O Concello de Ordes convoca un novo
curso de manipulador de alimentos para o vindeiro martes
Terá lugar na Casa da Cultura e
constará nunha charla formativa de tres horas de duración e un examen tipo test
Ordes 20 abril 2012.
O Concello de Ordes ven de convocar un novo curso de
manipulador de alimentos para o vindeiro martes 24 de abril. O curso consistirá
nunha charla informativa de 3 horas presenciais nas que se abordarán aspectos
prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as
normas mínimas a seguir na industria alimentaria. Ó final da sesión, que terá
lugar na Casa da Cultura, farase unha proba tipo test para avaliar os
coñecementos adquiridos polos asistentes.
As persoas que queiran inscribirse deben
dirixirxe ó Concello de Ordes ou poñerse en contacto co persoal da axencia de
emprego e desenvolvemento local. Tamén poden acadar máis información ou
reservar a súa praza no teléfono 981 680 002. O prezo do curso ascende a 25
euros en total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario