O CONCELLO DE TEO PUBLICA AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2012-2013
·
O prazo para presentar
reclamacións comeza este sábado e remata o 30 de abril
·
As listaxes están
dispoñibles na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello
20 de abril de 2012.- O Concello de Teo publica este venres as
listaxes provisionais de solicitudes
admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de
Calo, da Ramallosa e dos Tilos. Todas as persoas interesadas poderán presentar
reclamacións desde mañá sábado 21 de abril ata o vindeiro 30 de abril, dentro
do procedemento que rematará coa publicación das listaxes definitivas entre o
25 e o 31 de maio.
As listaxes xa están expostas no taboleiro de anuncios municipal e na
páxina web do Concello www.concellodeteo.com.
Todos os interesados poderán presentar reclamación se aprezan incorreccións nos
datos da solicitude ou se se produciu calquera erro ou omisión. As reclamacións
deben presentarse no rexistro xeral do Concello mediante unha instancia que
acompañe a xustificación documental suficiente. As persoas que queiran
consultar o seu expediente tamén poden acudir ao departamento de Servizos
Sociais, en horario de 9 a 14 horas.
O Concello lembra ademais que esta publicación non abre o prazo de
matrícula, xa que este só comezará cando se produza a publicación das listaxes
definitivas.
Procedemento extraordinario
para o presente curso
Por outra parte, nun procedemento distinto ao anterior, tamén está xa
exposta a listaxe de admisión de novas solicitudes de praza para o presente
curso 2011-2012 no procedemento
extraordinario de acceso ás escolas infantís municipais. Do mesmo xeito,
exponse a listaxe de agarda. As dúas están dispoñibles tamén na web municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario