Santiago
de Compostela, 14/6/2016 - A compañía andaluza El punto! Danza Teatro chega a Compostela dentro do circuíto Danza a Escena de La red de
Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales do INAEM. Estarán este xoves 16 de
xuño na sala Agustín Magán ás 20.30 h co seu espectáculo de danza urbana ‘El
Olimpo no es aquí’.
A
presenza do deporte na sociedade é sen dúbida cada vez maior. Os deportistas
son ídolos cunha presenza cada vez máis ampla, son os novos deuses do Olimpo,
pero moitas veces non pola súa conduta exemplar... Na obra, Fernando Lima
aborda este mundo a través da danza e das linguaxes urbanas, como o break dance
e o hip hop, que deixaron de ser materiais exclusivamente urbanos para
asociarse con outras expresións creativas.
Un
traballo para catro intérpretes que son capaces de imprimir ao seu baile un
sinal solemne, lírica, que rompe con chiscadelas dramáticas. Unha proposta que
se basea na investigación sincera que mira cara a dentro, onde a frescura, a
ironía e a rebeldía do baile rueiro ponse ao servizo da danza contemporánea. O
espectáculo acadou o premio á Mellor Coreografía-Mellor Espectáculo de Danza en
Escenarios de Sevilla 2016.A compañía
El
Punto! Danza Teatro é unha compañía xestionada por Eléctrica Proyectos
Culturales. Fundada polo coreógrafo, produtor e intérprete Fernando Lima,
adopta unha linguaxe persoal que nace da necesidade de mesturar distintas
disciplinas artísticas. O deseño das súas pezas navega nunha atmosfera
onírica onde elementos moi próximos a nós gañan unha dimensión lírica, cargada
de simboloxía. O traballo dramatúrxico, como procura dun diálogo que sirva para
conectar e comunicar, é o punto de partida para a creación dos seus
espectáculos.
FICHA
artística e técnica:
Dirección,
idea orixinal e coreografía: Fernando Lima
Intérpretes:
Daniel Gómez, Sergio Fuentes, Manuel Acuña, Álvaro Silvag
Intérpretes
(versión de rúa): Daniel Gómez, Sergio Fuentes, Manuel Acuña
Intérpretes
dúo "Olimpo 2.0": Daniel Gómez, Sergio Fuentes
Música
orixinal e creación sonora: Depipió
Deseño
de iluminación: Diego Cousido
Escenografía:
Fernando Lima
Realización
de escenografía e atrezzo: Depipió
Vestiario:
El Punto! Danza Teatro
Vídeo
de arquivo: Óscar Clemente, con fragmentos de películas de dominio público
procedentes dq Colección Prelinger, 35 m.m.
Video
proxección: Daniel Gómez
Deseño
gráfico: Manuel Acuña (cartel), Alysson Maia
Video
promo: La Buena Estrella Audiovisuales
Produción,
comunicación e distribución: Alysson Maia - Eléctrica Proyectos Culturales
Colabora:
Ania Sajdok.
Ningún comentario:
Publicar un comentario