Santiago, 23/08/2016 - Todo chega ao seu fin, e tras unha quinta edición do ciclo TerraZeando ben intensa, na que puidemos desfrutar dos concertos de Ultimate Painting, El Monstruo, Alberto Montero, The Shivas, Elle Belga ou Remate, en terrazas, parques e espazos fantásticos, toca despedir o ciclo ata o ano que ven cun bo pepinazo como son Los Wallas e súa perfecta mestura de garaxe, rock, pop ibérico e gamberrismo.
O Xardín do Pazo de Amarante (Compostela), o mércores 24, e a terraza do Playa Club (A Coruña), o xoves 25, en ambos casos ás 20:30h, serán os receptáculos para que Los Wallas despreguen todo o poderío contido no seu primeiro longa duración “Sangre, Sudor y LaGrima”, editado fai un nada por Subterfuge, e que tras varios singles nos que apuntaban maneiras, encandilounos.
É reconfortante comprobar que segue facéndose rock and roll na península, con deliciosas pinceladas de garaxe, surf e pop, poidendo así desfrutar deste xénero seminal a través dunha banda que domina os palos e que se desenvolve con maestría e sen complexos.
E sí, efectivamente, Los Saicos, Los Salvajes e toda esa ristra de fantásticas bandas que fixeron historia fai 50 anos e que afortunadamente son reivindicadas hoxe en día, están nas cancións do quinteto mesetario, pero tamén moito mais. Nervo nas composicións que os afasta do revivalismo e que dota de actual vixencia ao seu son; eso sí, repleto de guitarras, farfisas, ouvidos e todas as lambetadas sonoras que farán que nos relamamos, tanto en Santiago como en A Coruña.
Como en edicións anteriores, os concertos foron gratuítos, sendo isto posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural e ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; dos nosos patrocinadores: SON Estrella Galicia, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; dos colaboradores: Hotel Costa Vella, Restaurante Resas e MAS\GALICIA; e por suposto, dos titulares dos espazos nos que celebramos os concertos. Grazas a todos e cada un deles e, especialmente e como nos pode ser doutro xeito, aos asistentes aos concertos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario