Amosando publicacións coa etiqueta uxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta uxo. Amosar todas as publicacións

PP Ordes - O alcalde en funcións obstrúe a constitución da nova corporación

O Partido Popular de Ordes acusa ao alcalde en funcións de obstruír deliberadamente a constitución da nova Corporación Municipal coa presentación de sucesivos recursos electorais carentes de fundamento. 

Malia que tanto a Xunta Electoral de Zona como a Xunta Electoral Central rexeitaron xa cadanseu recurso presentado por Unión por Ordes contra os resultados nas Eleccións Municipais (sen aceptar ningunha das reclamacións de UXO), Manuel Regos promove agora a presentación dun recurso contencioso-electoral co que conseguir aprazar a constitución da Corporación que se debería celebrar o vindeiro sábado 13 de xuño.

Mal perder de Regos
Desde o Partido Popular de Ordes atribúen esta decisión ao “mal perder e nulo espírito democrático de Manuel Regos e o seu equipo”, pero tamén a un presunto intento de gañar tempo para seguir contratando obras, retirar documentación e mesmo borrar evidencias relacionadas coa xestión de UXO no Concello de Ordes ao longo dos últimos 8 anos. 

Por iso, o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, esixe ao alcalde en funcións que se absteña de destruír calquera documento ou informe relacionado coa xestión municipal, reclámalle que evite retirar material da Casa Consistorial, e advírtelle que pode incorrer en graves irresponsabilidades no caso de que protagonice feitos dese tipo.

O Partido Popular de Ordes recórdalle ao rexedor que a obriga de un alcalde, aínda estando en funcións, é a de estar no posto de traballo polo que cobra un salario pagado polos veciños de Ordes; e ao mesmo tempo velar por preservar toda a documentación relacionada coa xestión desenvolvida durante as dúas últimas lexislaturas, e moi especialmente a derivada de todos os procedementos de contratación e adxudicación de obras e servizos.

UXO - Presentación da candidatura


Emoción, confianza e ilusión é o que transmitiron as máis de 2.000 persoas (estimacions da xerencia de Lp45) que acudiron na noite de onte á presentación oficial da candidatura de UXO para os comicios locais do 24 de maio, na discoteca LP45. Un acto no que o partido que leva gobernando en Ordes dende as últimas dúas lexislaturas presentou o seu equipo. Un nutrido grupo no que equilibradamente se mestura a experiencia e a veteranía na xestión municipal de moitos deles coa xuventude e a vontade de entrega á cidadanía doutros.

Sin dúbida trátase da presentación ofical deste tipo máis concurrida dos últimos anos, o que se interpretou por parte de moitas e moitos como unha manifestación de apoio á continuidade do proxecto emprendido por Manuel Regos dende hai oito anos.

A actual tenente de alcalde, Silvia Marín, foi encarga de abrir a noite cunhas emotivas palabras nas que non faltaron as alusións á importancia que teñen as políticas sociais e de igualdade de oportunidades. Pola súa banda, un emcionado Manuel Regos mostrou o seu agradecemento pola presenza de tantos e tantas veciñas e manifestou unha vez máis o seu compromiso cos empresarios, pequenas e medianas empresas, comerciantes e profesionais do sector agrogandeiro. Solicitou para o seu equipo a mesma confianza que él mesmo lle ten, e na que se repiten nomes na case totalidade dos primeiros postos da listaxe. 

Con todo houbo tempo para facer un repaso dos proxectos máis emblemáticos realizados nos últimos anos, e tamén para criticar á Xunta do PP polo seu revanchismo político, “ao negarlle a Ordes o que necesita e lle pertence para poder levar a cabo moitos dos seus proxectos”.
Tras unha hora aproximada de acto, no que se sucederon as interrupcións pola espontaneidade dos aplausos, todas e todos os membros da candidatura se dirixiron á Alameda de Ordes para proceder coa pegada de carteis electorais. Un momento no que novamente Manuel Regos estivo arroupado non só polos membros do seu equipo, senón por gran parte do público que minutos antes asistirá ao seu acto de presentación e que non se deixou doblegar pola chuvia que azotou pola noite na vila ordense
A lista de UXO para os comicios do vindeiro 24 de maio está integrada polos seguintes candidatos:

1. Manuel Regos Boquete
2. Silvia Marín Pereiro
3. José Ramón Vázquez Raña
4. Roberto Jesús González Santos
5. Lucía Iglesias Mirás
6. José Luís Gómez Candal
7. José Antonio González Lamas
8. Manuel Iglesias Vieites
9. Verónica Candal Noya.
10. María Salomé Barallobre Martelo
11. Leoncio Gómez Liñares
12. Jorge Ferreiro Regueira
13. Yolanda Rodríguez Docampo
14. Sandra del Río Pan
15. Lucía Pérez Martínez
16. Pedro Ferreiro Martín
17. Victoria Varela Landeira
Suplentes:
1. Francisco Viqueira Castro
2. María José Bello Gil
3. María Nieves Candal Raposo
4. Antonio Cao Gómez
5. Gonzalo Candal Sanjurjo
6. José Antonio Gómez Muíño
7. Anaís Liste Rodríguez
8. Damián Calvo Prado
9. Juan Carlos Mosquera García
10. Yaiza Gómez Liñares

PP Ordes - O goberno propon construir beirarruas ata a casa dun concelleiro

O Concello de Ordes propón construír beirrarrúas ata a casa dun concelleiro, mentres Regos nega obras esenciais aos veciños argumentando falta de cartos

· “Regos ignora as necesidades dos veciños, pero non ten reparo en destinar máis de 17.000 euros para que un dos seus concelleiros poda pasear sen enlamear os zapatos”, afirma Martínez Sanjurjo

O alcalde de Ordes propón construír beirrarúas ata a casa dun concelleiro de UXO con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal - POS 2015-, mentres nega a execución de equipamentos básicos aos veciños que llo reclaman argumentando que o Concello non ten cartos. Sirvan como exemplo na mesma parroquia de Ardemil, as carencias nos accesos á Hedra, As Raposeiras ou viais en Moscoso e Orellán.

O escaso mantemento brindado polo Concello de Ordes á rede viaria municipal durante as case dúas lexislaturas que Regos leva na Alcaldía de Ordes acelerou a deterioración dos equipamentos públicos ata o punto de que arranxar as principais deficiencias observadas requiría un investimento mínimo de 2,9 millons de euros, aos que aínda habería que engadir a partida económica necesaria para a mellora da estrada de Mercurín, segundo se desprende dun recente estudo efectuado por un enxeñeiro de camiños a partir das propostas presentadas polos distintos grupos políticos para ser incluídas no POS 2015.

Sen embargo, e malia a magnitude das carencias existentes, o alcalde de Ordes prefire seguir facendo gala do amiguismo que caracteriza a súa toma de decisións e opta por financiar con 17.226,18 euros a construcción de beirrarúas entre o Campo da Feira do Mesón do Vento e A Salgueira, para dotar deste equipamento a un dos concelleiros de UXO que conforman o seu equipo de Goberno. Curiosamente, o proxecto contempla a execución de beirrarúas só nunha marxe da estrada e previsiblemente fora das aliñacións oficiais, xusto a que dá servizo á vivenda en cuestión. Os populares ordenses si poderían considerar como admisible a execución do tramo mais próximo ao campo da feira do Mesón do Vento.

Para o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, este comportamento do alcalde resulta “inadmisible nunha corporación democrática, co agravante de que se suma a outros comportamentos similiares rexistrados en datas recentes”.

“Á vista dos propósitos do alcalde, moito terían que mudar as cousas para que o PP de Ordes apoie a totalidade da proposta do POS 2015 que se debaterá no Pleno deste xoves”, agrega Martínez Sanjurjo.

“Regos ignora as necesidades dos veciños, pero non ten reparo en destinar máis de 17.000 euros para que un dos seus concelleiros poda pasear sen enlamear os zapatos”, afirma Martínez Sanjurjo

BNG Ordes - Pleno de outubro

UXO E PSOE, PACTO A PROL DA CORRUPCION

Os votos en contra de UXO e PSOE impediron que se debatese a moción do BNG de Ordes onde se recollía entre outras medidas, a municipalización dos servizos de limpeza e mantemento de locais municipais, mantemento dos campos de fútbol e a vixilancia e conserxería dos colexios municipais e dos pavillóns polideportivos.

O obxectivo era poñer fin ás prácticas de “enchufismo de correlixionarios escudándose nas empresas concesionarias de servizos, como por exemplo a contratación do novo Conserxe do Colexio Campomaior, persoa moi vinculada no ámbito persoal tanto ao Alcalde como á Tte. Alcaldesa de Ordes, dados os estreitos lazos de amizade familiar. De feito súa nais tamén foi enchufada por Silvia Marín na Escola Infantil Municipal. Contratación pola que, xunto a dona do Concelleiro de Cultura, foi imputada na Operación Pokemon”

O apoio de PSOE a UxO, “ven motivado polo pacto de non agresión entre as dúas formacións, xa que o PSOE ten “colocados” a varios membros da súa formación en diversos postos de traballo municipais en troques do pacto de lexislatura encuberto que teñen Regos e Pedreira”

REORDENACION DA CIRCULACION NA RUA ROSALIA DE CASTRO

O BNG de Ordes presentou unha iniciativa para establecer na totalidade da rúa Rosalía de Castro un único sentido de circulación, dando solución á caótica situación actual, xa que soamente contaba cun único sentido de circulación no seu primeiro tramo ata o seu encontro coa Rúa Nova, e con dobre sentido de circulación no resto da rúa.

A iniciativa contou co apoio unánime do pleno, poñendo por fin solución aos problemas existentes debido á escasa anchura da rúa, que impedía un tráfico fluído e mesmo situacións de perigo nas interseccións da mesma coa Rúa Nova e a Rúa República Arxentina.

O BNG BUSCA SOLUCIONS PARA A ESTRADA DE MERCURIN E O TRANSITO DOS CAMIONS POLA VILA

Saíu aprobada a iniciativa do BNG de Ordes na que se propoñía convocar á Xunta de Galiza, á Deputación Provincial e a SOGAMA, a manter unha reunión no Concello de Ordes, xunto cos portavoces municipais, para elaborar entre todos un convenio para financiar a reparación e mantemento da estrada que enlaza Ordes-Cerceda por Mercurín. 

Na proposta tamén se solicitaba a cesión da titularidade dos tramos urbanos das vías que transcorren pola Rúa dos Lagartos, Prolongación da Rúa dos Lagartos e Rúa do Recreo (que actualmente pertencen á Xunta de Galiza e á Deputación de A Coruña), para así poder regular o tráfico nas mesmas e facilitar unha mellor prestación de servizos e mantemento.

PP Ordes - A nova subida do IBI foi apoiada so polo grupo do alcalde

O alcalde engana aos veciños para ocultar a súa responsabilidade, xa que a Deputación se limita a recadar un imposto exclusivamente municipal, a un tipo de gravame aprobado polo Pleno

BNG Ordes - o BNG acusa o PP e a UXO de cinismo e de "vir quentar a cadeira"


O BNG CRÍTICA A FARSA E O CINISMO DE UXO E PP, QUE PERMITEN QUE EN ORDES OS CONCELLEIROS COBREN POR “VIR QUENTAR A CADEIRA”
- Os nacionalistas propuxeron rebaixar os membros das comisións informativas a 1 concelleiro por grupo municipal, e destinar o aforro en dietas dos concelleiros a un fondo para compensar aos traballadores municipais pola perda da paga extra do Nadal, pero a proposta foi rexeitada por UxO e PP.

BNG Ordes - o goberno municipal e o PP retrasan o PXOM


O BNG ACUSA AO ALCALDE E AO PP DE RETRASAR DELIBERADAMENTE O PXOM
Castro tamén criticou que o goberno municipal non teña contestado ás suxestións dos veciños
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde de Ordes e ao goberno da Xunta de “retrasar deliberadamente e por intereses partidistas a tramitación do PXOM, como o demostra a ausencia de colaboración entre o goberno municipal e o goberno da Xunta na tramitación do PXOM de Ordes”
O portavoz dos nacionalistas puxo como exemplo desta falta de colaboración que “o goberno municipal acaba de remitir á Xunta un documento de PXOM incompleto e con deficiencias, de forma deliberada, xa que non se incluiron as modificacións incluidas nos últimos anos polas concentracións parcelarias de Ordes, para o que sería necesaria a colaboración institucional entre o goberno municipal e o goberno da Xunta, algo que non se produciu porque nin ao alcalde nin ao PP lles interesa acelerar a tramitación do PXOM, antepoñendo os seus intereses partidistas aos intereses dos veciños de Ordes”.