Fundación Araguaney - calido homenaxe a JOsé Lopez Calo
Fundación Araguaney - homenaje a Pedro Calvo en su 90 cumpleaños
Mancomunidade Ordes - xornadas sobre saude e inmigración en colaboración con Médicos do Mundo
Asociación Penateixa - xornadas sobre igualdade
Asociacion Avanza Trasdeza - o luns 23 celebramos o día do libro
na Casa da Xuventude de Silleda
O vindeiro luns, 23 de abril, Día do Libro, Pelegríns de Papel celebrarao na Casa da Xuventude de Silleda cunha actividade especial cuxo tema será a historia da longa vida do libro, na que nenos e maiores poderán coñecer e experimentar como se fixeron os libros desde os procedementos de escritura, impresión e reprodución máis antigos ata os máis recentes.
Silleda – XII concurso de baile tradicional Azaloira
Asociacion actores actrices de Galicia – a sala Nasa premio de honra 2012
A SALA NASA, PREMIO DE HONRA MARISA SOTO 2012 DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
A entidade salienta a súa traxectoria e contribución á profesionalización do teatro
A entrega do galardón acontecerá durante a gala dos XVI Premios María Casares, o vindeiro 3 de abril
20 de marzo de 2012.- A Sala Nasa é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu conceder o galardón á Sala Nasa por: “Ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado
español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de
Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”.
Vinculada dende os seus inicios ao Chévere, a Nasa tivo as súas portas abertas no barrio compostelán de San Lourenzo dende 1992 ata o verán do 2011.
Xesús Ron, “voceiro da comandancia da Nasa”, apunta que este galardón “é un epitafio inesperado que nós non soubemos escribir. Valorámolo moito por chegar dunha asociación profesional e do teatro. A Nasa tivo o seu momento e é unha aventura cun final, e este premio non o podemos tomar como algo persoal senón que é algo a compartir con toda a xente que traballou e se arriscou en distintas tarefas e momentos nela e, especialmente, coa súa tripulación, eses espectadores cuxa implicación e existencia explica que foi a Nasa”.
Apunta Ron que “o bo da Nasa foi o seu papel coma esforzo colectivo aínda que podemos destacar a 2 persoas que a marcaron nos seus inicios: Pepe Sendón e Fran Pérez, malia que logo se desvinculara”. Por último “a nivel moito máis persoal, e pasados uns meses, serve para botarlle un terrón de azucre que compensa ese regusto a café amargo que foi o seu final”.
O Premio de Honra Marisa Soto naceu no 1997 como galardón que distinguise a especial traxectoria de persoeiros ou entidades no marco dos Premios de Teatro María Casares. A cerimonia de entrega dos XVI Premios María Casares será o vindeiro 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e será retransmitida pola TVG. Os XVI Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, da AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Concello de Ames e TVG.
As coordenadas da Sala Nasa
O proxecto da Nasa definíase nos seguintes termos:
NASA: NAve de Servizos Artísticos, é unha iniciativa privada de autoxestión, colectiva, aberta e independente, que xurde en 1992 desde a sociedade civil, promovida e xestionada por artistas, todos eles vinculados ao Colectivo Chévere, coa finalidade de acoller todo tipo de manifestacións artísticas e culturais, e coas seguintes prioridades:
1.- BASE ESPACIAL: servir de base para as actividades do grupo de teatro Chévere, co obxectivo de consolidar en Galicia a existencia dunha sala con compañía residente e que funcione de maneira estable como centro de creación contemporánea, integrado maioritariamente por artistas galegos.
2.- LABORATORIO ESPACIAL: exercer como centro de intercambio de experiencias entre grupos, organizacións e persoas do mesmo ou distinto campo artístico e fomentar e producir novas formas de representación. Cambiar os hábitos de achegamento ao feito teatral para xerar outro tipo de contacto, máis directo, co público.
3.- NAVE NODRIZA: actuar como centro de recursos artísticos para os creadores que o necesiten, acollendo a grupos e artistas noveles que, por falta de experiencia e curriculum, encontran outras portas pechadas e promover accións conxuntamente con todos eles.
4.- SONDA: recibir experiencias e mensaxes doutros lugares e culturas, sempre atentos ás novas expresións, aos creadores máis novos e inexpertos e ás propostas artísticas que non atopan canais para a súa difusión nos circuítos habituais.
5.- ESTACIÓN ORBITAL: incorporar as actividades da NASA á oferta cultural da cidade de Santiago, como forma de potenciar esas propostas que, fóra do circuíto comercial e institucional de grandes aforos, teñen este tipo de espacios de capacidade media como único recinto no que expresarse.
Relación de galardoados co Premio de Honra Marisa Soto
A Sala Nasa súmase no 2012 á listaxe de persoeiros e entidades que, dende 1997, mereceron un Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Sucede a Xan Cejudo.
| GALARDOADOS CO PREMIO DE HONRA MARISA SOTO DA AAAG | |
| Ano | Premiado |
| 1997 | Agustín Magán |
| 1998 | Manuel Lourenzo |
| 1999 | Maruxa Villanueva |
| 2000 | Manuel Gallart |
| 2001 | Asociación Cultura Abrente |
| 2002 | Fundación Teatro Principal de Tui |
| 2003 | Celebración dos 25 anos de teatro profesional |
| 2004 | Padroado da Cultura do Concello de Narón |
| 2005 | Luís Álvarez Pousa |
| 2006 | Dorotea Bárcena |
| 2007 | Concha Abad |
| 2008 | Rubén García |
| 2009 | Ana Romaní |
| 2010 | Gonzalo Uriarte |
| 2011 | Xan Cejudo |
| 2012 | Sala Nasa |
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios de Teatro María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa hoxe en día a 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia, cuxa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.
Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido.
Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a traxectoria profesional outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.
Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.
O portal da asociación é www.aaag.es
Plataforma pola recuperación do SAR – invitación pública
A PLATAFORMA POLA RECUPERACIÓN DO SAR
INVITA A
► axentes sociais e politicos
► asociacións
► veciños en xeral
á presentación da asociación
lugar: BERTAMIRÁNS, Casa da Cultura,
data: 16 de marzo, 20,30 h
Porque o Sar tamén é teu
Ames – ANPA Agro do Muiño – proxecto “educar sen estrés”
A ANPA do CEIP Agro do Muíño continúa co ciclo de conferencias e debates Proxecto educar sen estrés
A segunda conferencia deste programa realizarase o vindeiro xoves, 22 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla tratarase o tema A motivación na educación.
A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe.
Este é o terceiro ano que a ANPA do CEIP Agro do Muíño organiza ciclos de conferencias para tratar temas educativos.
Ames, 15 de marzo de 2012. A ANPA do CEIP Agro do Muíño promove o ciclo de conferencias do Proxecto educar sen estrés que xestiona a Asociación Bioturmalina. A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe. A segunda conferencia deste programa realizarase o vindeiro xoves, 22 de marzo ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla tratarase o tema A motivación na educación. Ademais, falarase das ferramentas educativas e pedagóxicas que é necesario empregar para unha educación máis harmoniosa nas aulas e no fogar.
O pasado 26 de xaneiro de 2012 botou a andar o ciclo de conferencias e debates Proxecto educar sen estrés que organiza a ANPA do CEIP Agro do Muíño en colaboración coa Asociación Bioturmalina. O ciclo consta de tres conferencias. A primeira delas celebrouse o pasado xoves 26 de xaneiro baixo o lema Educar sen estrés. Nela tratáronse métodos de xestión da tensión, educación emocional e capacidades creativas na casa e nas aulas.
Durante este mes realizarase a segunda conferencia deste ciclo. Será o día 22 de marzo, as 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla abordarase A motivación na educación, e falarase das ferramentas educativas e pedagóxicas que é necesario empregar para levar a cabo unha educación máis harmoniosa mas aulas e no fogar. A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe.
A terceira e última conferencia celebrarase o día 24 de maio baixo o título Fomentar un novo modelo de aprendizaxe para completar as necesidades educativas, sociais e culturais do alumnado e coa finalidade de mellorar a integración social, estimular as habilidades motrices e integrar os potenciais culturais.
A vicepresidenta da ANPA do Agro do Muíño, Maribel Pérez, explicou que un dos puntos máis interesantes das conferencias é o feito de que durante a última media hora faranse mesas redondas e debates cos asistentes. As dúas conferencias que faltan por impartir realizaranse ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As conferencias están abertas a todo o público que desexe participar nelas. Tras as conferencias haberá mesas redondas para debater os temas formulados nas charlas cos asistentes. Estas mesas redondas comezarán arredor das 21:00 horas.
Terceira edición do ciclo de conferencias
É o terceiro ano que a ANPA do CEIP Agro do Muíño organiza ciclos de conferencias para tratar temas educativos. A asociación de Nais e Pais do Agro do Muíño considera "que este tipo de iniciativas son unha necesidade importante" e en función da acollida que teña estudarase continuar con actividades e talleres onde as familias compartan tempo e experiencias.
As persoas encargadas de impartir as conferencias son Dulcina Gómez Araújo e Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo. Dulcina Gómez Araújo é licenciada en Ciencias Empresariais e formouse como técnico superior en xestión da saúde integral, do benestar e como orientadora educativa. É membro do Consello Galego de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia e participou en numerosos simposios e conferencias a nivel nacional e internacional.
Fausto Dopico é licenciado en Ciencias, Doutor en Economía e Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Ambos son membros de Bioturmalina, unha asociación que oferta actividades bioculturais e traballa principalmente nos ámbitos da sustentabilidade ambiental, educativo e de benestar social. A administración autonómica, as administracións locais, colexios, empresas privadas, centros socioculturais, asociacións etc. forman parte dos axentes cos que traballa Bioturmalina.
Dende a ANPA de Agro do Muíño animan a todo o mundo a que participe nestas conferencias xa que se tratan temas de interese non só para as familias, senón tamén para o público en xeral.
Asociación O Esquío – plantación de carballos e castiñeiros
VINTE VECIÑOS DE BRIÓN APADRIÑAN 40 CARBALLOS E CASTIÑEIROS PLANTADOS POLA ASOCIACIÓN O ESQUÍO NO PIÑEIRO NO PARQUE MUNICIPAL DE BRIÓN
14 de marzo de 2012. A asociación cultural e medioambiental “O Esquío no Piñeiro”, en colaboración co Concello de Brión, organizou unha nova plantación de árbores no parque municipal de Pedrouzos, situado a carón do campo de fútbol municipal. Unha convocatoria á que acudiron un total de 20 veciños e veciñas, que plantaron e apadriñaron un dos 20 castiñeiros e dos 20 carballos cos que se repoboou esta zona.
“Esta actividade non consistía só en realizar a plantación, senón que os participantes tamén se comprometeron a facer un exaustivo mantemento das árbores plantadas realizando regadíos periódicos e comprobando que as árbores medran axeitadamente”, sinala Dora Vieiro, presidenta de “O Esquío no Piñeiro”. Para rematar a actividade, os participantes puideron desfrutar dunha pequena merenda no mesmo parque onde foron plantados os carballos e os castiñeiros.
Esta é a segunda plantación de árbores que realiza esta asociación cultural e medioambiental brionesa. A primeira tivo lugar en febreiro de 2011, tamén no parque municipal de Brión, e consistiu na plantación duns castiñeiros autóctonos que cada participante se comprometeu a coidar e “apadriñar”. Un apadriñamento que se notou especialmente durante o verán pasado, no que os “padriños” se encargaron de regar as árbores para que soportaran a seca.
Asociación Val da Mahía – festival de música este sábado
A Asociación Cultural e Xuvenil Val da Maía organiza para este sábado, ás 20:00 horas, un festival de música en Ames
Neste festival actuarán diversos grupos de música galega das provincias de Pontevedra e A Coruña.
Como grupo anfitrión actuará o grupo de pandereteiras As Maianas de Ames.
O obxectivo principal é o de dar a coñecer á veciñanza amiense a música popular galega.
Ames, 2 de marzo de 2012. A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado día 3 de marzo, ás 20:00 horas, o festival de música galega que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil Val da Maía. O obxectivo principal é o de dar a coñecer á veciñanza amiense a música popular galega. O acto estará presentado por Xabier Díaz, integrante do grupo Berrogüetto. Neste festival actuarán diversos grupos de música galega das provincias de Pontevedra e A Coruña. Como grupo anfitrión actuará o grupo de pandereteiras As Maianas de Ames, así como os Chapeus de A Estrada, o Ghusto do Boi de Vedra, as Alegres de Pontevedra, os Trazantes de Tenorio de Pontevedra e os Saljariteiros de Marín. Un total de seis grupos que amenizarán a tarde do sábado con música tradicional galega.
A Asociación Cultural e Xuvenil Val da Maía, de Ames, organiza este sábado día 3 de marzo un festival de música galega. Este festival contará coa participación de distintos grupos de música galega da provincia de A Coruña e Pontevedra. Esta asociación naceu no ano 2007 cando se agruparon unha serie de mozas que compartían o seu gusto pola música galega. Despois de formar parte do Obradoiro Municipal de Música e Baile Tradicional do concello amiense durante varios anos decidiron crear esta asociación. Estas rapazas, que formaban un grupo de cantareiras, crearon o grupo As Maianas de Ames para poder desenvolver o seu propio traballo.
Durante os últimos anos teñen realizado actuacións en diversos lugares como Valga, Arteixo, Ames, Lugo e Pontevedra. Un dos obxectivos da organización deste festival é o de dar a coñecer a todos os veciños e veciñas de Ames ao grupo de cantareiras que naceu ao abeiro da Asociación e que se chaman pandereteiras As Maianas de Ames. O lugar escollido para o acto é a Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:00 horas.
Neste evento participarán distintas agrupacións musicais, que serán presentadas por Xabier Díaz, integrante do grupo Berrogüetto. Así actuarán no acto de xeito desinteresado os Chapeus de A Estrada, o Ghusto do Boi de Vedra, as Alegres de Pontevedra, os Trazantes de Tenorio de Pontevedra e os Saljariteiros de Marín. Como grupo anfitrión actuará o grupo de pandereteiras As Maianas de Ames. Un total de seis grupos que amenizarán a tarde do sábado con música tradicional galega.
Teta e Coliño – actividades do primeiro aniversario da asociación
Neste mes de marzo, a ASOCIACIÓN TETA E COLIÑO cumpre o seu primeiro ano de existencia. Foi un ano moi completiño, de moita ilusión e aprendizaxe! Un ano no que fostes moitas as familias que participastes desta andaina, xa fora nalgún momento puntual ou de forma máis seguida. Agora queremos darvos as gracias pola vosa confianza, e celebrar esta data tan especial convidándovos ás seguintes actividades:

Fundación Araguaney – actividades de navidad
Navidades cargadas de eventos en el Araguaney Gran Hotel
Santiago de Compostela, Lunes 12 de Diciembre de 2011. El Araguaney Gran Hotel será el escenario de celebración de las comidas, cenas y cotillones de muchos compostelanos y turistas esta Navidad. El equipo del Araguaney ha trabajado durante estos meses para confeccionar los mejores menús de nochebuena, navidad y fin de año. Se pueden consultar en www.araguaney.com o en la página de Facebook del Araguaney Gran Hotel.
Fiesta navideña de El Corte Inglés
Como ya es tradicional, familias, grupos de amigos y empresas eligen al Araguaney para celebrar las fiestas. Precisamente mañana Martes 13 de Diciembre, 500 empleados de El Corte Inglés de Santiago harán una gran fiesta-baile de Navidad en el Araguaney. Una velada en la que además de buen ambiente habrá música. El Espacio Araguaney, una de las salas del hotel, acogerá esta gran fiesta de celebración de la Navidad. El Centro Comercial ha elegido este hotel por su gran oferta a la hora de organizar eventos, la capacidad de sus salones para acoger a medio millar de personas y por la situación privilegiada, en pleno centro de la ciudad.
Presentación de libros en el Araguaney
El próximo miércoles 14 de Diciembre, a las 20,00 horas, el Salón de Actos del Araguaney Gran Hotel acogerá la presentación de “Formas da indefinición” y “Roxe de sebes”, ambos libros del ensayista Ignacio Castro Rey.
Una presentación en la que estarán, además del autor, el filósofo Alberto Sucasas, Alberto Ruiz de Samaniego y Rafa Xaneiro.
Ignacio Castro Rey (Santiago de Compostela, 1952). Filósofo, escritor, crítico de arte y profundo amante de la música. Actualmente reside en Madrid, donde ejerce como profesor de Filosofía en un instituto. Doctorado en Filosofía por la Universidad Autónoma de Madrid, durante cuatro años de modo intermitente vivió retirado en el corazón de la Serra do Courel, en una cabaña arreglada por él. De esa experiencia para su ser, resultó el libro Roxe de Sebes (reeditado por la Fundación Luis Seoane, 2011). Tiene publicados varios libros de ensayo, tanto en gallego como en español, como Alén da Fenda; por unha filosofía do absoluto sensible (Espiral Maior, 1994), Neste Silencio: arredor de Uxío Novoneyra (Noitarenga, 2000), Crítica de la Razón Sexual (Ediciones del Serbal, 2002) o Votos de Riqueza; la multitud del consumo y el silencio de la existencia (Antonio Machado Libros, 2007).
Asociación xuvenil Muiños - intercambio
A asociación Xuvenil Muiños do Concello de Boqueixón ven e rematar a realización dun proxecto de intercambio dentro do Programa Xuventude en Acción. Baixo o título Cli-Mate Change este proxecto reuneu dende o 22 ó 29 de outubro a 30 mozos e mozas de Portugal, Grecia, Bulgaria, Hungría e España para debater e tratar o tema do cambio climático e do papel que os mozos e mozas europeos temos ante este reto.
Durante a semana realizáronse toda unha serie de actividades encamiñadas a concienciar e analizar a problemática do cambio climático, fixéronse obradoiros, video fórums, unha campaña de concienciación así como visitas a entidades como Meteogalicia ou a planta de SOGAMA.
Tamén foron recibidos polo Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio, que lles deu a benvida e lles desexou o mellor durante a estancia na nosa comunidade.
AEMI_ACB – asociaciones de comerciantes de Ames firman un convenio de colaboración
Convenio de Colaboración entre las dos asociaciones de Comerciantes y Empresarios más grandes de Ames para el sorteo conjunto de un coche eléctrico y ecológico
El viernes 14 de octubre los presidentes de las dos asociaciones de empresarios y comerciantes de Ames, AEMI, de Milladoiro y la ACB de Bertamiráns, han firmado su primer convenio de colaboración para la realización de campañas conjuntas de promoción comercial en Ames, con la presencia del Concelleiro amiense del área . Esta unión histórica para el comercio y el empresariado amiense comenzó con la campaña “Compre en Ames”, lanzada por estas dos asociaciones, y afianzada con la firma del primer convenio de colaboración para el sorteo de un coche eléctrico y ecológico durante la temporada otoño-invierno.
AEMI, la Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, representada por su presidente Carlos Neira, y la ACB, Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, con su principal directivo Juan Carlos Zaera, firmaron un Convenio de Colaboración el viernes 14 de octubre, ante la presencia del concelleiro de Comercio y Promoción Económica de Ames, Bernardo Moar, para la realización conjunta de promociones comerciales que comienzan con la campaña “Fai as túas Compras en Ames”, y con la realización de un Gran Sorteo de un coche eléctrico y ecológico durante la temporada Otoño-Invierno de los años 2011-2012, entre los meses de octubre y marzo.
Este ambicioso proyecto que se hizo realidad, según las palabras de los dos presidentes, viene a confirmar la excelente relación entre las directivas de las asociaciones empresariales más grandes de Ames que apuestan por el trabajo en conjunto para “ganarle a la actual crisis” y para promover las compras en el ayuntamiento de Ames. Por su parte el concelleiro Bernardo Moar, invitado por estas dos instituciones para certificar esta unión, mostró su satisfacción por el acuerdo alcanzado, felicitó a las dos asociaciones y les deseó el mejor de los éxitos para estas campañas conjuntas.
Los presidentes de la ACB y AEMI comentaron que estas asociaciones entregarán, a partir del comienzo del sorteo en la segunda quincena de octubre de 2011, a todas las tiendas e integrantes de estas dos asociaciones de las ciudades de Bertamiráns y Milladoiro, cupones para el sorteo de UN COCHE ELECTRICO Y ECOLÓGICO RENAULT TWIZY URBAN 45, que será un excelente premio para el ganador de esta fantástica campaña conjunta.
La entrega de estos cupones por parte de los asociados de la ACB y AEMI a sus clientes, se realizará sin obligación de compra, y lo único que tienen que hacer los que visiten y compren en las tiendas y comercios amienses para tener la posibilidad de ganar un novedoso coche eléctrico y ecológico, es que deberán cubrir estos cupones con sus datos, nombre y número de teléfono, para participar en este Gran Sorteo que concluye al finalizar febrero del 2012 y que se realizará en la segunda quincena de marzo ante Notario. Por lo tanto, la ACB y AEMI habrán entregado casi 200 Vales por asociado, lo que equivale a un total de casi 30.000 vales en todo Ames, por lo que se cubrirá casi la totalidad de la población.
Silleda – convenio coa Fundación Laboral da Construcción
O Concello de Silleda colabora coa Fundación Laboral da Construcción e APEC na formación de traballadores do sector
-Ante o éxito da primeira xornada celebrada hoxe para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC), e unha das primeiras coa nova aula móbil da entidade, celebrarase un segundo ciclo o vindeiro venres na Casa da Xuventude de silleda
-Paula Fernández asinou un convenio coa fundación para a celebración desta actividade, que contribue a mellorar a cualificación do sector da construcción
-Das 35.000 demandas registradas este ano para obter a TPC, o 23% corresponden á provincia de Pontevedra
Silleda, 14 de outubro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena e a concelleira de Emprego, Margarita Campos, asistiron hoxe á firma dun convenio para actividades formativas coa Fundación Laboral da Construcción, que organizou no municipio unha xornada en materia de prevención de riscos laborais en colaboración coa Asociación de Empresarios da Construcción da Provincia de Pontevedra (APEC) e co Concello. Esta sesión é necesaria para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción, (TPC), un instrumento que permite acreditar a formación e experiencia laboral dos empregados do sector e que está a despertar un gran interese. De feito, o responsable de Seguridade e Saúde da Fundación Laboral da Construcción en Galicia, Antonio García, amosou a súa “grata sorpresa” pola demanda rexistrada en Silleda, con máis de 30 anotadas (superando as prazas previstas). Deste xeito, o vindeiro venres día 21 de outubro, como apuntou a concelleira de Emprego, Margarita Campos, volverá a celebrarse unha segunda xornada formativa nas dependencias da Casa da Xuventude.
“Temos que agradecer que a Fundación Laboral da Construcción elixira Silleda como un dos primeiros destinos para traer a súa aula móbil e a colaboración da APEC para seguir avanzando nun ámbito moi importante no sector do emprego”, apuntou a concelleira”.
Antonio García advertiu, sobre a demanda deste documento, do que hoxe xa se entregaron algúns exemplares, que este ano se registraron unhas 35.000 solicitudes en Galicia, das que o 23% corresponden á provincia de Pontevedra.
Pola súa banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, que asinou o convenio con García, destacou a “magnífica labor de APEC e a fundación con esta iniciativa. “Pese a situación que está a vivir o sector, é o momento ideal para que os traballadores se formen”, sinalou a rexedora, engadindo que o sector, un dos máis castigados pola crise, “tera que reavivarse” como un dos piares tradicionais da economía. Así mesmo, Paula Fernández destacou a “aposta clara” do goberno municipal pola reactivación do emprego, con iniciativas como Silleda Emprega que xa obtivo moi bos resultados en pouco tempo. “A concellería que dirixe Margarita Campos está a demostrar que nun momento difícil poden xurdir ideas acertadas para traballar nesta liña”. Paula Fernández tamén quixo ter un agradecemento especial cara o presidente de APEC, o silledense José Luis Campos Novo, que “sei que vai traballar por e para Silleda, como xa ven facendo”, afirmou.
Por último, a preguntas dos xornalistas sobre a situación do sector e a súa evolunción na provincia , Campos Novo sinalou que a falla de crédito está a afectar moito na construcción así coma os recortes na obra pública por parte das Administracións. Pese a que os datos, según sinalou o presidente da entidade provincial son “preocupantes” e tamén pouco alentadores cara ao 2012, Campos Novo afirma que o sector “precisa traballadores cada vez máis formados e todos os ámbitos para acadar unha maior competitividade”, engadiu.
Fundación Araguaney – acuerdo con Iberia
Iberia y el Festival de Cine Amal firmaron un acuerdo de colaboración
- El acuerdo permitirá el traslado de directores, jurado y profesionales del cine participantes en el Festival Amal
- Iberia se convierte en la aerolínea oficial del Festival Internacional de Cine Amal
Santiago de Compostela, Viernes 14 de Octubre de 2011. El jueves 13 de Octubre, el director del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, Ghaleb Jaber Martínez, firmó un acuerdo comercial con Ignacio Fariña, Gerente Comercial Norte de Iberia, para facilitar el transporte de los profesionales participantes en el certamen de este año (del 24 al 29 de Octubre de 2011).
Durante el Festival Amal son muchos los profesionales del sector audiovisual los que visitan Santiago para exhibir sus producciones cinematográficas y mantener coloquios con el público de sus películas. Compostela se convierte así en el punto de encuentro de un buen número de artistas del panorama internacional, e Iberia será la empresa oficial que garantice sus desplazamientos hasta la capital gallega desde puntos como EEUU, Reino Unido, Francia, Bélgica, Holanda, Italia, Alemania, Marruecos o Bahrein, así como de España.
En virtud de este acuerdo, Amal nombra a Iberia aerolínea oficial del evento, encargada de transportar a directores, guionistas, productores y profesionales del sector audiovisual participantes en el festival y procedentes de diversas ciudades del mundo.
Sobre Iberia
Iberia es el primer grupo de transporte aéreo en España y es la compañía líder en el mercado Europa-América Latina, con la mayor oferta de destinos y frecuencias. El grupo formado por IBERIA y BA, tras su fusión en enero de 2011, es el tercero de Europa y el sexto del mundo en términos de facturación; ofrecen diariamente cerca de 1.750 vuelos a 204 destinos en 121 países, tienen una flota de 406 aviones y, en 2010, transportaron 55 millones de pasajeros. Más información en http://grupo.iberia.es.
Sobre Amal
Festival Internacional de Cine Euroárabe que desde el año 2003 lleva celebrándose en Santiago de Compostela, organizado por la Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Durante la semana del 24 al 29 de Octubre de 2011, Santiago de Compostela tendrá el honor de ser la ciudad que acoja el Festival Amal, una cita única en Europa, que con el paso de los años sigue fiel a su idea inicial: la de lograr un mayor acercamiento entre Occidente y Oriente Medio.
La novena edición de Amal trae consigo una amplia selección de largometrajes y cortometrajes, tanto de ficción como documentales. Un total de 36 películas procedentes de varios países. Es, además, una propuesta que integra bajo su nombre una visión lo más completa posible de la cultura árabe. Así, durante una semana, habrá exposiciones, conciertos, coloquios y degustaciones gastronómicas. Una oferta muy completa de actividades que giran entorno al mundo árabe. http://www.festivalamal.es
Iberia e o Festival de Cine Amal asinaron un acordo de colaboración
- O acordo permitirá o traslado de directores, xurado e profesionais do cine participantes no Festival Amal
- Iberia convértese na aerolínea oficial do Festival Internacional de Cine Amal
Santiago de Compostela, Venres 14 de Outubro de 2011. O xoves 13 de Outubro, o director do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, Ghaleb Jaber Martínez, asinou un acordo comercial con Ignacio Fariña, Xerente Comercial Norte de Iberia, para facilitar o transporte dos profesionais participantes no certame deste ano (do 24 ao 29 de Outubro de 2011).
Durante o Festival Amal son moitos os profesionais do sector audiovisual os que visitan Santiago para exhibir as súas producións cinematográficas e manter coloquios co público das súas películas. Compostela convértese así no punto de encontro dun bo número de artistas do panorama internacional, e Iberia será a empresa oficial que garanta os seus desprazamentos ata a capital galega dende puntos como EEUU, Reino Unido, Francia, Bélxica, Holanda, Italia, Alemaña, Marrocos ou Bahrein, así como de España.
En virtude deste acordo, Amal nomea a Iberia aerolínea oficial do evento, encargada de transportar a directores, guionistas, produtores e profesionais do sector audiovisual participantes no festival e procedentes de diversas cidades do mundo
Sobre Iberia
Iberia é o primeiro grupo de transporte aéreo en España e é a compañía líder no mercado Europa-América Latina, coa maior oferta de destinos e frecuencias. O grupo formado por IBERIA e BA, tras a súa fusión en xaneiro de 2011, é o terceiro de Europa e o sexto do mundo en termos de facturación; ofrecen diariamente preto de 1.750 voos a 204 destinos en 121 países, teñen unha flota de 406 avións e, en 2010, transportaron 55 millóns de pasaxeiros. Máis información en http://grupo.iberia.es
Sobre Amal
Festival Internacional de Cine Euroárabe que desde o ano 2003 leva celebrándose en Santiago de Compostela, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Durante a semana do 24 ao 29 de Outubro de 2011, Santiago de Compostela terá a honra de ser a cidade que acolla o Festival Amal, unha cita única en Europa, que co paso dos anos segue fiel á súa idea inicial: a de lograr un maior achegamento entre Occidente e Oriente Medio.
A novena edición de Amal trae consigo unha ampla selección de longametraxes e curtametraxes, tanto de ficción coma documentais. Un total de 36 películas procedentes de varios países. É, ademais, unha proposta que integra baixo o seu nome unha visión o máis completa posible da cultura árabe. Así, durante unha semana, haberá exposicións, concertos, coloquios e degustacións gastronómicas. Unha oferta moi completa de actividades que xiran entorno ao mundo árabe. http://www.festivalamal.es
Fundación Araguaney – concierto gratuito de Serenata Guayanesa
“Serenata Guayanesa”, cuarteto con más 30 años de trayectoria en el género de contrapunteo e instrumental de música típica y folclórica venezolana, dará un concierto, gratuito, el jueves 13 en el Araguaney
El Cuarteto Musical integrado por Miguel Ángel Bosch (Tenor y Cuatrista), Iván Pérez Rossi (Barítono ligero), Cesar Pérez Rossi (Barítono y Percusionista) y Mauricio Castro Rodriguez (Contratenor y Percusionista), realizó su primera presentación en Ciudad Bolívar en el año 1971, y desde entonces, ha difundido por más de tres décadas la idiosincrasia venezolana y ha ocupado el primer lugar en lo que refiere al género de contrapunteo e instrumental de música típica y folclórica venezolana, ganándose el reconocimiento de ser nombrados “Patrimonio Cultural de Venezuela”. Este cuarteto ha viajado por todo el mundo, representando a Venezuela por todo lo alto siendo aplaudidos en los grandes escenarios del mundo entero.
El Grupo Musical visita Compostela en el marco de la celebración del “Día de la Resistencia Indígena” y ofrecerá un Concierto, en el Salón de Actos del Hotel Meliá Araguaney, Santiago de Compostela, el día 13 de octubre de 2011 a las 20:00 horas con entrada libre.
El concierto, promovido por el Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela, supone una oportunidad única para saborear el talento venezolano, la inteligencia, el decoro y el buen hacer de este Grupo Musical que nació a las orillas del río Orinoco y que en el mundo entero se ha convertido en referencia para hablar de música tradicional venezolana: Serenata Guayanesa.
Oroso – atención as familias de persoas con trastornos mentais
O CONCELLO DE OROSO E A ASOCIACIÓN “ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL” OFRECERÁN ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DE PERSOAS CON TRASTORNOS MENTAIS
O sábado 29 de outubro porase en marcha unha Escola de Pais e profesionais de Andaina atenderán cuestións específicas todos os venres no Departamento de Servizos Sociais de Oroso
7 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso e a asociación “Andaina pro saúde mental” van colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias no municipio coa posta en marcha dunha Escola de Pais e un servizo de atención semanal para atender os casos específicos de cada familia orosán. Así o anunciaron na noite de onte o concelleiro de Familia e Benestar, Antonio Leira, e a presidenta desta ONG, Omaira Tuirán Ruíz, durante a presentación oficial da asociación en Oroso. Un acto ao que asistiron medio cento de persoas.
Antonio Leira anunciou que “dende o Concello de Oroso pensamos que a saúde mental precisa dunha atención continua, polo que os veciños e veciñas de Oroso van ter a posibilidade de que haxa unha atención personalizada todos os venres dende o Departamento de Servizos Sociais de Oroso, onde profesionais de Andaina atenderán casos e cuestións específicas de cada familia”.
Ademais, Andaina porá en marcha unha Escola de Pais e Nais, que celebrará a súa primeira reunión o vindeiro 29 de outubro, ás 10:30 horas, centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Se a iniciativa conta co respaldo dos veciños e veciñas orosáns, o Concello de Oroso cederá estas instalacións nas mañás dos últimos sábados de cada mes para albergar eses encontros. “Ás familias se lles axuda escoitándoas e sendo un punto de descarga para elas”, explica Nazaret Davila, traballadora social de Andaina.
Un punto no que incidiu tamén Omaira Tuirán, quen asegurou que “esa red de apoyo de padres y de amigos sirve para soportar el dolor y saber que formas parte de un grupo importante”. Como explicou Rosa, unha usuaria de Andaina en Dodro, “es una terapia en el más amplio sentido de la palabra, una medicina natural al 100% y sin efectos secundarios”.
Unha problemática agochada
Nazaret Davila explicou que, segundo datos da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), en municipios como Oroso ou como no resto da comarca de Ordes existen un 13,78% de persoas con algún tipo de trastorno mental. “Isto equivale a que hai unhas 5 .310 familias na comarca de Ordes con esta problemática e unhas 960 en Oroso, pero o gran problema é que os casos se esconden a maioría das veces para que non se vexan”.
A traballadora social deAndaina explicou que “a saúde mental é un tema que nos implica a todos porque, cando coñeces a túa situación máis te podes axudar”. Un punto no que incidiu tamén Antonio Leira, quen lembrou que “non podemos facer o avestruz nin tapar os ollos, temos que atender a esas persoas e ás súas familias, dándolles unha mellor calidade de vida porque isto é algo que lle pode pasar a calquera”.
Síntomas
Omaira Tuirán explicou que nestes casos “el afectado a veces ni puede pedir ayuda, pues tiene enfermo el órgano que se lo permitiría hacer”. Por iso, Laura Vázquez, psicóloga de Andaina, enumerou algúns dos síntomas para detectar casos de trastorno mental: “tristeza inmnotivada, levantarte chorando, perda da capacidade de disfrutar, dificultades de atención, trastornos do sono tanto por exceso como por insomnio, perda do apetito e da líbido, aillamento... non hai tanto unha dor física pero si moito sufrimento”.
Por iso, explicou que dende Andaina “facemos un enfoque psico-social e pretendemos manter a integridade física e psicolóxica das persoas, evitando o seu aillamento e rexeitamento social, fomentando grupos de autoaxuda entre familiares porque a unión fai a forza”. Neste sentido, Omaira Tuirán insistiu en que “creemos que las personas con trastorno mental pueden dar mucho a la sociedad”. ![]()
De esquerda a dereita:
- Nararet Davila, traballadora social de Andaina.
- Antonio Leira, concelleiro de Familia e Benestar de Oroso
- Omaira Turián Ruíz, presidenta de Andaina
- Rosa, usuaria de Andaina
- Laura Vázquez, psicóloga de Andaina
Andaina:
Andaina pro saúde mental é unha asociación sen ánimo de lucro con sede social en Porto Avieira (Sigüeiro-Oroso) que pretende colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias nas comarcas da área sanitaria de Compostela. Na actualidade contan con 70 socios, que abonan unha cuota anual de 40 euros, e desenvolven as súas actividades no municipio de Dodro, onde levan traballando dende hai un ano.
Agora, Andaina escolleu Oroso como punto de entrada para a comarca de Ordes. Neste sentido, Antonio Leira asegurou que “hoxe estamos dando o primeiro paso nesta comarca e espero que só sexa o primeiro paso dun longo camiño no que Andaina contará coa colaboración do Concello de Oroso”. Os veciños e veciñas que desexen contactar con Andaina ou obter máis información poden chamar ao 650 270 824 ou un mail a andainapsm@gmail.com.
“Andaina pro saúde mental” naceu en 2010 co obxectivo de mellorar a asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais, así como dos seus familiares e amigos; e favorecer a integración social e laboral destas persoas, defendendo os intereses e dereitos das persoas que padecen transtornos mentais. Os seus principios son: “A persoa como eixe” e “A inserción social e laboral”. Por iso, esta entidade pretende organizar obradoiros para axudar tanto aos doentes como aos coidadores e familiares.
