Ordes - abriuse a piscina municipal


A piscina municipal de Ordes abre as súas portas nunha xornada marcada polo bo tempo e as altas temperaturas


 O bo tempo e as altas temperaturas animaron onte a multitude de bañistas a desfrutar da piscina municipal de Ordes, no primeiro día que abría as súas portas. Esta mañá iniciáronse os cursos de natación, os cales están dirixidos a persoas de todas as idades e cuxo prazo de inscrición permanece aberto no departamento de Cultura e Deporte. A piscina municipal de Ordes conta cunhas renovadas instalacións nas que se ofrecen servizo de cafetería, terraza e unha ampla superficie de solarium. Pola súa banda os máis perquenos e pequenas contan cunha piscina de dimensións e profundidade máis reducida. Velando pola seguridade de todos os usuarios o Concello de Ordes ten contratados os servizos de varios socorristas cualificados tal e como especifica a normativa vixente.

Ningún comentario: