Enmarcada nos actos conmemorativos de
celebración do centenario do nacemento do artista
‘Eugenio
Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956’, nova exposición no Auditorio de
Galicia
- A mostra inaugurase hoxe, mércores 4 ás 20.30 h coa presenza do alcalde da cidade, a comisaria, Pilar Corredoira; e Natalia Fernández, directora da Fundación Granell
- Nela poderemos ver, ata o 4 de novembro, obras da colección
privada do artista e documentos que forman a súa equipaxe vital, algúns
públicos por primeira vez
‘Eugenio Granell no paraíso
centroamericano 1940-1956’ é o nome da nova mostra do Auditorio de Galicia que
se inaugura mañá, mércores 4 de xullo ás 20.30h. A exposición, que permanecerá
aberta ata o 4 de novembro, enmárcase dentro dos actos conmemorativos que se
están a celebrar na cidade con motivo do centenario do nacemento de Eugenio
Fernández Granell. Será inaugurada polo alcalde da cidade, Ángel Currás; a
directora da Fundación Granell, Natalia Fernández Segarra; a comisaria da
mostra, Pilar Corredoira; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José
Víctor Carou.
Para o Auditorio de Galicia esta exposición é
recordatorio e homenaxe da mostra retrospectiva que no ano Xacobeo 1993 ocupou
a sala de exposicións do Auditorio, e que foi o xerme que conduciu, dous anos
despois, á creación da Fundación. É por isto que, cando a fundación expón a
exposición para este espazo considera oportuno que esta sede albergue, pola súa
relevancia, as obras máis significativas dos fondos e a obra da primeira etapa
do artista.
Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira,
comisaria desta mostra, que baixo o epígrafe Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940 – 1956 nos permite
coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico. Un
momento excepcional no que Granell establece amizade con importantes autores
surrealistas como Andre Bretón, Wifredo Lam, Roberto Matta etc.
Coa obra de estes amigos vai dando forma a unha
importante colección privada, que podemos ver xunto a documentos, cartas,
artigos en prensa ou en revistas especializadas etc, un universo que forma a
súa equipaxe vital xa que aló onde vai leva consigo todos estes documentos que
hoxe podemos ver no Auditorio de Galicia. Entre eles, documentos do seu arquivo
persoal algúns que se ensinan publicamente por primeira vez e que convidan á
investigación sobre Granell e o seu mundo.
Na mostra
hai obras e documentos de Eduardo Abela, Alberto, Miguel Alzamora, Víctor
Brauner, André Breton, José Caballero, Oscar Domínguez, Max Ernst, Esteban
Francés, Jose Gausachs, Simon Hantaï, Jacques Hérold, Juan Ismael, Wifredo Lam,
Ernesto Lothar, Conroy Maddox, Maruja Mallo, André Masson, R. Matta, Carlos
Mérida, Joan Miró, César Moro, Wolfgang Paalen, Benjamín Palencia, Manolo
Pascual, Francis Picabia, Antonio Rodríguez Luna, Antonio Saura, Vlady Serge, Saul
Steinberg, Toyen, e Max Walter Svanberg.
É precisamente na súa etapa centroamericana, comprendida
entre os anos 1940 e 1956, cando Eugenio Granell se interna con decisión nos
espazos do surrealismo e configura con determinación a súa personalidade creativa.
Así, a través da súa produción artística deste período, realizada en República Dominicana,
Guatemala e Porto Rico, revisitamos a esencia dun labor influenciado pola súa
fascinación polas illas: Granell pinta con intensidade, animado polas
extraordinarias experiencias visuais, o clima excesivo e as culturas ancestrais
do trópico. Son momentos brillantes, fecundos e fundamentais, que sinalarán o inicio
do seu traxecto como artista e a conversión ao surrealismo, cambiando radicalmente
a forma de ver o mundo.
Biografía de Granell
Eugenio Fernández Granell nace en A Coruña en 1912. A
súa infancia e adolescencia desenvólvese en Santiago onde estuda bacharelato e
música. En 1928 trasládase e Madrid onde competa os estudos de violín na Escola
Superior de Música de Madrid.
Desde moi novo participou en tertulias políticas e
literarias. Moi activo politicamente entra en 1935 no P.O.U.M.
(Partido Obrero de Unificación Marxista). Coa estalido da Guerra Civil, en
1936, incorpórase as milicias republicanas e dirixe o periódico “El combatiente
rojo” e participou activamente na contienda no frente de Cataluña.
En 1939 inicia o exilio.
Chega a París onde se reencontra co poeta surrealista francés Benjamín Péret e
o pintor cubano Wifredo Lam. Granell escribe e vai enriquecendo o seu mundo con
estas amistades. En Santo Domingo residiu entre 1940 a 1946, traballa como
primeiro violín da orquestra sinfónica e intégrase no ambiente cultural. Funda
e dirixe a revisa “La poesía sorprendida”, na que colaboran Juan Ramón Jiménez,
Jorge Guillén, Pedró Salinas e Lezama Lima. Son os anos nos que inicia amizade
con Andre Bretón o que o leva a comprometerse co surrealismo.
En 1946 Granell e a súa
familia trasládanse a Guatemala. En 1947 a exposición Le Surréalisme na galería Maeght de París, organizada por André
Breton e Marcel Duchamp intégrano activamente no movemento surrealista. A
familia trasládase e Porto Rico onde ocupará a cátedra de Historia da Arte na
Facultade de Humanidades. Crea con estudantes o grupo “El Mirador”, algúns
contribuíron a formación da arte portorriqueña actual.
Da etapa caribeña pasa a un
longa estancia de profesor universitario e madurez artística en Nova York e no
ano 1985 instálase definitivamente en España e recibe numerosos premios e
recoñecementos.
En 1995 establécese en
Santiago a Fundación Eugenio Granell para albergar a súa obra e tamén as súas
importantes coleccións surrealistas e étnica, e a partir de 1997 as obras doadas
polo surrealista Philip West.
Mostras en seis institucións da cidade
Con motivo da celebración do centenario do nacemento
de Eugenio Granell a Fundación Granell achéganos a importancia do legado deste
imprescindible artista surrealista propoñendo un percorrido por diferentes sedes da nosa cidade. Así xa podemos visitar
as exposicións adicadas ao artista na Cidade da cultura, no Museo do Pobo
Galego e na Fundación Granell en Bendaña. E aberta a do Auditorio, quedan
pendentes dúas novas citas en Novacaixagalicia e no CGAC. Un tecido graneliano
no que todos poderemos gozar non so da súa obra, senón tamén de obras da súa
colección, libros, cartas, obxectos etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario