Oroso - inauguración do centro da terceira idade


MANUEL MIRÁS INAUGURARÁ HOXE XOVES O 
NOVO CENTRO DA TERCEIRA IDADE DE OROSO

As depedencias ocupan unha extensión de 165 m2 ubicados no centro de Sigüeiro

18 de abril de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, inaugurará hoxe xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, as dependencias do novo Centro da Terceira Idade de Oroso. Un acto no que estará acompañado polo párroco de Oroso, Manuel Á. Blanco Vázquez; o presidente da asociación da terceira idade, Daniel Liste; e concelleiros da corporación municipal.

O novo Centro da Terceira Idade de Oroso ocupará unhas instalacións cunha extensión de 165 metros cadrados e que están ubicadas na rúa do Campo nº 9, en pleno centro de Sigüeiro. Unhas dependencias que anteriormente albergaban o local de pediatría e que, unha vez inaugurado o novo centro de saúde de Sigüeiro, foron acondicionadas polo Concello de Oroso e que dende hoxe xoves estarán abertas a todos os maiores do municipio.

Ningún comentario: