Amosando publicacións coa etiqueta AVANZA TRASDEZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AVANZA TRASDEZA. Amosar todas as publicacións

Asociacion Avanza Trasdeza - o luns 23 celebramos o día do libro



Pelegríns de Papel celebra o Día do Libro
na Casa da Xuventude de Silleda

O vindeiro luns, 23 de abril, Día do Libro, Pelegríns de Papel celebrarao na Casa da Xuventude  de Silleda cunha actividade especial cuxo tema será a historia da longa vida do libro, na que nenos e maiores poderán coñecer e experimentar como se fixeron os libros desde os procedementos de escritura, impresión e reprodución máis antigos ata os máis recentes.

Avanza Trasdeza – actividades de animación a lectura

Avanza Trasdeza, en colaboración coa Concellaría de Infancia e Mocidade, organiza actividades para animación e fomento á lectura


Silleda, 13 de abril de 2012
A Asociación Avanza Trasdeza, coa colaboración da Concellaría de Infancia e Xuventude que dirixe Margarita Campos, vén organizando, dende mediados da pasada semana, actividades para animación e fomento da lectura para os nenos e nenas que polas tardes se achegan á Casa da Xuventude de Silleda.
Varias veces por semana, durante a tarde, un membro da Asociación, acude ao devandito edificio municipal para traballar cos nenos neste eido. Son os propios rapaces quen elixen o libro, e tamén os nenos e nenas quen os len para os seus compañeiros; asemade, este membro fai de guía ao mesmo tempo que lles axuda na comprensión de textos ou na lectura de imaxes, entre outras.