BNG ACUSA AO ALCALDE DE DESPILFARRAR
MÁIS DE 30.000 EUROS EN 3 MESES COA CONVOCATORIA MASIVA DE PLENOS E COMISIÓNS
- Gonzalo Castro informou de que o
alcalde de Ordes convocou, nos últimos 3 meses, 6 plenos 15 comisións
informativas, sen que a moitas desas reunións o goberno levase propostas.
- Castro afirmou que esta convocatoria desproporcionada de Plenios e
Comisións só obedece ao interese do goberno municipal por engordar as súas
dietas e por evitar que os veciños poidan asistir aos Plenos onde se adoptan
medidas impopulares.
Gonzalo Castro,
portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou ao alcalde, Manuel Regos de “despilfarrar máis de 30.000 euros en 3
meses coa convocatoria masiva de Plenos e Comisións Informativas da Corporación
Municipal, sen que a moitas desas reunións o goberno levase ningunha proposta”
O portavoz do BNG
de Ordes calificou esta situación de “auténtico
atraco aos veciños e veciñas de Ordes, como o demostra o feito de que en
Concellos da envergadura Santiago ou A Coruña se teñen celebrado a metade de
Plenos e Comisións que no Concello de Ordes ”.
Gonzalo Castro
salientou que “as únicas explicacións
para esta actitude do alcade son, por unha banda, o interese do goberno
municipal por engordar as súas dietas por asistencia a plenos e comisións e,
por outra banda, a intención do alcalde de ocultar as decisións impopulares aos
veciños de Ordes, convocando Plenos Extraordinarios pola mañá para evitar a
asistencia de público”.
Pleno Extraordinario de
Orzamentos e de ampliación da ORA
O portavoz nacionalista citou como “último exemplo desta intolerábel atitude do
alcalde, a convocatoria dun Pleno Extraordinario ás 10:00 da mañá deste venres,
para aprobar, tanto uns Orzamentos que incluen unha elevada subida das taxas e
impostos, como a ampliación da zona ORA a 5 rúas máis”.
Para Castro, “ademáis
do interese por engordar as dietas do goberno municipal, só existe unha
evidente intención por parte do alcalde, evitar que os veciños poidan asistir
ao Pleno cando se tratan medidas impopulares, xa que só hai una semana que se
celebrou un Pleno Ordinario, ás 20:00, onde o goberno podería ter levado estas
propostas”.
O portavoz nacionalista enfatizou que “este comportamento, desgrazadamente xa non
é novo, xa que hai dous meses o alcalde aprobou un crédito leonino que
hipotecará o futuro dos veciños de Ordes, convocando de forma sorpresiva e
urxente un Pleno para as 7:30 da mañá, algo absolutamente inaudito es en
parangón coñecido”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario