Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTE. Amosar todas as publicacións

Oroso - II Gala do Día do Deporte

O Campo de Fútbol de Sigüeiro acollerá hoxe venres 19 de xuño, a partir das 20:00 horas, a entrega dos premios do II Día do Deporte de Oroso, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso quere “recoñecer o traballo de todas as asociacións e clubs deportivos, sobre todo pola función social que realizan en beneficio da veciñanza, ademais de representar ao Concello de Oroso nas distintas competicións e eventos nos que participan”, explica o concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde. 

Antes da entrega dos premios, a partir das 17:30 horas terán lugar as tradicionais exhibicións das escolas deportivas no polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. O programa comezará ás 17:30 horas coa exhibición de ximnasia rítmica, seguido por taekwondo ITF (18:00 h), patinaxe (18:30 h) e zumba (19:00 h). Paralelamente, no campo de fútbol haberá inchables e poderase xogar tamén ao tenis de mesa. En ambos casos, entrada é libre e de balde.

Programa do acto
A entrega de premios do II Día do Deporte de Oroso estará presidido polo alcalde, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey, que entregarán unha distinción aos responsables de todos os clubs e asociacións deportivas do municipio: club deportivo Alecrín, Club de Béisbol Leones, Oroso Fútbol Sala, Escola Deportiva Xuventude Oroso, Taekwondo ITF Oroso, Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, club ciclista Tambre Bike, Oroso Motor Sport, Club Patín Oroso, Oroso Tenis de Mesa, Club Tambre Pitch&Putt, Xadrez Oroso, Club Ximnasia Oroso, SD Deixebre e Sigüeiro FC. Acto seguido, todos os deportistas destes clubs e escolas recibirán cadansúa medalla.

Así mesmo, o Concello de Oroso entregará o Recoñecemento á Mellor Deportista do Ano a Silvia Álvarez Mosquera, do club Oroso Tenis de Mesa. Silvia Álvarez comezou a adestrar aos nove anos e é na actualidade unha das xogadoras máis novas da División de Honra, onde xoga no Oroso TM, e é unha das xogadoras fixas das seleccións galega e española. Ademais, foi campioa galega e de España en varias ocasións nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Ademais, o Concello entregará dous recoñecementos especiais: á ED Xuventude Oroso, polo seu décimo aniversario e polo labor que realiza polo deporte de base no municipio; e ao club ciclista Tambre Bike, pola promoción do deporte e a súa colaboración en eventos deportivos municipais. O Concello de Oroso tamén recoñecerá o traballo de Protección Civil Oroso e Voluntariado de Oroso, así como o apoio ao deporte de empresas como Coca-Cola, Eulogio Viñal Obras y Construcciones e o Grupo Rafra.

Finalmente, o Concello de Oroso entregará tres recoñecementos á traxectoria e dedicación ao deporte en Oroso. O primeiro será para Laureano Iglesias Tato, un dos fundadores da SD Deixebre e membro directivo durante 17 anos. O segundo será para Luciano Dono Nouche, presidente e fundador da SD Oroso, que presidiu ata o 2004. E o terceiro será para José A. Veiga Mosquera, xogador do Sigüeiro FC e da SD Ordes que na actualidade sigue competindo en triatlóns.

O acto contará coas actuacións do club deportivo Alecrín, dos nenos/as da asociación folclórica “Lembranzas do Tambre” e cunha exhibición do club hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso.

Santiago Futsal - Carnaval e resultados da fin de semana en tódalas competicións

El Santiago Futsal prepara una gran fiesta de Carnaval para recibir al Col. Arenas Gran Canaria
La plantilla ha vuelto a los entrenamientos tras 3 días de descanso 
El viernes disputa la 23ª jornada ante Col. Arenas Gran Canaria a las 21h en el Multiusos Fontes do Sar 
Tras su jornada de descanso mantiene la sexta plaza con 29 puntos 

Obradoiro CAB - Quinta vitoria consecutiva contra o FiatTc Joventut

Quinta vitoria consecutiva do Río Natura Monbús que vence á Penya por 89-72, un partido que deixa no aire a participación nos próximos encontros de Oriol Junyent que tivo que abandonar a cancha tras un golpe no xeonllo

Brión - Curso de piragüismo en colaboración co clube Ribeiras do Tambre

O concello de Brión e o club Ribeiras do Tambre organizan cursos de piragüismo
As clases terán lugar todos os sábados, de 11 a 12 horas, nas instalacións de Ponte Ínsua (Ons)

Ordes - Aberto prazo para participar no circuito cultural e deportivo

O Concello de Ordes abre o prazo para participar no seu circuito cultural e deportivo de cara ao vindeiro trimestre
Bailes en liña e de salón, cursos de informática a todos os niveis, oboradoiros de cosmética natural, prantas medicinais, cociña ou relaxación e musicoterapia son algunhas das opcións que se ofrecen

Oroso - El Oroso TM consegue victorias nas ligas nacionáis e galegas

Gran fin de semana para el Oroso TM que obtuvo importantes victorias en los respectivos encuentros de ligas nacionales y gallegas.

Ordes - Programación cutural e deportiva do vindeiro trimestre

O Concello de Ordes abre o prazo para participar no seu circuito cultural e deportivo de cara ao vindeiro trimestre
Bailes en liña e de salón, cursos de informática a todos os niveis, oboradoiros de cosmética natural, prantas medicinais, cociña ou relaxación e musicoterapia son algunhas das opcións que se ofrecen

Ordes - o 5 de maio celebrase en Mesón do vento a Feira da Adina


Mesón do vento dinamizará a Feira da Adina con xornadas temáticas adicadas aos productos galegos

O 5 de maio celebrarase unha xornada especial adicada aos cabalos, onde os comerciantes poderán instalar os seus postos gratuitamente. Mercado gandeiro, exhibicións, gastronomía e baile danse cita nesta convocatoria

Oroso - inauguración do centro da terceira idade


MANUEL MIRÁS INAUGURARÁ HOXE XOVES O 
NOVO CENTRO DA TERCEIRA IDADE DE OROSO

As depedencias ocupan unha extensión de 165 m2 ubicados no centro de Sigüeiro

18 de abril de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, inaugurará hoxe xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, as dependencias do novo Centro da Terceira Idade de Oroso. Un acto no que estará acompañado polo párroco de Oroso, Manuel Á. Blanco Vázquez; o presidente da asociación da terceira idade, Daniel Liste; e concelleiros da corporación municipal.

Santiago - axenda mércores 18

Mércores 18

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

Ames - reasignación das competencias de cultura e deportes

O alcalde Santiago Amor reasigna as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio en tres concelleiros do grupo de goberno
Ames, 17 de abril de 2012. O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou hoxe os decretos nos que se recolle a redistribución das competencias de Cultura, Educación e Patrimonio, que ata o de agora asumía Alfonso Rey. Cómpre lembrar que Alfonso Rey López presentou o pasado 10 de abril a súa renuncia a exercer de concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio por cuestións persoais relacionadas coa súa saúde.

Teo - Chevere organiza unha nova ultranoite este sábado

CHÉVERE REPETIRÁ ESTE SÁBADO A ULTRANOITE NO AUDITORIO DA RAMALLOSA


·        A compañía residente en Teo tomou a decisión logo da avalancha de peticións de persoas que quedaron sen entrada a pasada fin de semana

·        As entradas están á venda por internet e en tres bares do municipio. As que sobren despacharanse por billeteira antes do espectáculo.

Tordoia - investimento de 2.4 millons da xunta para mellorar o acceso a internet


A XUNTA INVESTIRÁ 2,4 MILLÓNS DE EUROS PARA FACILITAR O ACCESO A INTERNET VÍA SATÉLITE Á POBOACIÓN DAS ZONAS CON MÁIS DIFICULTADES DE COBERTURA E A INCENTIVAR O USO DAS TIC NAS MICROEMPRESAS DO RURAL

A conselleira de Medio Rural e do Mar e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica asinaron hoxe en Tordoia un convenio para desenvolver estas actuacións

Pereiro destaca que “antes da posta en marcha do Plan só o 19% dos veciñas contaba con acceso á banda larga de calidade. Hoxe estamos nun 55% e no primeiro semestre de 2012 chegaremos ao 70%”

Silleda - este venres festa da primavera

O Centro Social dos Maiores de Silleda organiza a Festa de Primavera para este venres

Silleda, 17 de abril de 2012
O Centro Social dos Maiores de Silleda celebrará a festa da primavera o vindeiro día 20 de abril, organizada dende a Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe Dolores García.

Todos os que desexen asistir deberán inscribirse ou ben no devandito edificio municipal ou ben a través do 986 592 037 e poderán facelo incluso o mesmo día da festa. O prezo é de 3 euros por persoa.

Ames - aberto prazo de inscripción para o obradoiro espectáculo TitereHOp

Ábrese o prazo para inscribirse no espectáculo/obradoiro Titerehop
O próximo sábado 21 de abril, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Ames, terá lugar o espectáculo/obradoiro Titerehop, dirixido aos mozos/as de 13 a 17 anos e centrado na cultura hip-hop.