O Restaurante Caney convoca o 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz con motivo da súa Semana Gastronómica A Semana Gastronómica do Arroz celebrarase entre o 14 e o 19 de Maio O prazo para participar no 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz ábrese o mércores 25 de Abril e péchase o xoves 10 de Maio. Santiago de Compostela, Martes 24 de Abril de 2012. Dende o luns 14 de Maio e ata o sábado 19, o Restaurante Caney celebrará a xa tradicional Semana Gastronómica do Arroz. Un percorrido por variedades tan diversas como o Bomba Calasparra, típico da conca mediterránea, o Arborio, orixinario da provincia italiana de Verceli, o Venere Vermello, produto gourmet reservado para os emperadores do Antigo Imperio Chinés en receitas que fusionan a mellor cociña tradicional e de vangarda, ou o Carnaroli, un dos máis utilizados na elaboración do risotto porque conserva a súa forma logo da lenta cocción, absorbe os sabores, ofrece unha textura firme, esponjosa e co núcleo ao dente. A carta do Caney incluirá eses días pratos en moi variados, permitindo gozar aos seus clientes das infinitas posibilidades culinarias que nos ofrece este cereal por antonomasia, considerado un alimento básico en culturas de todo o mundo.
2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz Tralo éxito de participación do ano pasado, o Restaurante Caney quere animar de novo aos seus seguidores de Facebook a que participen no 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz. Para iso só terán que darlle ao Me gusta na páxina do Caney (Concepto Caney - Restaurantes) e mandar a receita caseira de arroz a prensa2@araguaney.com, xunto cos seus datos persoais (nome e apelidos, mail, teléfono e nome en Facebook). O prazo para participar no concurso ábrese o mércores 25 de Abril e péchase o xoves 10 de Maio ás 10,00 h da mañá. Os concursantes terán que ser maiores de 18 anos e poderán presentar ata 2 receitas por persoa. O gañador do 2º Concurso de Receitas Caseiras de Arroz darase a coñecer o venres 11 de Maio a través de Facebook e o premio consistirá nunha cea para dúas persoas no Restaurante Caney durante a Semana Gastronómica do Arroz (Do 14 o 19 de Maio). Poden consultarse as bases na páxina de Facebook do Caney e na web www.caney.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario