Curso de formación en Vedra organizado pola asociación Berenguela

Vedra, 24/08/2016 - A Asociación Berenguela, de Vedra, está a organizar un curso orientado a mellorar a formación e incrementar así as opcións de inserción laboral de mulleres e homes do entorno.
Non só se trata dun curso de formación, senón que o que se pretende é traballar as capacidades e as habilidades de cada unha das persoas para así intentar mellorar a súa autoestima e a empregabilidade dende o punto de vista da importancia de manterse activas e activos. 

O curso porase en marcha a partires do mes de setembro, polo que pídese a todas as persoas interesadas se poñan en contacto coa asociación Berenguela ou no propio Concello de Vedra.

"Queremos dar un pasiño máis para mellorar as nosas opción de emprego, polo que ti podes formar parte deste proxecto, solo tes que querer! e ti ... Imaxina-ás!!"


CONTACTO NO TELÉFONO 981 814 691

Ningún comentario: