Amosando publicacións coa etiqueta AYUNTAMIENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AYUNTAMIENTOS. Amosar todas as publicacións

Santiago - axenda xoves 3 e actuacións policía local


AXENDA MUNICIPAL
Xoves 3

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Umad, Paula Prado, para presentar tres novas actividades do Plan de prevención municipal de drogodependencias.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Praza de Abastos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación da XXI Edición da Festa do Melindre.

Ames - o ministerio de facenda da luz verde o plan de axuste


O Ministerio de Facenda dá luz verde ao Plan de Axuste 2012-2022 presentado polo Concello de Ames
Deste xeito, o Concello poderá concertar as operacións de préstamo a longo prazo polo importe das obligacións pendentes de pago polas que os proveedores manifestaran a súa vontade de acollerse ao procedemento instrumentado no Real Decreto-Lei 4/2012, do 24 de febreiro.
A planificación establecida no Plan de Axuste permitirá equilibrar de forma progresiva a realidade contable do Concello de cara a manter o nivel de prestación dos servizos básicos, programar inversións nos próximos dez anos e, en definitiva, estabilizar a situación económica.

Ordes - o goberno aproba o plan de proveedores


O Goberno central concédelle a Ordes os 2,7 millóns solicitados en base ao Plan de pago a proveedores


Ordes 02 maio 2012. O Goberno Central ven de concederlle ao Concello de Ordes o crédito solicitado en base ó Plan de pago a proovedores, aprobado en Consello de Ministros o pasado 2 de marzo. En total son 2,7 millóns de euros os solicitados e concedidos ó ente municipal, dos cales 2 millóns corresponden a facturas contabilizadas e non aprobadas e outros 487.000 € a facturas xa recoñecidas. Dito procedemento foi aprobado no pleno que tivo lugar o pasado 30 de marzo cos votos a favor do grupo de Goberno (UXO), PSOE E CIDEGA.

Ames - reunións informativas sobre os campamentos de verán


Organízanse reunións informativas sobre os campamentos de verán 2012
As concellarías de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude e de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura organizan este mércores 2 e o xoves 3 de maio dúas reunións informativas sobre os campamentos de verán 2012.
O mércores 2 a xuntanza terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, mentres que o xoves 3 desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro. Ambas as dúas reunións realizaranse en horario de 17:30 h a 20:30 horas.
Este ano ofértanse un total de 520 prazas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 18 anos gocen duns días de vacacións cheos de actividades lúdicas e instrutivas. Todos aqueles cativos que desexen asistir teñen de prazo para preinscribirse ata o 8 de maio.

Oroso - o alcalde retoma este domingo as reunións cos veciños



MANUEL MIRÁS RETOMA ESTE DOMINGO OS “ENCONTROS CO ALCALDE”, RESPONDENDO ÁS PREGUNTAS DOS VECIÑOS DE CARDAMA E MARZOA

As citas terá lugar este domingo 6 de maio, ás 11:30 horas no atrio da igrexa de Cardama e ás 16.30 horas no local social de Marzoa

2 de maio de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, retomará este domingo 6 de maio os “Encontros co alcalde” cunha dobre cita nas parroquias de Cardama e Marzoa. O primeiro edil orosán amósase moi satisfeito co desenvolvemento da primeira cita, celebrada o pasado mes de abril en Trasmonte, xa que “é bo que a xente saiba o que facemos e poida preguntarnos e transmitirnos as súas inquedanzas e dúbidas. Nós non temos vergoña de dar a cara e de falar da nosa xestión diante dos veciños de Oroso, non como outros que lles torcen a cara unha vez pasadas as eleccións”.

Brión - ultimos días para participar no Brionatura de fotografía


ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO FOTOGRÁFICO BRIONATURA 2012, CUXA TEMÁTICA DESTE ANO XIRA EN TORNO AOS SENDEIROS DE BRIÓN

2 de maio de 2012.- O Concello de Brión convoca a cuarta edición do concurso fotográfico Brionatura 2012, unha iniciativa dirixida a poñer en valor o patrimonio etnográfico do municipio e que nesta ocasión xira en torno a un tema: os sendeiros de Brión. Unha novidade que se enmarca dentro dun programa de actividades programadas dentro de Brionatura para os vindeiros meses e que tamén terá como protagonistas aos sendeiros brioneses.

O concurso está aberto a todos os afeccionados ao mundo da fotografía, maiores de 18 anos, que poderán presentar ata un máximo de 3 propostas. Os únicos requisitos son que as fotografías deben estar tomadas nalgún punto da xeografía de Brión, en formato horizontal e estar relacionadas cos sendeiros que atravesan o municipio.

Santiago - programación xoves 3 en curtocircuito


Proxeccións no Teatro Principal e na Zona “C” na xornada de hoxe da IX edición de Curtocircuíto

Santiago de Compostela, 02/05/2012.- Na xornada de xoves 3 de maio haberá proxeccións de Curtocircuíto no Teatro Principal e na Zona “C”. En concreto, no Teatro Principal, proxectaránse ás 18.30h, curtas de Compostelae 1; ás 20.30h, as de Galicia 1 e ás 22.30h as de Galicia 2, todas da Programación Oficial. As de Compostelae 1 poderemos velas de novo o martes día 8 no Principal pero as proxeccións de Galicia 1 e 2 son pases únicos. Na Zona “C” as proxeccións serán ás 20.00h. con curtametraxes de Boa Vista de Cuba, da Programación Paralela, que poderán verse tamén o domingo 6 de maio ás 18.00h no Abastos EGC.

Santiago - axenda mércores 2


Mércores 2

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar as Festas da Ascensión. Asisten Iván Ferreiro e Eladio, de Eladio y los Seres Queridos.

13.15 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.

Ames - a campaña de identificacións de cans esténdese o rural

O Concello de Ames estende a campaña municipal de identificación de cans ás zonas rurais do municipio

A colaboración entre o Concello e as clínicas veterinarias do municipio permite poñer en marcha no mes de maio unha segunda fase da iniciativa, que ten como obxecto sensibilizar aos propietarios de cans sobre a obrigatoriedade da identificación.

A partir do próximo mércores, día 2 de maio, os seis establecementos que colaboran no programa (Saudevet, Mundo Vivo, Zoolandia, Hospican, Clínica Veterinaria Novo Milladoiro e A Media Lúa) ofreceranlles ás persoas interesadas o desprazamento gratuíto ata os seus fogares para a implantación do microchip nas mascotas. A colocación do dispositivo cobrarase ao prezo habitual das clínicas.

Ames - o programa "enredando, artesanía na escola" chegará o CEIP A Mahia


Alumnos do CEIP A Maía coñecerán o proceso de obtención da seda a través da iniciativa ‘Enredando, artesanía na escola’
O alcalde de Ames, Santiago Amor, presentou esta mañá xunto á directora xeral de Comercio, Nava Castro, e á xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, este programa didáctico posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria. No acto tamén participou o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.

Ames - solicitude de subvención a deputación para servizos sociais


O Concello de Ames solicita á Deputación da Coruña unha subvención de 40.000 euros para consolidar o programa de orientación, asesoramento e información de Servizos Sociais
A través desta axuda posibilitarase a contratación do persoal técnico necesario para continuar desenvolvendo con eficacia os obxectivos operativos do programa: informar, orientar, valorar, asesorar e derivar a toda a poboación que o demande co fin de mellorar o seu benestar social.

Oroso - o bar "Tapas" gañou o concurso de tapas


“BAR TAPAS” GAÑA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE OROSO, NA QUE SE DEGUSTARON DE BALDE MÁIS DE 2.000 RACIÓNS

Os premios serán entregados o vindeiro venres 11 de maio, coincidindo co inicio da Festa da Troita

30 de abril de 2012.- O “Bar Tapas” (Sigüeiro), coa súa proposta “Tosta de Carne”, foi o gañador da III edición do concurso de tapas, celebrado os días 14, 15, 21 e 22 de abril en Oroso. Así o decidiron as 223 persoas que exerceron o seu dereito ao voto durante eses catro días e cuxos sufraxios foron contabilizados na noite do venres no centro cultural de Sigüeiro. Un reconto ao que asistiron representantes dos locais participantes, que entregaron cadansúa urna selada para que se realizase o correspondente reconto.

Ames - hoxe comezan novas sesións de contacontos


A biblioteca municipal organiza novas sesións de contacontos durante o mes de maio
Estas actividades, que están dirixidas aos rapaces e rapazas de 3 a 8 anos, terán o seu escenario nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido.
Os contos non se centrarán nunha única temática senón que durante cada trimestre abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.
Durante este trimestre do curso a temática das sesións de contos xirará arredor dos contos do mundo.

Santiago - axenda martes 1 e actuacións policia local


AXENDA MUNICIPAL

Martes 1

21.00 h
No Teatro Principal, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan: 'Hai P.O.D.' dentro do ciclo 'Falabaratos'.

Ordes - peche durante 15 días da rua do Recreo


A rúa Recreo permanecerá pechada ó tráfico durante 15 días por obras de mellora no seu firme

A intervención inclúe o seu asfaltado ó longo de 900 metros e o formigonado  no seu cruce coa céntrica avenida Alfonso Senra

Ordes 30 abril 2012.  A partir do vindeiro xoves 3 de maio e durante un periodo aproximado de 15 días a travesía do Recreo, ubicada no centro urbán da vila de Ordes, permanecerá pechada ó tráfico rodado debido ás obras de mellora que se van a realizar. Unha intervención moi demandada polos veciños e veciñas de Ordes e que consistirá no formigonado de 40 metros no cruce con Alfonso Senra e no fresado e asfaltado de 900 metros. Debido a elo o tráfico desviarase polas rúas Mediodía, Coruña e a pista do Balado. 

Silleda - proxecto das Sendas das Manduas


A Xefatura Territorial de Pontevedra comprométese co Concello de Silleda á realización das Sendas de Manduas

“Dende o Concello de Silleda, seguimos traballando para que as sendas se realicen canto antes, e de non acometerse nun tempo prudencial, levarase a cabo a medida anunciada a pasada semana” di o Primeiro Teniente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña


            Silleda, 30 de abril de 2012. A Xefatura Territorial de Pontevedra, da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, púxose hoxe en contacto co Concello de Silleda para informar de que levará a cabo as obras das sendas de Manduas, e que o permiso concedido a semana pasada se tratou dun erro administrativo.

Frades - bolsas de axuda para o transporte escolar


O CONCELLO DE FRADES CONVOCA BOLSAS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA ALUMNOS DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL

A subvención acadará os 200 euros por alumno e o prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de maio

30 de abril de 2012.- O Concello de Frades convoca unha subvención para transporte escolar para o curso académico 2011-2012 dirixida a alumnos de Bacharelato e Formación Profesional. Unhas axudas que acadarán os 200 euros por alumno e curso, e cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 25 de maio

Poderán solicitar estas subvencións aqueles alumnos que estén empadroados no Concello de Frades, que cursen estudos de Bacharelato ou Formación Profesional e cuxas familias estén ao día no pago das obrigas tributarias co Concello. Unha vez cumpridos estes requisitos, o reparto das subvencións realizarase atendendo unicamente ao criterio económico, de xeito que só se concederán subvencións a aqueles estudiantes máis necesitados e cos ingresos per cápita máis baixos.

Santiago - hoxe Hai P.O.D. no ciclo falabaratos


Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan ‘Hai P.O.D.’ en Falabaratos

  • As entradas, a 15 euros (13€ no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18 a 21h)

  • Despois de ‘Hai P.O.D.’ teremos en Falabaratos a Godoy presentando ‘Verás que todo es mentira’ o 8 de xuño tamén no Teatro Principal

Santiago de Compostela, 30/04/2012.- O ciclo ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outras historias’ propónnos un novo espectáculo mañá, martes 1 de maio ás 21.00h no Teatro Principal. Será cos humoristas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, que nos presentan ‘Hai P.O.D.’ As entradas para este espectáculo a 15 euros (13€ no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18 a 21h). Despois de ‘Hai P.O.D.’ teremos en Falabaratos a Godoy presentando ‘Verás que todo es mentira’ o 8 de xuño tamén no Teatro Principal.

Santiago - este mércores comeza cutocircuito


En total foron 2.645 as curtas recibidas para o Concurso, chegadas desde 91 países

A IX edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, celébrase do 2 ao 11 de maio

  • O programa inaugurase este mércores, día 2 de maio, cun Cineconcerto no que a Banda Municipal interpreta música de Antón Alcalde sobre a curta ‘The Pawnshop’ de Chaplin

  • Ademais das proxeccións dos 5 concursos oficiais haberá actividades paralelas, unha ampla oferta musical e unha programación específica arredor de Romanía, país convidado este ano

Santiago de Compostela, 30/04/2012.- O alcalde da cidade, Ángel Currás, presentou hai uns días a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura este mércores 2 de maio e se celebra ata o 11 de maio en diversos lugares da cidade. Nesta edición, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes haberá actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado será Romanía.

Santiago - axenda luns 30


Luns 30

9.45 h
No museo da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do proxecto InnovaSaúde, presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
No hotel Quinta da Auga, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conferencia da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, dentro da European Roundtable 2012.