Amosando publicacións coa etiqueta ANDAINA BISBARRA DO SAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANDAINA BISBARRA DO SAR. Amosar todas as publicacións

Andaina Bisbarra do Sar - Abertas as inscripcions para "Os 100 dos international trekkers"

Queríamoste anunciar que hoxe se abre o prazo de inscrición para a edición do 2015 do ultratrail / andaina "Os 100 dos International Trekkers".

Logo dos comentarios tan positivos que recibimos trala edición do ano pasado, traballamos arreo para preparar unha edición aínda máis estimulante ca anterior. E abofé que o conseguimos. O percorrido é en case a súa totalidade novo: só coinciden 2km co ano previo. Se antes era pasar a noite a máis de 500m de altura, este ano pasarémola á beira do mar, entre Seráns e Noia. 

Lembra que podes facela andando ou correndo: o percorrido é o mesmo.

A saída e a chegada son en Rianxo, o 20 de xuño ás 17h. Haberá avituallamentos cada 10km e un pouquiño máis de subida acumulada. Pero as recompensas son enormes: Pasaremos polos castros de Baroña e o castelo de Vitres e a súa calzada; polo dolmen de Axeitos; polos miradores da Curota, Tahume e Monte Muralla; polos ríos Traba e Te; polos cascos urbanos de Boiro, Portosín e Noia; polo curro das Canizadas e polas minas de San Finz.

Coma no 2014, toda a organización se desvivirá por conseguir o mellor trazado e a mellor atención o día da proba, para que esta sexa o voso reto do ano 2015. 

A inscrición é mediante a pasarela segura PayPal, con conta de PayPal ou tarxeta de crédito. As prazas, este ano, son limitadas (250), e ata o 28 de febreiro o custe é de 40€. Logo pasa a ser de 50€ ata o 7 de xuño.
A páxina de inscrición é http://itrekkers.org/inscricion

Andaina Bisbarra do Sar - Octava edición da Andaina entre Padrón e Rois o 25 de abril

8ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 25 de Abril de 2015 

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (27 + 23), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA

A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO: 

* Haberá retencións OBLIGATORIAS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 11:45 horas

* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2015 ”.

* (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2015)

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas. 

Descualificaranse “IN SITU” aos que corran ou troten na modalidade camiñando. 

CAMIÑAR: Desplazarse dando PASOS, un pe sempre estará pisando o chan.

TROTAR: Desplazarse dando SALTOS.

2/ CORRENDO : 

* Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.

* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no km: 27. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.

* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado. 


Nº DE PLAZAS 

* No modo “CARREIRA” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.

* A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

PARTICIPANTES

* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON) 

* A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón. 

* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.

* Aqueles que só queiran facer o 2 anel deberán recoller os dorsais entre as 15:00 e as 15:10. A saída será as 15:15. 

* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: tfno. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.

* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.

* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización. 

* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.

* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

* Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.

* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.

* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados. 

*Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes. 

* Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

* A listaxe oficial farase a medida que os pre-inscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 10 días, logo cada 5.

* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas)

INSCRICIONS.- 

Onde:  Cubrindo os campos das fichas na web: www.andainabisbarradosar.com. 

Como: Ingreso (efectivo ou transferencia): ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 
Banco SABADELL (Padrón): Nº Cta.: ES88 0081 2281 9500 0108 3718 

De obriga: Enviar xustificante do ingreso a: 
FAX- 981.811.782 ou e-mail bisbarradosar@gmail.com 

Prezos:

Prazos *
Non federados
Federados Montaña
 1  Xaneiro -  20  Marzo
13 €
10 €
21  Marzo   -  21  Abril 
                        17 €

* Ata o 28 de Febreiro os nenos/as menores de 15 non pagarán, pero terán a obriga de anotarse xunto cun adulto. 

MOI IMPORTANTE.- 

1º/ Quen faga o ingreso debe especificar o nome ou nomes dos participantes. Confirmado o pago, o inscrito/a aparecera na listaxe oficial. 

2º/ Aos federados poderáselle solicitar a presentación da licenza en vigor na recollida do dorsal. 

3º/ Caso de non recibir o pago nun máximo de 7 días dende a pre-inscrición, a solicitude será cancelada. 

4º/ O importe da inscrición non será reembolsable en ningún caso. Prazo ata 22 de Abril. 

5º/ O feito de facer a inscrición conleva acatar tódalas condicións expostas póla organización.

Andaina Bisbarra do Sar - este sábado 5º edición - 50KM en 12 horas


5ª   A N D A I N A   B I S B A R R A  do  S A R

Concellos de PADRON e ROIS  e  ASOC. COLECTIVO REMONTE

50 Km en 12 Horas   (21-ABRIL-2012)

                              Información: www.andainabisbarradosar.com

PREVISION TIEMPO SABADO 21 ABRIL

Andaina Bisbarra do Sar – lugares de interés no percorrido

ORGANIZADORES: Asoc. Colectivo Remonte e Concellos de Rois e Padrón

5ª Andaina Bisbarra do Sar

(Proba incluida na Copa Galega de Andainas de 50 Km)

SABADO, 21–-ABRIL—2012

FALTAN 30 DIAS

Lugares de interés do percorrido

* Roteiro-Rois (aprox. 33 Km): Panorámicas concello; Campo Golf Roís---praia fluvial de Seira---Camiño de pescadores---Capela do Aído—Monte do Aído---- Aldeas Rurais: Ferreiros---San Miguel de Costa---Souto---Leroño---Herbogo----Monte do Faro----Parque eólico do treito---Pesegueiro---Casas do Porto---Traxeito---Monte San Gregório

* Roteiro-Padrón (Aprox 17 Km): Panorámicas concello; Padrón—Casco antiguo---Xardín botánico---Canal Rio SAR---O Lestido---Herbón---Monte Meda---Roucón---Pedreda----Museo Camilo José Cela----Extramundi---Monte San gGegorio---Paseo Espolón, Réplica Pedrón---Igrexa Parroquial,---Fonte do Carmen---Convento, Río Sar---Tramos camiño Santiago e Portugués--- Ruta Rosaliana e Celíana, ---Ceminterio Adina----Fundación C.J.Cela---- Museo Ferrocarril----Pazo de Quito.

IMPORTANTE: As/os que xa ficechedes a inscripción, lembrade que para asignarvos o dorsal e necesario ter feito o ingreso, e viceversa. Lembrade: TODAS as INSCRICIONS son a 16 €

Importante: o titular da conta e COLECTIVO REMONTE Nº 2100 2820 31 0200092790

www.andainabisbarradosar.com

 

CONTROLES y AVITUALLAMIENTOS 5ª ANDAINA BISBARRA DO SAR 21/04/2012
CON RETENCIONES SIN RETENCIONES (*) B.T.T.
CONTROLES ABIERTO CERRADO Km/Hora CERRADO Km/Hora CERRADO Km/Hora
KMS
0,000 9:00 9:00 0,000 9:00 0,000 9:00 0,000
6,000
16,000 11:30 12:45 6,400--4,270
26,400 13:15 15:30 6,200--4,060 12:20 7,920
40,000 15:15 18:30 6,400--4,210
50,000 17:00 21:00 6,250--4,165 15:15 8,000 13:30 11,111
NOTAS: Los controles se llevarán según el cuadro adjunto, incumplir los tiempos establecidos significará la descalificación.Habrá 2 controles sorpresa.
(*) Los que participen en la modalidad "sin retenciones",caso de no cumplir el tpo. Intermedio, serán pasados a modalidad con retención
La organización, se reserva el derecho de poder retirar a los participantes que considere que no estan en condiciones fídsicas adecuadas
Para optar al sorteo de regalos, es obligatorio entregar el dorsal al finalizar o en caso de abandono.
Salvo lesión, los participantes deben abandonar en los puntos de control/avituallamiento
AVITUALL.
KMS
8,000 agua/fruto seco/barrita/fruta
16,000 agua/fruto seco/bocatas empanada/refrescos/postres
26,400 agua/bocatas empanada/refrescos/postres
40,000 agua/fruto seco/fruta bebidas isotónicas
50,000 agua/frutoseco/bocatas empanada/refrescos/postres
NOTAS: Se recomienda no saltar los avituallamientos y hacerlos en pequeñas cantidades
Dependiendo del clima, podría haber 2 avituallamientos mas de bebida
A partir de las 19:30 se servira un producto gallego acompañado de pan/vino
Los participantes en BTT recibirán una bolsa de avituallamiento en la salida

Andaina Bisbarra do Sar – información inscripcións para a quinta edición

ORGANIZADORES: Asoc. Colectivo Remonte e Concellos de Rois e Padrón

5ª Andaina Bisbarra do Sar

(Proba incluida na Copa Galega de Andainas de 50 Km)

SABADO, 21–-ABRIL—2012

Por favor: al hacer los ingresos hacerlos personalizados y poner el nombre del participante (no del que ingresa y no va a participar). No olvidarse de hacer la inscripción. Gracias por vuestra colaboración.

A partir del MARTES-20 todas las inscripciones son a 16 €. El plazo finaliza el 18 de abril.

IMPORTANTE: sorteo de regaloS.

Entregado el dorsal, cada participante cojerá un boleto (habrá tantos boletos como dorsales) y mirará en el tablón expuesto si el número que figura en su boleto tiene premio.

Información: www.andainabisbarradosar.com ( FALTAN………..40 DIAS )

elevacións-1

Andaina Bisbarra do Sar – presentación V edición

5ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR - CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 21 de Abril

Temos a ledicia de presentarvos a 5ª edición da Andaina Bisbarra do SAR, que este ano, e por causas alleas, non contará ca colabora do concello de Dodro.

Coma sempre o río SAR, fonte de inspiración da poetisa Rosalía Castro, volve a ser protagonista do percorrido. Mais este ano temos un troco importante: xuntar un percorrido inédito nun só anel.

A segunda nova, co pulo de popularizar ao máximo a proba, e que os que queiran poderán facela en Bicicleta Todo Terreo (B.T.T.)

Temos por certo que o esforzo da organización non valería de moito se non contásemos co mais importante: a confianza dos participantes que, ano tras ano ca vosa presenza, axudades a que Andaina Bisbarra do SAR sexa xa unha referencia no calendario das probas de 50 Quilómetros en Galicia.

Lembrádevos: toda a información a podedes obter na web: www.andainabisbarradosar.com