Arzúa pon o broche de ouro ao ciclo de música na rúa coa agardada actuación de Antonio Seijo

Arzúa, 25/08/2016 - O primeiro programa de concertos musicais ao aire libre posto en marcha neste mes de agosto polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa chega ao seu fin coa derradeira actuación este xoves, 25 de agosto.
O ciclo chamado ‘En aberto’ contou con Os Trécolas, MJ Band e Soncello Quartet conformando un programa variado e para todos os públicos. Grazas a esta iniciativa a cultura e a música chegaron a diversos espazos públicos da vila como os xardíns do parque infantil, a plazoleta da rúa das Dores e a Praza de Galiza que acolleron cada xoves a numeroso público.
Antonio Seijo

A última actuación deste programa terá lugar este xoves día 25 de agosto co grupo Antonio Seijo & Skylight. Este conxunto está liderado por Antonio Seijo, ex compoñente de Milladoiro e calificado como o violinista galego máis internacional do momento. Interpretarán temas dos anos oitenta, noventa e galegos na Praza de Galiza ás nove da noite e de balde.

Ningún comentario: