A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PENATEIXA
(OROSO) ORGANIZA DÚAS XORNADAS SOBRE IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E
VIOLENCIA DE XÉNERO
A primeira
xornada terá lugar hoxe venres no local social da Gándara e participarán
técnicos do Concello de Oroso e da Mancomunidade de Ordes
19 de abril de 2012.- A Asociación de Veciños de Penateixa
(Oroso) organiza, en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de
Ordes e o Concello de Oroso, dúas xornadas divulgativas sobre “Igualdade entre
homes e mulleres” e “Prevención da violencia de xénero”. Dúas xornadas de
asistencia libre e de balde que terán lugar no local social da Gándara hoxe
venres 20 de abril e o vindeiro mércores 25 de abril, en ambos casos ás 20:30
horas.
A xornada de hoxe venres xirará en torno á “Igualdade entre homes e
mulleres” e contará coa participación da concelleira da Muller de Oroso, Mari
Carmen Liste; do concelleiro de Familia e Asuntos Sociais orosán, Antonio
Leira; e da axente de igualdade do Centro de Información á Muller (CIM) de
Ordes, Marta Souto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario