O goberno municipal levará
ao vindeiro pleno ordinario a ordenanza para regular a venda ambulante
-Estableceranse taxas polo uso privativo ou aproveitamento especial da
vía pública
-A alcaldesa, Paula Fernández, xa se reuniu cos responsables de polberías
e do colectivo e nos vindeiros días manterá encontros cos panadeiros,
froiteiros, peixeiros e outros colectivos habituais na venda ambulante
.
O goberno municipal ten previsto levar ao vindeiro pleno ordinario a aprobación
inicial da ordenanza de venda ambulante, coa que se pretende acometer a
necesaria regularización desta actividade no municipio. A alcaldesa e
responsable do departamento municipal de Facenda, Paula Fernández Pena, xa lle
presentou a proposta á directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de
Silleda (Ecos) e aos polbeiros e polbeiras do municipio.
A proposta da Alcaldía, que será abordada nos vindeiros días nunha xunta
de portavoces, estabrece, ademais da ordenanza para regular o comercio ambulante
unha taxa por uso e ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de
vendas, espectáculos, atracións ou recreo, así como rodaxes cinematográficas ou
actividades con fin cultural sen fin de lucro e gravacións con proveito
comercial ou publicitario.
A ordenanza estabrece tres modalidades de venda: mercadiños
tradicionais, comercio ambulante illado na vía pública e comercio itinerante.
Tamén se recolle que para exercer o comercio ambulante requerirase ter
previamente a autorización municipal conforme ao procedemento que se recolle na
nova normativa. Antes de iniciar a actividade deberanse devengar as taxas por
ocupación de vía pública. As autorizacións terán unha vixencia de tres anos, e
nos casos que se autorice a venda para festas populares, o permiso limitarase á
duración destas.
O titular do permiso (válido tamén para cónxuxes, fillos ou empregados
con contrato de traballo e dados de alta na Seguridade Social) deberá de
cumprir unha serie de requisitos, segundo a ordenanza. Así, ademais de estar ao
corrente no pago de impostos de actividades económicas, das cotizacións á
Seguridade Social, nas taxas municipais correspondentes, contar cun seguro de
responsabilidade civil con cobertura dos riscos de actividade comercial
desemnpañada, ter carné de manipulador de alimentos nos casos que corresponda,
estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes da Xunta de Galicia, ou
dispor, no caso de extranxeiros de permiso de residencia e traballo.
Procedemento
para as solicitudes
Haberá un modelo de solicitude, que pode presentarse en calquera
momento do ano unha vez que a ordenanza municipal entre en vigore estabrécese
un prazo de dous meses para resolver a solicitude. Entre os criterios a ter en
conta para conceder os permisos figuran a experiencia demostrada no exercicio
da profesión, a dispoñibilidade de instalacións desmontables axeitadas e
proporcionais á actividade ambulante, ter o carné de profesional da venda
ambulante expedido pola Xunta, distintivos de calidade, e tamén as dificultades para acceder ao
mercado laboral por parte do solicitante ou o número de persoas que dependen
económicamente do/a solicitante. Unha vez outorgado o permiso municipal, o
Concello poderá realizar comprobacións, controis e inspeccións sobre o
adxudicatario do permiso.
Taxas por
uso da vía pública
Ademais da ordenanza para regular a venda ambulante “algo que era moi
necesario neste concello”, sinala a alcaldesa, tamén se someterá a aprobación
unha normativa coa “Taxa por Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial
da Vía Pública con Postos, Barracas, Casetas de Vendas, Espectáculos,
Atraccións ou Recreo, Industrias nas rúas e Ambulantes, así como rodaxes
cinematográficas e eventos ou actividades con fin cultural, sen fin de lucro e
gravacións con proveito comercial ou publicitario”. Neste textos estabrécense
as tarifas, que serán:
-Para
os días de feira tradicional ,
estabrécese unha taxa única de 1 euro, por metro cadrado e día.
-Paras
os días de festa ou eventos especiais
os prezos serán:
Ocupación de ata 5
metros cadrados….8,20€ (tarifa única por día)
Ocupación de 5 a
8 metros
cadrados…….3,40 € por metro e día
Por ocupación de máis de 8 metros cadrados …5,44 € por metro e día
Non queda suxeito á taxa o vehículo usado para a actividade
comercial.
-Para a venta ambulante en
vehículos con carácter itinerante a tarifa será de 15 euros ao día, mentres
que no caso dos comercios itinerantes tradicionais, abonarase unha taxa única
anual de 100 euros.
Tamén se comezará a cobrar pola celebración de espectáculos públicos
ou rodaxes cinematográficas. As
ocupación por actividades de carácter cultural será de 0,30 euros por metro
cadrado e día, e nas que teñan carácter e proveito comercial ou cultural, de
0,60 euros ao día
A normativa municipal tamén estabrece unha serie de condicións
hixiénico sanitarias e en defensa dos consumidores, así como a limpeza de
residuos ou desperdicios , para a que os medios serán facilitados polo
Concello. Tamén recolle un réxime sancionador por infraccións tipificadas como
leves (incumprimento do horario autorizado, non exhibir prezos ao público ou
non limpar o posto unha vez rematada a xornada); graves (exercer a actividade
sen permiso municipal, instalar o posto nun lugar non autorizado, ou incumprir
as normas hixiénico-sanitarias entre outros) ou moi graves, con incumprimentos
reiterados resistencia, ou coaccións á autoridade municipal, funcionarios e
axentes.
As infraccións leves suporían unha
multa de ata 300 euros; de 300
a 1.000 euros as graves e moi graves, de 1.000 a 3.000 euros.
A
alcaldesa, Paula Fernández, reunirase nos vindeiros días con outros colectivos
relacionados coa venda ambulante, coa o caso dos panadeiros, froiteiros ou
peixeiros, para presentarlles a proposta e pulsar a súa opinión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario