INICIATIVA PARA O RECORTE EN
DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DO EQUIPO DE
GOBERNO NUN 23 %
A Concelleira do PSdeG-PSOE, Uxía Lemus, ven de presentar unha moción
para o pleno ordinario do 26 de abril, na que se reducen a contía das
dedicacións exclusivas do equipo de goberno nun 23%.
O PSdeG PSOE, dada a conxuntura actual económica, amosouse moi crítico
co réxime de dedicacións exclusivas e cargos de confianza, aprobado no
Pleno de 20 de xuño de 2011, unicamente cos votos afirmativos do goberno
entonces do BNG. O gasto anual por este concepto elevábase ata o 248.000
euros ao ano, cun total de case 1.000.000 euros en nóminas para políticos
e asesores ata o ano 2015.
Observando os datos de todos os Concellos con poboación entre 10.000-30.000
habitantes da provincia da Coruña, obsérvase que este inicial réxime aprobado en
xuño de 2011, superaba nun 33% a media do existente nestes Concellos.
Os datos económicos do Concello de Teo, nomeadamente das liquidacións dos
anos 2010 e 2011, e a aprobación dos Plans de Saneamento económico financeiro
2012-2017 e de axuste 2012-2022, fan que estas concrecións económicas,
ademais de elevadas, resulten totalmente inxustas, sobre todo cando o
groso das medidas incluídas nestes plans é un aumento da presión
impositiva sobre a cidadanía teense.
Os principais datos económicos do Concello que levaron a obrigada aprobación dun
plan de saneamento 2012-2017 e un plan de axuste 2012-2011 son os seguintes:
- Case un millón de euros gastados por enriba do ingresado en 2 anos, no
período 2010-2011.
- Cifras similares de déficit no remanente líquido de tesourería para
gastos xerais e no endebedamento ás deixadas polo goberno de
Armando Blanco, no ano 2007.
- Dous anos con aforro neto negativo, o ano 2010 de –35.000 euros, o
ano 2011, -572.000 euros.
- Facturas sen pagar a data 15/03/2012, por un importe de 1.500.000
euros.
Nos plans anteriormente mencionados, as medidas para reducir estes elevados
déficits, son principalmente subas tributarias, conforme os datos presentados
polo equipo de goberno, cunha previsión dunha suba total do 38% do recadado
en taxas e impostos no ano 2017, respecto aos ingresos actuais por estes
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
2
conceptos. As subas afectan a conceptos como o IBI, o imposto de vehículos, o lixo
ou a auga, moi por enriba dunha mera actualización do IPC.
No apartado de gastos, conxelan as prazas de emprego público, conxelan
as subvencións, conxelan as inversións, suprimen as transferencias de
capital. Tamén se inclúe unha redución de dedicacións exclusivas e os gastos dos
grupos políticos, que o grupo de goberno non fixo por vontade propia senón como
consecuencia do seu abandono do BNG. Un concelleiro, que si se mantivo no BNG,
renunciou coherentemente a súa dedicación e o equipo de goberno agora por lei,
non poden recibir as asignacións por grupo municipal, porque non o son.
Aínda coa nova situación do equipo de goberno e coa redución desta dedicación,
seguía superándose a media do existente nos Concellos da provincia de Coruña con
poboación entre 10.000 e 30.000 habitantes, nun 23%.
Desde o PSdeG-PSOE consideramos que por ética e responsabilidade se debe
proceder á redución destas dedicacións exclusivas, polo que Uxía Lemus
presentou, consecuentemente, unha moción na que se reduce un 23% a contía
total do percibido por dedicacións exclusivas, pasando de 4 dedicacións
exclusivas a un réxime de 2 dedicacións exclusivas e unha parcial.
Manteríanse as dedicacións do Alcalde e do Concelleiro de Urbanismo, eliminaríase
a do Concelleiro de vías e obras (funcións que entendemos son perfectamente
asumibles polo Concelleiro de Urbanismo) e reduciríase a do Concelleiro de
benestar social. Trataríase dun réxime de dedicacións de políticos cremos
mais que suficiente para un concello de 18.000 habitantes, que ademais
conta cunha secretaria de alcaldía e unha xefa de prensa como cargos de
confianza.
Respecto a redución de cargos de confianza, e existindo a imposibilidade legal de
reducir a contía do percibido ou o número deste tipo de persoal mais que na
aprobación anual dos presupostos, o PSdeG PSOE de Teo voltará a lembrar esta
cuestión co gallo da aprobación do presuposto do ano 2013.
Respecto ao réxime económico do resto dos e das concelleiros e
concelleiras que non están acollidos/as ao réxime de dedicación exclusiva ou
parcial, e como xa se sinalou no Pleno de 20/06/11, o mesmo que foi aprobado
a principios da década, axústase á media da comarca, pero ante a
gravidade da situación económica tanto da cidadanía teense como do
Concello, proponse así mesmo unha redución do réxime económico das
asistencias e indemnizacións, así como das asignacións a grupos políticos,
nun 10%.
Estes recortes suporían o aforro de 47.951,94 euros en soldos de
dedicacións exclusivas ao ano (sen incluír a baixa de custos salariais), e un
previsto de entre 6.000 e 7.300 euros ao ano no réxime económico das
asistencias e indemnizacións, así como das asignacións a grupos políticos.
O aforro ata o ano 2015 suporía preto de 162.000 euros mais para as arcas
municipais, que poderían destinarse a cuestións tan relevantes como a política de
fomento de emprego, aumento das subvencións ao tecido asociativo de Teo, ou a
calquera outro tema con recortes nas transferencias doutras administracións
públicas ao Concello.
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
3
Os Socialistas de Teo somos conscientes de que esta medida de aforro en
soldos de políticos dun 23% non debe ser a única medida para a solución
aos problemas económicos do Concello, problemas que esixen, de forma
urxente, unha mellor xestión dos recursos públicos por parte do equipo de
Goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario