Silleda - este venres festa da primavera

O Centro Social dos Maiores de Silleda organiza a Festa de Primavera para este venres

Silleda, 17 de abril de 2012
O Centro Social dos Maiores de Silleda celebrará a festa da primavera o vindeiro día 20 de abril, organizada dende a Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe Dolores García.

Todos os que desexen asistir deberán inscribirse ou ben no devandito edificio municipal ou ben a través do 986 592 037 e poderán facelo incluso o mesmo día da festa. O prezo é de 3 euros por persoa.

A xornada festiva comezará ás 19.00 horas e está previsto que remate ás 22.30 horas, estas tres horas e medias estarán amenizadas con música variada para goce do público.

A esta Festa da Primavera pode asistir calquera persoa.

Tamén en Bandeira
            Está previsto que o día 27 se celebre esta mesma festa no Centro Social dos Maiores de Bandeira. O horario será, nesta ocasión, de 18.00 horas a 21.00 horas tamén con música.

            Para asistir, haberá que seguir o mesmo procedendo que no caso anterior: mediante inscrición e aboando os 3 euros por persoa. Poderán facelo ou ben achegándose ao centro de Bandeira.

Ningún comentario: