Santiago - axenda luns 23


9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o conselleiro da Presidecia, Alfonso Rueda.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o concerto Under 18 con Simple Plan+Everlyn, que se celebra na Sala Capitol o 24 de xuño ás 19.00h. Na rolda estará tamén David Lago, Tibe, director de Sweet Nocturna, produtora que organiza, xunto co Concello, este concerto.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.



21.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, Mónica de Nut Trío (Santiago, jazz contemporáneo) presenta o seu novo disco dentro do ciclo 'íntimo&Acústico'.

XVI Certame de Teatro Intercentros
12:00 h IES Rosalía de Castro, o grupo Rosalía 3 interpreta “Oráculos”.
12:45 h IES Xelmírez I, o grupo Vai no dentista interpreta “Pasaxeira 612”.

Ningún comentario: