Esta semana os traballos realízanse no campo de Agro Novo en Laro, e nas xornadas do 12 e 13 de setembro chegarán ata o campo de Mularedos, en Lamela.
En ámbolos dous casos realizaranse tarefas de picado do terreo de xogo e dotación de area para lograr unha mellor filtración do terreo. “Con estas actuacións cumprimos coas tarefas de mantemento nos dous campos de herba natural do municipio de Silleda.”, indica a concelleira de Deportes, Ana Luisa González que visitou hoxe o campo de Laro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario