Melide, 21/08/2016 - Un clásico do San Roque, xunto co Día do Neno, Día da Bicicleta ou o Campionato de Tirapedras de Galicia Central é tamén o percorrido músical polo Casco Histórico.Alí deronse cita a música e o talento de mozos e mozas con inquietudes musicais que mostran o potencial artístico do pobo.
O percorrido comenzou na Praza das Ichoas guiado pola agrupación de música tradicional Froito Novo, os violíns interpretaron pezas de música clásica.
Metros máis arriba, na Praza da Herba a agrupación de guitarras fixo un guiño ás bandas sonoras coa interpretación da música de Star Wars. Seguidamente unha das primicias, o grupo rock do conservatorio de música, interpretou catro pezas que puxeron o punto de orixionalidade ao percorrido.
O agarimo, o sorriso e a simpatía veu da man dos cativos e cativas de pandeireta que co seu bo facer bailaron, cantaron e tocaron pandeireta, gaita e acordeón guiados polos seus mestres.
Ás 21.00 h outra agrupación melidense, Cuarta Xusta, actuou na Praza do Convento da vila, unha mestura de rock, folk e música clásica deleitaron aos asistentes con versións modernas e adaptadas dos grandes da música, rapaces e rapazas con a penas 18 anos que xa mostran o seu potencial artístico. Posteriormente o Combo Dominicano e Caramelo amenizaron a verbena no Cantón de San Roque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario