Ordes . o pleno vota este xoves a modificación do plan do parque empresarial de Merelle


O pleno de Ordes votará este xoves unha modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Merelle

Con esta medida preténdese favorecer a implantación de naves nesta área

Ordes 24 abril 2012. A corporación municipal de Concello de Ordes celebrará o vindeiro xoves ás 14 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de abril. Con motivo da inauguración da segunda fase da rolda leste, que terá lugar este mesmo día ás 20 horas, o horario desta sesión tivo que ser modificado, polo que non se poderá realizar pola tarde tal e como ven sendo habitual.

     Entre os puntos máis importantes destaca a modificación puntual do plan do plan parcial do parque empresarial de Merelle. Deste xeito preténdese favorecer e axilizar a implantación de novas empresas nesta área industrial. Outro aspecto destacado é o cuarto punto da orde do día, o cal aborda a creación e delegación da xestión e administración da sede electrónica do  Concello. Un requisito indispensable de cara á tramitación on line de trámites coa Deputación da Coruña por parte dos funcionarios municipais.

Ningún comentario: