PSOE Teo - resposta as declaracións de Martiño Noriega

A ESTABILIDADE E UNHA XESTIÓN EFICIENTE DOS ASUNTOS
PÚBLICOS NON SE ACADA A TRAVÉS DOS SOLDOS DOS
POLÍTICOS.
O PSdeG PSOE, ante as declaracións de Martiño Noriega do pasado fin de
semana, solicita que o Alcalde deixe de lado descualificacións persoais e se
centre en argumentar ante a cidadanía por qué considera imprescindible
esta contía en soldos de políticos para a gobernabilidade de Teo.
Tanto a moción como as declaracións da Concelleira e portavoz dos Socialistas de
Teo Uxía Lemus so inclúen, no seu argumentario, datos económicos do Concello, de
caracter público, como un endebedamento de 3.659.470 euros a 31/12/12, aforros
netos negativos durante dous anos seguidos, no ano 2011 de -572.000 euros, ou
un montante de facturas sen pagar a 15/03/12, de 1.531.755,62 euros.
Como foi público e notorio, o equipo de Goberno ven de aprobar un Plan de
saneamento e un Plan de axuste, que conlevarán, no apartado de gastos, a
conxelación das prazas de emprego público, das subvencións e das inversións, así
como a supresión das transferencias de capital.

Como contrapartida, aumentaranse os ingresos mediante a suba de taxas e
impostos, con incrementos de ata o 46% na taxa do lixo, ou do 10% na da auga.
Para o próximo Pleno, existe unha proposta de Alcaldía onde se inclúen a
modificación da taxas por expedición de licencias urbanísticas, cun
incremento do 400% do custe da taxa por licenza de segregación de
parcelas urbanas, ou do 300% de media nas licencias de construción de
edificacións.
As previsións do equipo de goberno é que en impostos e taxas, mentres no ano
2011 houbo ingresos por un importe de 4.800.000 euros, no ano 2017 a recadación
será de 8.785.000 euros, cunha suba prevista da recadación nestes anos dun 83%.
A suba de taxas e impostos unido ao mantemento dos servizos actuais implica un
aumento do custe por persoa destes servizos, sen que desde o Goberno actual
do Concello de Teo se fale de mellorar ou incrementar estes servizos,
senón de “manter as conquistas conqueridas”. Estamos nun Concello con
graves deficiencias en servizos fundamentais para a cidadanía, como a falta dunha
gardería municipal en Cacheiras ou dun centro de día de Calo, cando o Concello
recibiu durante o período 2007-2011 mais de 9.000.000 euros en transferencias
doutras administracións públicas, para inversións.
Nas declaracións do Alcalde, tamén sinala que esta proposta é un intento, por
parte dos Socialistas de Teo, de “afogar a xestión do Concello”, coma si esta
redución implicase que os concelleiros ao perder a súa dedicación
exclusiva ou parcial non foran exercer as súas funcións de goberno co
mesmo grao de responsabilidade que os que si reciben este salario do
erario público.
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
2
Para xustificar a contía gastada en dedicacións exclusivas, Martiño Noriega realiza
unha comparación dos datos de Teo con concellos escollidos conforme sexan
favorables os seus intereses, tanto da comarca, como do resto de Galicia, mentres
que, na proposta presentada pola concelleira do PSdeG PSOE,
empregáronse os datos publicados no BOP de TODOS os Concellos da
provincia cunha poboación similar a de Teo, entre 10.000 e 30.000
habitantes, para asegurar unha correcta gobernabilidade e sen ningunha
manipulación ou discriminación nos datos.
A baixada do 23% concéntrase nos soldos dos políticos, xa que legalmente a
configuración dos cargos de confianza só pode ser modificada co gallo da
aprobación dos presupostos municipais, o que esperamos se produza no ano 2013.
Martiño Noriega sinala un recorte dun 27% en dedicacións exclusivas
desde o ano 2007, pero non clarifica que o mesmo respondeu a factores
que en escasa medida teñen que ver coa vontade política exclusiva do
Martiño Noriega e o seu equipo de goberno, como foron a renuncia dunha
concelleira con dedicación parcial renunciou a mesma por motivos persoais e a
redución da contía das dedicacións provocada polos recortes impostos desde o
Goberno estatal aos soldos do persoal das administracións públicas, no ano 2010,
aprobado en Pleno. Esta renuncia e esta redución supoñían unha baixada do
13% respecto ao aprobado en 2007.
O réxime aprobado de soldos de políticos (todos do equipo de goberno) e
cargos de confianza en xuño de 2011 supoñía un gasto de 248.000 euros, o
mesmo que estaba vixente a principios do ano 2011. A redución dos outros
36.000 euros tivo lugar no ano 2012, ata os 211.000 euros actuais, cando
trala ruptura do equipo de goberno, un concelleiro do BNG coherentemente
renunciou a esa dedicación exclusiva.
Desde xuño de 2011, Uxía Lemus reiterou en moitas ocasións a contía demasiado
elevada en soldos de políticos e cargos de confianza, pedíndolle a Martiño Noriega
que reflexionase sobre o custe de tales soldos para unha economía como a do
Concello, en moi mal estado.
Mentres o Alcalde defende a contía de 211.000 euros/ano en soldos de
políticos e cargos de confianza, atacando a persoas que non están
actualmente na corporación municipal, o PSdeG-PSOE argumenta a proposta
con datos económicos de carácter público, sen valoracións sobre a xestión persoal
de cada área, entendendo que por coherencia e ética, se o equipo de goberno
pide un esforzo fiscal á cidadanía teense en plena recesión económica,
como mínimo deben axustar os seus soldos.
Noriega entra a “fiscalizar” o traballo realizado por unha concelleira do
PSdeG PSOE con dedicación ata hai un ano (reflexión que desde o PSOE de Teo
non compartimos, sendo o traballo da antiga concelleira sempre intachable), coma
se esta valoración persoal do rexedor servise de xustificación para
deslexitimar a proposta dos Socialistas de Teo, en abril de 2012.
Noutro intento de “fiscalizar” á oposición, o Alcalde fala dunha presunta
“tutela” sobre Uxía Lemus de anteriores concelleiros do PSdeG PSOE.
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
3
Uxía Lemus quere aclarar que efectivamente está tutelada, pero “só” polos/as
compañeiros e compañeiras do PSOE de Teo e, en xeral, polo resto da
cidadanía teense, ante os cales calquera concelleiro/a debe sentirse tutelado,
exercendo o seu cargo con responsabilidade, deixándose de victimismos estériles
ou obsesións persoais con antigos responsables políticos.
Esperamos que igual que esta Concelleira fai unha defensa da súa proposta en base
aos datos económicos públicos, sen ningún tipo de criterio persoal, e sen ningún
tipo de discriminación entre os datos, o Alcalde de Teo sexa capaz de explicar
ante a cidadanía teense cales son as razóns que relacionan a
gobernabilidade de Teo coa necesidade imperiosa de manter un gasto
anual de 211.000 euros en soldos de políticos e cargos de confianza.
Martiño Noriega fala de que a proposta de aforro de case 50.000
euros/ano en soldos de políticos procede dun oportunismo populista. A
cidadanía teense require algún argumento un pouco mais elaborado que a
descualificación de por qué esta redución vai a incidir negativamente na xestión
do Concello. O Alcalde non fala de que na proposta tamén se inclúe unha redución
das asignacións a grupos políticos e a contía das asistencias a órganos colexiados,
que afecta ao resto dos Concelleiros e concelleiras, que non teñen un soldo do
erario público. Trátase dunha redución dun 10% nunhas contías, que o propio
Martiño Noriega recoñeceu en xuño de 2011 se axustaban a media da comarca, e
que conforme os datos recollidos polos Socialistas de Teo son bastante mais baixos
coa media dos Concellos da provincia con poboación entre 10.000 e 30.000
habitantes.
A única preocupación do PSOE de Teo realizando esta proposta é a de axustar
unha contía en soldos de políticos que consideramos inxustificable ante o
aumento da presión fiscal municipal que vai sufrir a cidadanía teense, que
se engade aos múltiples recortes sociais e económicos, copagos e repagos, que
outras administracións públicas están a impoñer.
Uxía Lemus quere recomendarlle, por último, ao señor Noriega que non caia na
tentación pouco democrática de dirixir e sinalar a “ correcta” forma de
exercer a oposición polos demais grupos políticos.
Os demais partidos da oposición tomarán a decisión conforme aos datos
propostos por cada un, coma sempre, e se consideran que deben apoiar a
proposta do PSdeG PSOE, non ampararán ningún intento de desestabilización
do goberno, senón unicamente unha redución en soldos de políticos,
redución de case 50.000 euros moi necesaria para outros gastos como
fomento de emprego ou servizos sociais.
A estabilidade e unha xestión eficiente dos asuntos públicos non se acada
a través dos soldos dos políticos, senón a través dun bo goberno baseado
nos seguintes puntos: participación, legalidade, transparencia,
responsabilidade, consenso, equidade, eficiencia e sensibilidade.

Ningún comentario: