Comunicado de Ames Novo sobre a transparencia no concello

Ames, 25/08/2016 - Esta semana podíamos ler na prensa que o cumprimento da lei de Transparencia é desigual nos concellos galegos, so 29 dos 55 cunha poboación de máis de 10.000 habitantes teñen un Portal de Transparencia. Enseguida un dos concelleiros de goberno facíase eco da noticia e sinalaba nas redes sociais que estaba orgulloso de que fose Ames un dos concellos que cumpre esta lei na súa totalidade.

En relación a esto Ames Novo quere puntualizar os seguintes aspectos:

En canto ao Portal de Transparencia, se ben está en funcionamento pódese comprobar que non está actualizado. Así pois, a día de hoxe a declaración de bens do Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Javier García Guldrís aínda non se fixo pública neste portal. 

Por outro lado e non menos importante, non deixa de sorprender tamén que as axendas da alcaldía e dos concelleiros non fora actualizadas dende a última semana de xullo. Concretamente dos 9 membros do goberno tan so é publica a axenda de 5, non constando a axenda do concelleiros de Urbanismo, Sanidade e Servizos Sociais, Educación e Cultura e Mocidade e Transparencia.

Precisamente, a Concelleira de Transparencia, Silvia Dapena, non fai pública a súa axenda dende hai varios meses. De quen é polo tanto a responsabilidade de garantir a transparencia da que tanto presumen?

No seguinte enlace pódese comprobar como a día de hoxe as axendas seguen sen ser actualizadas.







Ningún comentario: