Convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a intervención na igrexa do convento de Santa Clara á empresa Augasmestas Inversións do Rural, S.L. Co fin de eliminar as humidades que afectan ao templo, actuarase nas revocaduras, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa. O importe global das obras, cun prazo de execución estimado de seis meses, ascende aos 108.334,18 euros.
A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto é Idoia Camiruaga. Explica que o obxecto da obra é a eliminación das humidades da nave e do transepto sur da igrexa. Recentemente o Consorcio actuou na tarima do templo, colocada en torno aos anos 10 ou 20 do século XX. “Neste proceso viuse que a pedra secada e limpa para colocar a nova tarima cubríase, coas primeiras choivas, dun fino manto de mofo nas partes máis expostas á entrada da auga, sobre todo no transepto sur” -sinala-.
Aplicaranse novas revocaduras e revisarase o tellado
“As revocaduras que se aplicaron en obras anteriores están moi fisuradas, desprendidas do soporte e non son garantía nin protección dos muros” -indica Camiruaga-. Polas fisuras e gretas entra moita auga de escorrentía, que ten máis problemas en saír, polo que se vai acumulando nas partes baixas do muro sur da nave e do transepto sur. Así, eliminaranse todas as revocaduras exteriores e trataranse cun biocida os paramentos externos dos muros para eliminar os mofos e fungos. Aplicaranse novas revocaduras e, finalmente, pintaranse os muros.
Por outro lado, a arquitecta sinala que o tellado necesita unha revisión, así como os canlóns e baixantes, pois deixan saír moita da auga de choiva que recollen, de xeito que se empapa aínda máis o terreo e empeora o problema da humidade interior.
Intervención no xardín de acceso á igrexa e no patio pechado
O xardín de acceso á igrexa ten unha pendente que dirixe a auga da choiva contra o templo, que non posúe ningunha canle de recollida das augas, polo que as absorbe cara ao interior das fábricas. Ante esta situación, remodelarase o recheo do xardín, ao tempo que se trazará unha rede de recollida das augas pluviais para conducilas lonxe dos muros.
Por outro lado, entre os muros do presbiterio e do transepto sur hai un pequeno patio pechado sen acceso posible, co que non ten posibilidade de mantemento salvo mediante o uso de estadas ou grandes escaleiras. Este espazo non conta cunha saída da auga da choiva, que vai cara ás fábricas, de maneira que se intervirá para reconducir as pluviais.
Ademais, prevese modificar as fiestras da nave para aumentar a ventilación da igrexa sen causar falta de confort aos usuarios.
A importancia de manter os bens da igrexa lonxe da humidade
“A durabilidade da nova tarima e a conservación dos bens de calidade que posúe a igrexa son incompatibles coa entrada de auga e a alta humidade relativa do interior” -manifesta a arquitecta do Consorcio-. Entre estes bens destacan os retablos, que sofren coa humidade porque son máis proclives aos ataques dos xilófagos. Tamén, no coro alto, que está separado da igrexa por unha simple reixa, hai un órgano barroco de excelente son que se ve afectado pola humidade.
Santiago - O Consorcio adxudica melloras na Igrexa da Peregrina
O Consorcio de Santiago acaba de
adxudicar as obras de limpeza e reparación da torre do campanario da igrexa da
Peregrina, situada na parroquia homónima, á Unión Temporal de Empresas Murua,
S.C. – Alonso & Ruibal Arquitectos S.C.P. A
intervención é urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no
seu contorno. Os traballos, cuxa duración estímase en tres meses, teñen un
orzamento global de 32.031,77 euros.
Este templo, de estilo barroco
clasicista, pódese datar pola inscrición na fachada en 1795. O arquitecto da
Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Pablo Tomé, explica que “nesta fase preténdese abordar os problemas
de entrada de auga no contorno da torre do campanario. Así mesmo, tratarase o
rexuntado dos muros de cantería da torre e o encontro entre a torre e o
tellado”. Segundo asegura o arquitecto, percíbese a entrada de auga dende a
terraza do campanario e dende a ventá situada na fachada principal enriba da
porta. “A humidade apréciase con claridade na cara interior da fachada
principal, no piso do coro e no contorno do vestíbulo” -afirma-.
Pablo Tomé sinala que, “en xeral, todos os planos saíntes das
cornixas da torre e demais ornamentos arquitectónicos son moi amplos, con moi
pouca pendente de expulsión da auga de choiva. Ademais, a orientación da
fachada da igrexa fai que a entrada de auga impulsada polo vento sexa
importante”.
Intervencións
propostas
O obxectivo
principal da intervención é a eliminación das humidades existentes no contorno
da torre do campanario. Para iso levarase a cabo a limpeza da fachada do
campanario, previa aplicación dun herbicida de baixo impacto no medio natural.
Trala
limpeza da torre e o contorno da fachada, renovaranse os rexuntados que estean
deteriorados para impedir a entrada da auga no interior da fábrica. Logo
limparanse en profundidade as xuntas abertas que teñan sido invadidas por
plantas e raíces, así como as gretas e fisuras para eliminar todo o material de
aporte tanto do vento como das aves e demais colonizadores.
Substitución
da claraboia
A
torre ten unha terraza cunha claraboia de saída de madeira revestida cun perfil
de aceiro. Esta carpintería atópase en moi mal estado e foi obxecto de
diferentes arranxos para impedir que entrase a auga. Así mesmo, foi revestida
recentemente con poliéster e fibra de vidro, pero con iso non se conseguiu
evitar a entrada de auga; polo que se propón substituír a claraboia por outra
máis lixeira e que facilite a ventilación e a saída á terraza das campás.
Renovaranse
os xugos das campás
As
dúas campás da igrexa, situadas na torre do campanario, dispoñen, cada unha
delas, dun xugo en moi mal estado, polo que se renovarán. Ademais, as campás teñen
un sistema automático de toque e nunha delas a percusión prodúcese pola cara
exterior, o que vai en contra do correcto uso da campá e pode deteriorala; de
xeito que se cambiará o sistema de percusión automático.
Por
outro lado, “o estado do tellado non é malo pero o faldrón norte ten unha alta
porcentaxe de tella en mal estado, de xeito que se recolocarán as tellas e
renovarase boa parte delas” -sinala o arquitecto do Consorcio-.
O rueiro da
Peregrina
A igrexa
da Peregrina sitúase nun rueiro xunto á estrada que comunica a Ponte do Romaño
co Val do Dubra, a 6 quilómetros de Santiago. O conxunto da igrexa, pechado cun
pequeno balado, está formado por un excelente cemiterio, a antiga casa de
autopsias, un hórreo, unha carballeira cun magnífico e recolecto palco de
música, un cruceiro, a casa reitoral e unha escola. No campo anexo hai un campo
de fútbol sobre os terreos que foran do igrexario. “A Peregrina representa un
extraordinario exemplo dun lugar que soubo medrar sen rachar coa historia do
lugar asentado no val” -manifesta Pablo
Tomé-.
Santiago - Aprobados os orzamentos do Consorcio
O Consorcio de Santiago celebrou onte a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados na orde do día, presentáronse os presupostos para o vindeiro ano, que ascenden a 9.142.471,05 euros. As aportacións das tres Administracións consorciadas mantéñense con respecto a este ano e non baixan por primeira vez dende 2007. Así, a Administración Xeral do Estado achega 4.795.150 euros, a Xunta de Galicia 2.684. 413 euros e o Concello de Santiago 1.361.295 euros.
O Consorcio aprobou esta o seu programa de monumentos para o vindeiro ano, cun orzamento global estimado de 783.966,40 euros. Entre outras actuacións, intervirase no Pazo de Raxoi, de cara a mellorar a estanquidade e a eficiencia enerxética do inmoble, ao tempo que se prevé a redacción dun Plan Director do edificio.
Por outro lado, renovarase o tellado da igrexa de San Agustín, substituiranse as revocaduras deterioradas da Colexiata do Sar, actuarase nas fachadas e na cuberta da igrexa da Quinta Angustia, no tellado da igrexa de San Pedro de Busto e tamén no da igrexa de Santa Cristina de Fecha, melloraranse os muros da igrexa de Santa María de Cesar, ademais da restauración do retablo e o altar da Virxe das Dores da igrexa de San Miguel dos Agros.
Así mesmo, o Consorcio de Santiago investirá en 2016 un total de 439.737,27 euros na reforma do Auditorio de Galicia.
Programación cultural
No transcurso da Comisión Executiva deuse luz verde ao programa de publicacións e exposicións do Consorcio para o vindeiro ano. Ademais, aprobouse un convenio de colaboración coa Fundación Eugenio Granell destinado a apoiar iniciativas de dinamización cultural que promove a entidade. E aprobouse outro convenio con “Música en Compostela”, o curso universitario internacional de música española que cada ano se celebra en Santiago no mes de agosto.
Plan cuatrienal
O Consorcio aprobou tamén a súa programación cuatrienal ata 2018, na que destaca a posta en marcha do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. O centro está promovido pola Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago, en colaboración co Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento. Tras dúas fases de obra, nas que se acometeu a consolidación dos edificios orixinais e a edificación das naves que se destinarán a talleres, na actualidade estanse a desenvolver os traballos correspondentes á terceira fase, que deixarán concluídas as obras necesarias para que o centro poida iniciar a súa actividade. O investimento do Consorcio neste proxecto para o período 2015-2018 é de 1.047.000 euros.
No relativo á rehabilitación, restauración e mantemento do patrimonio edificado e monumental, o Consorcio dispón de tres liñas: vivenda, locais comerciais e monumentos e equipamentos. No período 2016-2018 o organismo investirá un total de 650.000 euros para a rehabilitación e mantemento de vivendas do casco histórico, 1.883.140 € na rehabilitación de monumentos e 1.040.737 € para a mellora dos equipamentos da cidade.
No caso dos locais comerciais, iniciarase unha nova programación de mellora dos locais situados na cidade histórica, que incidirá na optimización da accesibilidade e da imaxe exterior dos mesmos. Para esta finalidade está previsto destinar unha cantidade de 300.000 euros nos vindeiros tres anos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










