Vedra, 21/08/2016 - O concello de Vedra remata hoxe unha fin de semana que estivo desde o venres chea de actividades e faino con 3 citas ao longo do día.Por un lado ten lugar a décima ruta calabar do Santiaguiño. A Asociación Cabaleiros do Santiaguiño propón a realización deste roteiro a cabalo no que poder gozar da natureza, do cabalo e como non da boa compañía.
A comisión de festas de San Pedro de Sarandón celebra a VII Festa do chourizo ao viño na Área Recreativa de Cubelas, con aparcadoiro gratuíto, actuacións musicais e moita festa!!.
E ademáis de todo esto remata a XIX Concentración Moteira Val do Ulla
Ningún comentario:
Publicar un comentario