Melide - o concello asina convenios culturáis por 99000 euros coa diputación

O Concello de Melide ven de asinar dous convenios culturais coa Deputación da Coruña por importe total de 99.374,52 

  • de dous convenios, un deles coa Asociación Cultural Música Sinfónica no Camiño de Santiago cun importe de 70.200 € baixo a denominación de “Concertos de Época” da Orquestra Sinfónica de Melide.
  • O segundo, asinouse co Centro de Estudos Melidenses -  Museo da Terra de Melide por un importe de 29.174.52  € baixo a denominación de “Programa de actividades culturais 2012”
  En relación co convenio relativo á Orquestra Sinfónica interpretaranse catro programas musicais que poderán ser escollidos previamente entre os Concellos asinantes. Trátase de programas de múltiples variedades musicais como é o caso de “Concerto Barroco”, “Concerto dos Solistas Galegos”, “Bandas Sonoras”, “Música Pop dos 80 coa Sinfónica de Melide”. No que respecta ao convenio do Museo da Terra de Melide trátase de financiar un proxecto sobre a posta en valor dos espazos naturais maila difusión do patrimonio histórico e monumental. O Concello de Melide é consciente da importancia do labor que o Museo de Melide desenvolve no espallamento e difusión da cultura da nosa terra, sendo o único museo comarcal de toda a provincia da Coruña que naceu coas aportacións entre outras do Concello de Melide. Coa sinatura destos dous convenios co organismo provincial a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, mostra o súa satisfacción ao seguir a traballar á prol da cultura e da música melidá, ao promocionar o labor de dúas asociacións que levan o nome de Melide aló onde chegan as súas verbas e as súas cancións. 

Ningún comentario: