Ames - clausura das segundas xornadas sobre violencia de xénero


O Concello de Ames clausura as segundas xornadas sobre violencia de xénero, nas que participaron 40 persoas
O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, presentaron a conferencia de clausura, que correu a cargo do prestixioso especialista Javier Urra, referencia a nivel estatal no ámbito da violencia de xénero e da atención ao menor.
Esta acción formativa diríxese a profesionais do sector e ten unha duración de 40 horas. A parte presencial realizouse en cinco xornadas, que se desenvolverán desde o 17 de abril, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Nas xornadas, expertos de recoñecido prestixio analizaron os retos para afrontar a realidade dos menores como vítimas da violencia de xénero e de situacións de conflito familiar.

Santiago - axenda mércores 25 e actuacións policía local


Mércores 25

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar as actividades con motivo do Día das Letras Galegas.

Silleda - a semana verde autoriza o concello a que analice o uso do recinto para usos sociais


O Patronato autoriza ao Concello de Silleda a analizar o uso do recinto para actividades sociais

            Silleda, 24 de abril de 2012. O Patronato do Recinto Feiral da Semana verde vén de autorizar ao Concello de Silleda, a raiz dunha proposta da Alcaldesa, Paula Fernández Pena, o uso do recinto feiral para a realización de actividades sociais.

            Na última xuntanza que a rexedora de Silleda mantivo do director da Escola de Música Municipal este demandou que se ampliara o centro, e de non haber posibilidades económicas para facelo, propuxo buscar outros lugares ou espazos como alternativa, xa que debido á gran cantidade de alumnos que asisten e ao reducido das dependencias non se fai doado impartir clases.

Ames - o concello reunese cos veciños de Lens

O Concello de Ames continúa coa avaliación das necesidades das parroquias reuníndose cos veciños de Lens


O grupo de goberno traballa coa finalidade de analizar as deficiencias que existen nas parroquias amienses. Para iso, o alcalde e os concelleiros de Urbanismo e Acción Parroquial reunironse onte con representantes da asociación de veciños de Lens.
Entre os problemas que os veciños trasladaron aos membros da corporación, atópanse o deterioro nas vías de acceso a este núcleo, a falta de limpieza das tajeas e problemas co alumado público. Os veciños tamén solicitaron a instalación dunha marquesina para o autobús e o acondicionamento e limpeza da Fonte Alberte.

Oroso - ampliase o prazo para o curso de monitor en tempo libre


AMPLIADO ATA O 3 DE MAIO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE DO CONCELLO DE OROSO, DE 350 HORAS LECTIVAS

24 de abril de 2012.- O Concello de Oroso vén de ampliar ata o vindeiro 3 de maio o prazo de inscrición no curso de monitor de tempo libre, que o Concello orosán organiza en colaboración coa Escola de Tempo Libre Keltia. Un curso de 350 horas lectivas, 200 teóricas e 150 de prácticas laborais, que se impartirá todos os sábados e domingos dos vindeiros meses no centro cultural de Sigüeiro e que dá acceso a un sector con moita demanda de emprego, tanto en empresas como en administracións públicas.

O Concello de Oroso convoca un total de 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Aínda que terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Oroso, o curso está aberto a veciños de toda a comarca ordense. Os únicos requisitos precisos para participar son ter máis de 18 anos e dispoñer do graduado escolar ou equivalente (4º da ESO).

Teo - o concello queixase da campaña de inspeccións contra a hostelería


O CONCELLO DE TEO AMOSA O SEU MALESTAR POLA CAMPAÑA DE INSPECCIÓNS INDISCRIMINADAS CONTRA O SECTOR HOSTELEIRO


·        O goberno municipal cuestiona as formas nas que se están realizando as visitas das forzas de seguridade aos establecementos.

·        O Concello quéixase por non ter información previa desta iniciativa e advirte un claro desenfoque nos obxectivos da campaña.

24 de abril de 2012.- O goberno municipal de Teo expresa o seu malestar pola campaña indiscriminada de inspeccións que están padecendo nas últimas semanas os establecementos hosteleiros do municipio, con visitas das forzas de seguridade para verificar o cumprimento da normativa autonómica en materia de bebidas alcohólicas e de tabaco.

O executivo non cuestiona o fondo desta iniciativa nin que as normas deban ser cumpridas, pero rexeita as formas coas que se está procedendo nas inspeccións. Así, nalgúns establecementos chegaron a entrar con ata seis axentes, un despregue que resulta desproporcionado e innecesario para inspeccións que na maior parte dos casos só examinan aspectos administrativos.

Ordes . o pleno vota este xoves a modificación do plan do parque empresarial de Merelle


O pleno de Ordes votará este xoves unha modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Merelle

Con esta medida preténdese favorecer a implantación de naves nesta área

Ordes 24 abril 2012. A corporación municipal de Concello de Ordes celebrará o vindeiro xoves ás 14 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de abril. Con motivo da inauguración da segunda fase da rolda leste, que terá lugar este mesmo día ás 20 horas, o horario desta sesión tivo que ser modificado, polo que non se poderá realizar pola tarde tal e como ven sendo habitual.

PSOE Ordes . os socialistas piden o goberno que faga efectiva a prohibición de circular para os vehiculos de Sogama


O PSOE INSTA AO CONCELLO DE ORDES A FACER EFECTIVA A PROHIBICIÓN DE CIRCULAR AOS VEHÍCULOS DE SOGAMA E AOS DE MÁIS DE 5,5 TONELADAS POLA ESTRADA DE MERCURÍN

Xesús Pedreira asegura que “todo dá a entender que a Xunta non vai facer nada e para o Concello o custe económico de manter esta estrada é moi elevado”

Os socialistas proporán ao pleno que o IES nº 1 leve o nome do escritor e director ordense Euloxio Rodríguez Ruibal

24 de abril de 2012.- O Partido Socialista de Ordes instará ao Concello de Ordes a que “faga efectiva sen máis dilación” a moción aprobada o pasado 26 de xaneiro pola cal se prohíbe a circulación de todo tráfico maior de 5,5 toneladas, sobre todo dos camións de Sogama, pola estrada de Mercurín ou que a Xunta de Galicia asuma a titularidade deste vial. O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira, explica que “tres meses despois da aprobación da moción en pleno, os camións de gran tonelaxe seguen a pasar e deteriorar a estrada, a pesares do rebacheo, e agora coa chuvia se incrementa a inseguridade tanto para os peóns como para os condutores”.

PSOE Teo - resposta as declaracións de Martiño Noriega

A ESTABILIDADE E UNHA XESTIÓN EFICIENTE DOS ASUNTOS
PÚBLICOS NON SE ACADA A TRAVÉS DOS SOLDOS DOS
POLÍTICOS.
O PSdeG PSOE, ante as declaracións de Martiño Noriega do pasado fin de
semana, solicita que o Alcalde deixe de lado descualificacións persoais e se
centre en argumentar ante a cidadanía por qué considera imprescindible
esta contía en soldos de políticos para a gobernabilidade de Teo.
Tanto a moción como as declaracións da Concelleira e portavoz dos Socialistas de
Teo Uxía Lemus so inclúen, no seu argumentario, datos económicos do Concello, de
caracter público, como un endebedamento de 3.659.470 euros a 31/12/12, aforros
netos negativos durante dous anos seguidos, no ano 2011 de -572.000 euros, ou
un montante de facturas sen pagar a 15/03/12, de 1.531.755,62 euros.
Como foi público e notorio, o equipo de Goberno ven de aprobar un Plan de
saneamento e un Plan de axuste, que conlevarán, no apartado de gastos, a
conxelación das prazas de emprego público, das subvencións e das inversións, así
como a supresión das transferencias de capital.

Ordes - o concello conmemora este venres o día internacional da danza


O Concello de Ordes conmemora o Día Internacional da Danza cun ensaio en aberto da agrupación polifónica e cultural Sementes da Arte e o grupo de gaitas Os Viqueiras

Terá lugar o próximo venres a partir das 19.30 horas na explanada ubicada en fronte do Museo do traxe Juanjo Linares

Ordes 23 abril 2012. Con motivo do Día Internacional da danza o próximo venres 27 de abril o Campo da feira de Ordes acollerá unha actuación especial a cargo do grupo Sementes da arte e do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Será a partir ndas 19.30 horas cando se leve a cabo un ensaio en aberto para todos os que queiran disfrutar destas dúas formacións.

Caney - concurso de receitas caseiras

O Restaurante Caney convoca o 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz con motivo da súa Semana Gastronómica A Semana Gastronómica do Arroz celebrarase entre o 14 e o 19 de Maio O prazo para participar no 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz ábrese o mércores 25 de Abril e péchase o xoves 10 de Maio.  Santiago de Compostela, Martes 24 de Abril de 2012. Dende o luns 14 de Maio e ata o sábado 19, o Restaurante Caney celebrará a xa tradicional Semana Gastronómica do Arroz. Un percorrido por variedades tan diversas como o Bomba Calasparra, típico da conca mediterránea, o Arborio, orixinario da provincia italiana de Verceli, o Venere Vermello, produto gourmet reservado para os emperadores do Antigo Imperio Chinés en receitas que fusionan a mellor cociña tradicional e de vangarda, ou o Carnaroli, un dos máis utilizados na elaboración do risotto porque conserva a súa forma logo da lenta cocción, absorbe os sabores, ofrece unha textura firme, esponjosa e co núcleo ao dente. A carta do Caney incluirá eses días pratos en moi variados, permitindo gozar aos seus clientes das infinitas posibilidades culinarias que nos ofrece este cereal por antonomasia, considerado un alimento básico en culturas de todo o mundo.

Santiago - axenda martes 24 e actuacións policía local


Martes 24

9.45 h e 11.30 h
No Teatro Principal, representación da comedia musical “Payasos en peligro”, promovida pola Fundación Mapfre e a Concellería de Educación dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección: Onde está o Perigo?.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local. 

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

Ames - balance festa das tapas

A Cervexaría Galway gaña o primeiro premio da V Festa das Tapas do Milladoiro
Tras dous días de tapas e moita animación na rúa o xurado decidiu que os 200 euros, canxeables en vales de compra nos comercios do Milladoiro, debían recaer na Cervexaría Galway. As tapas que ofreceu este establecemento eran un chupito de Camemberg e langostinos; e chipiróns recheos de cogomelos e gambas sobre crema de espárragos e xamón espoldrexado.

Teo - o concello felicita a Damián Novo integrante da selección galega de futbol sala


O CONCELLO DE TEO FELICITA A DAMIÁN NOYA POLO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA


·        Noya é veciño de Teo e forma parte da selección galega benxamín

·        Foi recibido no Concello polo alcalde e polos concelleiros de Educación e de Deportes

23 de abril de 2012.- O Concello de Teo felicita a Damián Noya polo campionato de España de fútbol sala que acaba de obter como integrante da Selección Galega en categoría benxamín. Noya Tojo é veciño da parroquia teense de Lucí e estuda cuarto curso de primaria no CEIP A Ramallosa.

BNG A Estrada - deixadez do partido popular no mantemento do centro ictioxénico de Couso

O centro ictioxénico de Couso languidece ante a total pasividade da Xunta
“agardemos que esta sexa a última vez que denunciamos o desleixo do PP neste asunto, e vexamos a pleno rendemento este centro que servirá para repoboar os noso ríos, cousa que parece que non lle importa ao PP”
A Estrada, 23 de abril de 2012: En novembro de 2010 o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos unha proposición do PP, presentada polo actual alcalde José López, -daquela deputado autonómico-, a posta en marcha do centro ictioxénico de Couso, situado na desembocadura do río Vea.

Ames - conmemoración dia do libro na escola infantíl o bosque

Os nenos e nenas da Escola Infantil O Bosque conmemoran o Día do Libro con visitas á Biblioteca Municipal
O patio da Escola acolleu durante a xornada de hoxe unha exposición de contos co obxectivo de que os rapaces se achegasen aos libros e se familiarizasen con eles. Nos últimos días, os nenos puideron levar da casa contos para poder compartilos cos seus compañeiros.

Fundación Araguaney - homenaje a Pedro Calvo en su 90 cumpleaños


Concierto y cena para homenajear al Padre Calo por su 90 cumpleaños

El acto será en la Iglesia de la Universidad el próximo viernes 27 de abril, a las 20:30 horas

Cuenta con el apoyo y patrocinio de la Universidad de Santiago de Compostela y de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Santiago de Compostela, Lunes 23 de Abril de 2012. La Asociación de Amigos de la Ópera de Santiago de Compostela organiza un concierto en homenaje a quien ha sido su primer presidente, José López Calo, con motivo de su 90 cumpleaños. Un evento cuyo objetivo es el de homenajear su prolífica trayectoria y su papel decisivo en la puesta en marcha de la Asociación.

Santiago - axenda luns 23


9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o conselleiro da Presidecia, Alfonso Rueda.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o concerto Under 18 con Simple Plan+Everlyn, que se celebra na Sala Capitol o 24 de xuño ás 19.00h. Na rolda estará tamén David Lago, Tibe, director de Sweet Nocturna, produtora que organiza, xunto co Concello, este concerto.

Teo - o goberno di que o Psoe que o Psoe prexudica a cidadanóa o querer afogar a xestión do concello


O GOBERNO MUNICIPAL LAMENTA O INTENTO DO PSOE DE TEO DE PREXUDICAR A CIDADANÍA AFOGANDO A XESTIÓN DO CONCELLO


·        O Concello destina agora a dedicacións un 27% menos que en 2008

·        O alcalde afirma que a actual portavoz socialista “aínda non foi quen de liberarse da tutela política do señor Leis e reincide nos seus mesmos erros, sancionados pola cidadanía hai un ano”

21 de abril de 2012.- O goberno municipal de Teo lamenta que o PSOE local intente prexudicar aos veciños e veciñas afogando a xestión do Concello coa súa proposta de reducción das dedicacións de cargos políticos. O alcalde, Martiño Noriega, advirte que con esta proposta a única concelleira do PSOE evidencia que “aínda non foi quen de liberarse da tutela política do señor Leis e reincide nos seus mesmos erros, que foron claramente sancionados pola cidadanía hai un ano”.

PSOE Teo - iniciativa para o recorte dun 25% das dedicacións do goberno municipal

INICIATIVA PARA O RECORTE EN
DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DO EQUIPO DE
GOBERNO NUN 23 %
A Concelleira do PSdeG-PSOE, Uxía Lemus, ven de presentar unha moción
para o pleno ordinario do 26 de abril, na que se reducen a contía das
dedicacións exclusivas do equipo de goberno nun 23%.
O PSdeG PSOE, dada a conxuntura actual económica, amosouse moi crítico
co réxime de dedicacións exclusivas e cargos de confianza, aprobado no
Pleno de 20 de xuño de 2011, unicamente cos votos afirmativos do goberno
entonces do BNG. O gasto anual por este concepto elevábase ata o 248.000
euros ao ano, cun total de case 1.000.000 euros en nóminas para políticos
e asesores ata o ano 2015.

Ames - I andaina solidaria pola senda verde

O Concello organiza a I Andaina Solidaria por Ames que se desenvolverá pola senda verde o vindeiro domingo 29 de abril
Trátase dunha actividade deportiva para recadar fondos para as persoas máis desfavorecidas do concello. Os fondos recadados entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns. Todos os participantes terán que facer un pequeno donativo de 3 euros. Nesta iniciativa tamén colabora o Club de Atletismo Milla Raio.

Silleda - o concello contratará a un bolseiro para información turística


O Concello de Silleda aprobou onte en Xunta de Goberno Local as bases reguladoras de contratación para un bolseiro para información turística

Silleda, 20 de abril de 2012
            Na Xunta de Goberno Local celebrada onte, o Concello de Silleda aprobou as bases reguladoras para a contratación dun bolseiro para información turística no municipio, solicitada á Deputación de Pontevedra dende a Concellaría de Cultura e Turismo que dirixe Matías R. da Torre.

            A Deputación provincial ten un programa polo que se conceden subvención para bolsas de colaboración en oficinas de turismo da provincia, que previamente solicitaron os concellos.

BNG Ordes - o goberno municipal e o PP retrasan o PXOM


O BNG ACUSA AO ALCALDE E AO PP DE RETRASAR DELIBERADAMENTE O PXOM
Castro tamén criticou que o goberno municipal non teña contestado ás suxestións dos veciños
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde de Ordes e ao goberno da Xunta de “retrasar deliberadamente e por intereses partidistas a tramitación do PXOM, como o demostra a ausencia de colaboración entre o goberno municipal e o goberno da Xunta na tramitación do PXOM de Ordes”
O portavoz dos nacionalistas puxo como exemplo desta falta de colaboración que “o goberno municipal acaba de remitir á Xunta un documento de PXOM incompleto e con deficiencias, de forma deliberada, xa que non se incluiron as modificacións incluidas nos últimos anos polas concentracións parcelarias de Ordes, para o que sería necesaria a colaboración institucional entre o goberno municipal e o goberno da Xunta, algo que non se produciu porque nin ao alcalde nin ao PP lles interesa acelerar a tramitación do PXOM, antepoñendo os seus intereses partidistas aos intereses dos veciños de Ordes”.

Teo - publicación dos admitidos nas escolas infantís municipáis


O CONCELLO DE TEO PUBLICA AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2012-2013


·        O prazo para presentar reclamacións comeza este sábado e remata o 30 de abril

·        As listaxes están dispoñibles na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello

20 de abril de 2012.- O Concello de Teo publica este venres as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, da Ramallosa e dos Tilos. Todas as persoas interesadas poderán presentar reclamacións desde mañá sábado 21 de abril ata o vindeiro 30 de abril, dentro do procedemento que rematará coa publicación das listaxes definitivas entre o 25 e o 31 de maio.

Mancomunidade Ordes - xornadas sobre saude e inmigración en colaboración con Médicos do Mundo


A MANCOMUNIDADE DE ORDES E A ONG MÉDICOS
DO MUNDO ORGANIZAN XORNADAS FORMATIVAS
E INFORMATIVAS SOBRE SAÚDE E INMIGRACIÓN

O xoves 26 de abril terá lugar unha xornada dirixida á formación do persoal técnico e político da comarca ordense, mentres que durante os próximos meses formarase a mulleres árabes como axentes de saúde

20 de abril de 2012.- A Mancomunidade de Municipios de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e a ONG Médicos do Mundo organizan unhas xornadas formativas e informativas sobre saúde e inmigración, que terán lugar ao longo dos vindeiros meses. Dúas iniciativas que buscan un dobre obxectivo: incrementar a formación do persoal técnico e político da comarca ordense en materia de saúde e inmigración, ao tempo que se facilita información directa sobre saúde a mulleres de orixe árabe.

Así, o CIM de Ordes e Médicos do Mundo organizarán ao longo deste ano 2012 unha serie de xornadas informativas sobre temas relacionados coa saúde dirixidas a mulleres de orixe árabe da comarca ordense. Un destes encontros terá lugar mañá mesmo, sábado 21 de abril, en Ordes.

Esquerda unida Santiago - moción sobre arranxo de vivendas

MOCIÓN
ARRANXO VIVENDAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello, como Administración Pública máis próxima á cidadanía, debe velar por garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.
Razón pola cal xa presentamos, para a súa toma en consideración no Pleno, unha moción pedindo a instauración de axudas no pago da hipoteca para evitar que persoas en risco de exclusión social perdan a súa vivenda, e tamén unha moción reclamando a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social.
Como é máis que obvio padecemos unha crise económica, coas consecuencias do desemprego e precaridade laboral, que fai que moitos traballadores e traballadoras da nosa cidade teñan dificultade para facer fronte ós diversos gastos que teñen mensuais, que fan imposible, nunha cidade con moitos edificios que superan os 40 anos, realizar necesarios arranxos nas vivendas xa sexan de albañilería, carpintería, electricidade, pintura ou fontanería..

Ordes - novo curso de manipulador de alimentos


O Concello de Ordes convoca un novo curso de manipulador de alimentos para o vindeiro martes

Terá lugar na Casa da Cultura e constará nunha charla formativa de tres horas de duración e un examen tipo test

Ordes 20 abril 2012.  O Concello de Ordes ven de convocar un novo curso de manipulador de alimentos para o vindeiro martes 24 de abril. O curso consistirá nunha charla informativa de 3 horas presenciais nas que se abordarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a seguir na industria alimentaria. Ó final da sesión, que terá lugar na Casa da Cultura, farase unha proba tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos polos asistentes.

Santiago - axenda venres 20 e actuacións policía local


Venres 20

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.

10.00 h e 10.45 h
No Colexio San Francisco Javier, segundo ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.30 h
Nas instalacións de Área Central, fallo do xurado do concurso de debuxo SEMPRE COMPOS, convocado con motivo da celebración do 50 aniversario da  SD Compostela. Esta iniciativa está organizada pola Sociedade Deportiva Compostela e o Concello de Santiago, coa colaboración do centro comercial Área Central.

Ordes - o concello cambiará o sistema de recollida de aceite usado


Ordes disporá en breve dun novo e cómodo sistema de recollida de aceite doméstico usado

Os usuarios poderán depositalo en botelllas ou garrafas nos contedores

Ordes 3 abril 2012..O Concello de Ordes procederá en breve a cambiar o sistema de recollida dos contedores de reciclado de aceite doméstico usado. O novo sistema permitirá a todos os usuarios e usuarias depositar o aceite sobrante en botellas ou garrafas de plástico de ata 5 litros.

Esquerda Unida Santiago - reunión coa Plataforma en defensa do río Sar

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA E A PLATAFORMA EN
DEFENSA DO RÍO SAR CONCORDAN EN QUE A SITUACIÓN
MEDIOAMBIENTAL DO RÍO SAR É LÍMITE
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xabier Ron, María
Rozas e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza coa Plataforma en Defensa do Río Sar.
Neste encontro levado a cabo o luns, 16 de abril, pola tarde se expuxeron as liñas de acción
necesarias para combater a deficitaria situación de depuración que padece a nosa comarca,
situación que ten unha enorme incidencia río abaixo, no Sar, e que no seu decorrer remata por
afectar a todos os concellos polos que pasa.

Ames - actividades de todo tipo para conmemorar o día do libro

Ames conmemora o Día do Libro cun amplo programa de actividades enmarcadas en Literatura na Praza
Un ano máis o Concello de Ames conmemorará o Día do Libro cun acto especial que reunirá a literatura e a música e que terá lugar este sábado, 21 de abril, en Bertamiráns.
A partir das 16:30 horas, a Praza do Concello en Bertamiráns acollerá unha feira-exposición e venda de libros, contos, poesía, música, obradoiros... actividades creativas e entretidas para todos e todas.
O evento abrirase cun acto literario-musical no que se fará a presentación dos traballos premiados no VIII Certame Literario Concello de Ames e se realizará unha lectura colectiva dos textos premiados. A lectura dos textos irase mesturando coa música en directo do grupo de música folk Avelaíña. Tamén haberá obradoiros infantís de creación de chapas e marcapáxinas.

Asociación Penateixa - xornadas sobre igualdade


A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PENATEIXA (OROSO) ORGANIZA DÚAS XORNADAS SOBRE IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E VIOLENCIA DE XÉNERO

A primeira xornada terá lugar hoxe venres no local social da Gándara e participarán técnicos do Concello de Oroso e da Mancomunidade de Ordes

19 de abril de 2012.- A Asociación de Veciños de Penateixa (Oroso) organiza, en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e o Concello de Oroso, dúas xornadas divulgativas sobre “Igualdade entre homes e mulleres” e “Prevención da violencia de xénero”. Dúas xornadas de asistencia libre e de balde que terán lugar no local social da Gándara hoxe venres 20 de abril e o vindeiro mércores 25 de abril, en ambos casos ás 20:30 horas.

Oroso - mostra do pintor asturiano Demetrio Reigada



O PINTOR ASTURIANO DEMETRIO REIGADA EXPON
A SÚA OBRA NO CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ENTRE O 20 DE ABRIL E O 5 DE MAIO

A exposición será inaugurada ás 20:00 horas, polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás

19 de abril de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, inaugura unha exposición do pintor asturiano Demetrio Reigada, que poderá ser visitada no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro entre o 20 de abril e o 5 de maio. A mostra está composta por unha vintena de obras de distinta temática e estilo realista deste autor asturiano, elaboradas en tinta chinesa sobre cartón.

Brión - obradoiro de animación a lectura para conmemorar o día do libro



A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BRIÓN ORGANIZA
UN OBRADOIRO PARA NENOS E PAIS PARA
CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

19 de abril de 2012. A Biblioteca Municipal de Brión, en colaboración co Departamento de Voluntariado, organiza unha actividade de animación á lectura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que terá lugar o vindeiro luns 23 de abril. Trátase dun obradoiro de traballos manuais, denominado “Decora a biblioteca”, e pretende atraer a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos que, acompañados por un adulto (pai, nai, avó...) realizarán unha serie de divertidas manualidades coas que ambientarán a sala de lectura infantil da biblioteca municipal de Brión.

Santiago - ampliado o prazo de inscripción no obradoiro de pequenos cineastas


Ampliado o prazo de inscrición no Obradoiro de pequenos cineastas incluído no programa Compostela Cine Classics

O programa Compostela Cine Classics’12 inclúe entre as súas actividades un Obradoiro de pequenos cineastas, que se desenvolverá os mércores 25 de abril e 2 e 9 de maio e os xoves 26 de abril e 3 e 10 de maio no Centro Sociocultural das Fontiñas. A inscrición neste singular obradoiro estará aberta ata o luns 23 de abril.
Neste Obradoiro de pequenos cineastas, os nenos e nenas aprenderán as marabillas da sétima arte. Construirán un minidecorado de cine e traballarán co chroma e con animación stop-motion. Participarán como protagonistas nas pequenas pezas que creen. O taller está destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos. As sesións terán lugar entre as 18:30 e as 20:30 horas.

Santiago - axenda xoves 19


AXENDA MUNICIPAL
Xoves 19

9.30 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, inaugura a primeira conferencia de comercio electrónico de Galicia “Conecom”. Estará acompañada por representantes da Cámara de Comercio e da Xunta.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o programa de promoción de rutas culturais europeas “Certo”.

Melide - hoxe celebrase o día da hostelería

Dende o 2007 os hostaleiros da vila veñen organizando xunto co
Concello de Melide a Festa da Hostalería da vila, un día de lecer para
un sector con gran tirón económico na comarca.


Será hoxe xoves día19 de abril o elixido para celebrar sexta edición
desta festa adicada aos empresarios e profesionais deste sector que se
encontra no outro lado da barra os días de festa.

A cita comezará ás 21.00 h con música de dúas orquestras "París de
Noia" e "Philadelfia" que amenizarán a festa até ven entrada a
madrugada logo dunha cea que os asistentes poderán desfrutar como paso
previo a unha noite de música, diversión e lecer. Os asistentes
poderán desfrutar dun menú por 20 € que está composto por pan, viño,
auga, refrescos, polbo, carne a caldeira con patacas, postre e café.
Os establecementos pecharán ás 20.00 h as súas portas para comezar a
velada ás 21.30 h.

Brión - o pleno aproba pedirlle a deputación que poña en valor as Torres de Altamira


O PLENO DE BRIÓN APROBA POR UNANIMIDADE INSTAR Á DEPUTACIÓN A QUE MELLORE OS ACCESOS, A SINALIZACIÓN E A LIMPEZA DAS TORRES DE ALTAMIRA

A liquidación do Orzamento de 2011 contempla un remanente de Tesourería para gastos xerais de 21.198 euros e cumpre cos obxectivos de estabilidade orzamentaria

18 de abril de 2012. O pleno municipal de Brión aprobou esta mañá por unanimidade instar á Deputación Provincial da Coruña a que mellore os accesos, a sinalización e a limpeza das Torres de Altamira, tal e como se solicitaba nunha moción do PP que foi aprobada despois da inclusión dunha petición do Grupo de Goberno para que esta petición fose remitida ao ente provincial, propietario deste ben de interese cultural. Neste sentido, todos os grupos municipais coincidiron en destacar a importancia histórica, cultural e turística das Torres de Altamira para Brión e defenderon a necesidade da súa posta en valor.

Mancomunidade de ordes - colaboración coa garda civil en obradoiros nos colexios


COLEXIOS DE ORDES, CERCEDA E MESÍA PARTICIPAN NESTES DÍAS NO III PLAN DIRECTOR PARA A
CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR

Trátase de xornadas formativas para a prevención da violencia, dirixidas ao profesorado da comarca e impartidas pola Mancomunidade de Ordes e axentes da Garda Civil especializados

18 de abril de 2011.- Un total de 22 profesores e persoal educativo do colexio Castelao (Ordes) participaron na tarde de onte na primeira das xornadas educativas do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, dirixidas a facilitar ao profesorado información sobre as ferramentas e os recursos para a prevención e detección de casos de violencia no ámbito escolar. Un Plan Director impulsado polo Goberno do Estado e que na comarca de Ordes están a desenvolver a Mancomunidade de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e persoal especializado da Garda Civil, neste caso dous axentes especiais do Plan Director.

Ames - continua aberto o prazo para o obradoiro de asociacionismo

Aínda está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de asociacionismo e participación xuvenil
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza para o próximo 24 de abril un obradoiro de asociacionismo e participación xuvenil dirixido a toda a mocidade amiense, que se enmarca dentro do programa ACTIVA, e que está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O obradoiro, que está dirixido a mozos/as menores de 30 anos, animadores xuvenís, asociacións e grupos informais, desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, en horario de tarde, dende as 18:00 h ata as 20:00 horas.

Ordes - o 5 de maio celebrase en Mesón do vento a Feira da Adina


Mesón do vento dinamizará a Feira da Adina con xornadas temáticas adicadas aos productos galegos

O 5 de maio celebrarase unha xornada especial adicada aos cabalos, onde os comerciantes poderán instalar os seus postos gratuitamente. Mercado gandeiro, exhibicións, gastronomía e baile danse cita nesta convocatoria

Oroso - inauguración do centro da terceira idade


MANUEL MIRÁS INAUGURARÁ HOXE XOVES O 
NOVO CENTRO DA TERCEIRA IDADE DE OROSO

As depedencias ocupan unha extensión de 165 m2 ubicados no centro de Sigüeiro

18 de abril de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, inaugurará hoxe xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, as dependencias do novo Centro da Terceira Idade de Oroso. Un acto no que estará acompañado polo párroco de Oroso, Manuel Á. Blanco Vázquez; o presidente da asociación da terceira idade, Daniel Liste; e concelleiros da corporación municipal.

Esquerda Unida Santiago - valoración plan de axuste

PLAN DE AXUSTE = SUBA DE IMPOSTOS + RECORTES NO PERSOAL DO CONCELLO
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o plan de Axuste aprobado polo goberno do Partido Popular para pagar o préstamo, máis os xuros derivados, solicitado á banca para facer fronte as facturas impagadas aos provedores por unha contía de 15 millóns de euros, recae nunha suba dos impostos á veciñanza de Compostela e en recortes aos empregados municipais.

Asociacion Avanza Trasdeza - o luns 23 celebramos o día do libro



Pelegríns de Papel celebra o Día do Libro
na Casa da Xuventude de Silleda

O vindeiro luns, 23 de abril, Día do Libro, Pelegríns de Papel celebrarao na Casa da Xuventude  de Silleda cunha actividade especial cuxo tema será a historia da longa vida do libro, na que nenos e maiores poderán coñecer e experimentar como se fixeron os libros desde os procedementos de escritura, impresión e reprodución máis antigos ata os máis recentes.

Fundación Rosaleda - entrega I premio Ramiro Carregal

 
ENTREGA I PREMIO INTERNACIONAL INVESTIGACIÓN ONCOLÓGICA RAMIRO CARREGAL-FUNDACIÓN LA ROSALEDA


El Dr. Mariano Barbacid recoge en Santiago de Compostela el Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda. Lo hará en un acto solemne que tendrá lugar en el Hostal dos Reis Católicos a las 20.00 h y que estará presidido por el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Andaina Bisbarra do Sar - este sábado 5º edición - 50KM en 12 horas


   A N D A I N A   B I S B A R R A  do  S A R

Concellos de PADRON e ROIS  e  ASOC. COLECTIVO REMONTE

50 Km en 12 Horas   (21-ABRIL-2012)

                              Información: www.andainabisbarradosar.com

PREVISION TIEMPO SABADO 21 ABRIL

Santiago - axenda mércores 18

Mércores 18

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

Ames - reasignación das competencias de cultura e deportes

O alcalde Santiago Amor reasigna as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio en tres concelleiros do grupo de goberno
Ames, 17 de abril de 2012. O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou hoxe os decretos nos que se recolle a redistribución das competencias de Cultura, Educación e Patrimonio, que ata o de agora asumía Alfonso Rey. Cómpre lembrar que Alfonso Rey López presentou o pasado 10 de abril a súa renuncia a exercer de concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio por cuestións persoais relacionadas coa súa saúde.

Teo - Chevere organiza unha nova ultranoite este sábado

CHÉVERE REPETIRÁ ESTE SÁBADO A ULTRANOITE NO AUDITORIO DA RAMALLOSA


·        A compañía residente en Teo tomou a decisión logo da avalancha de peticións de persoas que quedaron sen entrada a pasada fin de semana

·        As entradas están á venda por internet e en tres bares do municipio. As que sobren despacharanse por billeteira antes do espectáculo.

Tordoia - investimento de 2.4 millons da xunta para mellorar o acceso a internet


A XUNTA INVESTIRÁ 2,4 MILLÓNS DE EUROS PARA FACILITAR O ACCESO A INTERNET VÍA SATÉLITE Á POBOACIÓN DAS ZONAS CON MÁIS DIFICULTADES DE COBERTURA E A INCENTIVAR O USO DAS TIC NAS MICROEMPRESAS DO RURAL

A conselleira de Medio Rural e do Mar e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica asinaron hoxe en Tordoia un convenio para desenvolver estas actuacións

Pereiro destaca que “antes da posta en marcha do Plan só o 19% dos veciñas contaba con acceso á banda larga de calidade. Hoxe estamos nun 55% e no primeiro semestre de 2012 chegaremos ao 70%”

Silleda - este venres festa da primavera

O Centro Social dos Maiores de Silleda organiza a Festa de Primavera para este venres

Silleda, 17 de abril de 2012
O Centro Social dos Maiores de Silleda celebrará a festa da primavera o vindeiro día 20 de abril, organizada dende a Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe Dolores García.

Todos os que desexen asistir deberán inscribirse ou ben no devandito edificio municipal ou ben a través do 986 592 037 e poderán facelo incluso o mesmo día da festa. O prezo é de 3 euros por persoa.

PP Oroso - o alcalde comeza a "facer campaña" nas parroquias


El PP acusa al alcalde de haber
empezado a “hacer campaña” por las
parroquias
Critican que el regidor no toque ningún tema de calado para la
ciudadanía en las reuniones que está manteniendo estos días
con los vecinos
Los populares exigen que el equipo de gobierno conteste a las
preguntas realizadas por la oposición, ya que en un año de
legislatura apenas han respondido ninguna

Santiago - axenda martes 17


Martes 17

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

Esquerda Unida Santiago - nota sobre Conde Roa

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA
NECESARIA A DIMISIÓN DE CONDE ROA, MAIS O PROBLEMA NON É UNHA
PERSOA SENÓN AS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DO PP

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considerara que Conde Roa quedaba
inhabilitado politicamente como Alcalde para rexer con ética e moral ao Concello de Santiago,
polo que consideramos o seu anuncio de dimisión como necesario.

Ames - aberto prazo de inscripción para o obradoiro espectáculo TitereHOp

Ábrese o prazo para inscribirse no espectáculo/obradoiro Titerehop
O próximo sábado 21 de abril, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Ames, terá lugar o espectáculo/obradoiro Titerehop, dirixido aos mozos/as de 13 a 17 anos e centrado na cultura hip-hop.

PP provincial - para Carlos Negreira Conde Roa actuó como tenía que actuar


Negreira: “Conde Roa ha actuado como tenía que actuar”

·        El presidente provincial ha agradecido esta mañana el “acto de servicio” llevado a cabo por el alcalde de Santiago de Compostela

·        Ha destacado la necesidad de que los demás partidos políticos también colaboren estrechamente con la Justicia

Brión - aberto prazo de solicitude da tarxeta social metropolitana


BRIÓN ABRÍU HOXE O PRAZO DE SOLICITUDE DA TARXETA SOCIAL METROPOLITANA, QUE REDUCE NUN 50% O IMPORTE DO TRANSPORTE METROPOLITANO

Está dirixida a maiores de 65 anos, desempregados e discapacitados e aplicarase a un máximo de 20 viaxes mensuais

16 de abril de 2012. O Concello de Brión abríu hoxe luns 16 de abril o prazo de solicitude da Tarxeta Social Metropolitana, cuxo regulamento se aprobou por unanimidade no pleno do pasado mes de marzo. Unha tarxeta que xa se pode solicitar dende hoxe no centro social polivalente, pois o obxectivo é que comece a funcionar en todos os concellos da área metropolitana de Santiago a partires do vindeiro 1 de maio. De feito, durante a xornada de hoxe luns xa se tramitaron as sete primeiras solicitudes.

Santiago – axenda luns 15 e actuacións policía local

Luns 16

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

Silleda – XII concurso de baile tradicional Azaloira

Azaloira presentou o programa da súa XII edición na que colabora o Concello de Silleda
Silleda, 13 de abril de 2012
Azaloira vén de presentar esta tarde o programa para a XII edición, organizada pola Asociación de Baile Xuvenil “Fortín da Pomba”, que conta, como en anos pasados, co apoio do Concello de Silleda. Á presentación asistiron a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, o Concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, a presidenta de Fortín da Pomba, Josefa Ferreiro, e un dos profesores do grupo de baile.
Este concurso de baile tradicional galego celebrarase o vindeiro 6 de maio a partir das 18.00 horas no Auditorio Manuel Dopazo, e a entrada será gratuíta.

Oroso – o sábado 21 terá lugar o VIII campionato de cans de rastro

OROSO ACOLLERÁ O SÁBADO 21 DE ABRIL O VIII CAMPIONATO EN CÉSAR DE CANS DE RASTRO SOBRE XABARIL, QUE REUNIRÁ A MÁIS DE 40 PARTICIPANTES
A competición está organizada pola Sociedade Ribeiras do Tambre e será puntuable para a Copa de Galicia
13 de abril de 2012.- Oroso acollerá o vindeiro sábado 21 de abril o VIII Campionato en César de Cans de Rastro sobre Xabaril, organizado pola Sociedade Ribeiras do Tambre en colaboración co Concello de Oroso, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Caza e o Tecor Ribeiras do Tambre. Unha competición na que se agarda a participación de máis de 40 competidores chegados de todos os puntos de Galicia, así como algún de León e de Asturias.
A inscrición na proba, puntuable para a Copa de Galicia, será libre para todos os federados á Federación Galega de Caza. O punto de encontro será o café-bar Lar Blanco (Gándara-Oroso), ás 8:00 horas. A cota de inscrición será de 40 euros (xantar de confraternidade incluído) mentres que a inscrición dun segundo can será de 15 euros. Para anotarse, compre chamar ao 696 470 299 (Óscar) e 669 750 161 (Ramón).

Ames – festa das tapas a próxima fin de semana

A V Festa das Tapas do Milladoiro celebrarase na fin de semana do 21 e 22 de abril coa participación de 14 establecementos
Organizada pola Asociación Cultural A Madalena en colaboración co Concello de Ames, a Festa das Tapas pretende este ano dar un maior protagonismo á oferta gastronómica nos propios locais do Milladoiro. Nesta edición, na que se incrementa o número de establecementos participantes, cada local presentará, a un prezo de 3 euros, dúas tapas elaboradas especificamente para esta celebración gastronómica.

Santiago – axenda domingo 15 e actuacións da policía local

Domingo 15
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.
19.30 h
Na Zona "C", 'Será o meu propio paraíso' de Ars Artis dentro do programa de Teatro&Danza. Con Olga Abad e Lucas Herrador. 
 
(Servicios prestados desde 08.00 h. 13 de abril hasta 08.00 h. 14)

Keune – gala de perruquería da firma holandesa Keune este luns en Santiago

ESTE LUNS, KEUNE PRESENTA AS TENDENCIAS PARA O 2012 EN PERRUQUERÍA PROFESIONAL E A SÚA NOVA LIÑA SO PURE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A prestixiosa firma holandesa traerá ao estilista Jeroen Struijlaart para unha espectacular gala desfile que reunirá a máis de 200 profesionais, 120 chegados de Portugal
Pola tarde terá lugar un curso de cor

Brión – este luns ábrese o prazo de inscripción na gardería

O CONCELLO DE BRIÓN ABRE ESTE LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO 2012-2013 NA GARDERÍA MUNICIPAL
13 de abril de 2012.- O Concello de Brión abre este luns 16 de abril o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos na escola infantil municipal para o curso 2012-2013, que estará aberto ata o 30 de abril. Unhas inscricións que se xestionarán no centro social polivalente de Pedrouzos.

Silleda – este luns comezan os traballadores concedidos pola deputación

O luns comezarán a traballar os nove traballadores concedidos pola Deputación
Silleda, 14 de abril de 2012
O vindeiro luns os nove traballadores concedidos pola Deputación Provincial de Pontevedra polo plan para o fomento de emprego, comezarán a traballar no Concello de Silleda.

Ames – obradoiros de primaveira da aula da natureza

A Aula da Natureza organiza un programa de obradoiro sobre os traballos de horta en primavera
Este programa de actividades desenvolverase en catro sábado dos meses de abril, maio e xuño. A través destes obradoiros a Aula da Natureza dará a coñecer os diferentes traballos de horta que se poden desenvolver en primavera. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org.

Silleda – actividades do proxecto ríos

A Concellaría de Medio ambiente organiza actividades de Proxecto Ríos para as vindeiras semanas
Silleda, 14 de abril de 2011
O Concelleiro de Medio Rural, Antonio Couso, vén de manter unha reunión con responsables de Adega e Augas de Galicia, e voceiros da Granxa Escola de Abades na que se acadaron acordos para levar a cabo o Proxecto Ríos no Concello de Silleda.

Mesía – o día da árbore nas escolas unitarias

s escolas unitarias de Mesía celebran o seu Día da Árbore cunha prantación de castiñeiros e unha visita guiada na Fraga de Visantoña


14-04-2012.- Os nenos e nenas das escolas unitarias do Concello de Mesía, situadas nas parroquias de Mesía, de Olas e de Visantoña, celebraron o seu Día da Árbore 
nunha das paraxes forestais de maior valor natural de Mesía e de toda a 
comarca: a Fraga de Visantoña.