Amosando publicacións coa etiqueta PLATAFORMA RECUPERACION DO SAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLATAFORMA RECUPERACION DO SAR. Amosar todas as publicacións

Plataforma Defensa do sar - petición de entrevista co alcalde de Santiago

A Plataforma Pola Defensa do Sar ven de presentar unha petición por rexistro solicitando unha entrevista co alcalde de Santiago; quérese tratar a demora na construcción da nova estación depuradora da cidade e que influiría decisivamente na mellora do río Sar.

Plataforma Recuperación do Sar - novamente a voltas co Sar

Novamente a voltas co Sar
Toalliñas húmidas, bastonciños, compresas, preservativos, aceites, disolventes, deterxentes, lixivia, medicamentos... Cada día, centos de quilos de residuos van parar aos inodoros dos fogares galegos sen que os cidadáns sexan conscientes do dano que provoca esta acción.

Plataforma Recuperación do Sar . denuncia de talas nas beiras do río



Xosé M. Penas Patiño e José Luís Gomez Rodríguez, da Plataforma pola Recuperación do Sar, con domicilio social no bar México, A Picaraña s/n Padrón, personados nas ribeiras deste río no límite entre os concellos de Brión e Ames, concretamente en terreos do concello de Brión (para situarnos pode darse como referencia a ponte próxima a Ponte de Carballo), queren manifestarlle

Plataforma en defensa do Sar - urxencia na construcción da nova EDAR


No día de hoxe, 4 de maio de 2012, representantes da Plataforma pola Recuperación do Sar reuníronse co Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, ao que transmitiron a súa preocupación pola premura que hai en canto a plazos para que se leve a cabo a construción da nova EDAR de Santiago, xa que as obras da nova instalación deben estar finalizadas o 31 de decembro de 2015. Novamente plantexouse a importancia de axilizar ao máximo todo tipo de trámites a fin de que non se perda a subvención da Unión Europea para este fin. 

Esquerda Unida Santiago - reunión coa Plataforma en defensa do río Sar

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA E A PLATAFORMA EN
DEFENSA DO RÍO SAR CONCORDAN EN QUE A SITUACIÓN
MEDIOAMBIENTAL DO RÍO SAR É LÍMITE
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xabier Ron, María
Rozas e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza coa Plataforma en Defensa do Río Sar.
Neste encontro levado a cabo o luns, 16 de abril, pola tarde se expuxeron as liñas de acción
necesarias para combater a deficitaria situación de depuración que padece a nosa comarca,
situación que ten unha enorme incidencia río abaixo, no Sar, e que no seu decorrer remata por
afectar a todos os concellos polos que pasa.

Plataforma pola recuperación do SAR – invitación pública

A PLATAFORMA POLA RECUPERACIÓN DO SAR

INVITA  A

     ► axentes sociais e politicos

     ► asociacións

     ► veciños en xeral

á presentación da asociación

lugar: BERTAMIRÁNS, Casa da Cultura,

data: 16 de marzo, 20,30 h

Porque o Sar tamén é teu

www.defensadosar.blogspot.com