Esta
semana comezou o curso de iniciación ao piragüismo con 18
participantes
O
prazo de inscrición mantense aberto durante este mes de xullo
ata
que se complete a totalidade das prazas ofertadas.
O piragüismo e o kayak de río en augas
tranquilas son deportes que están en auxe e que cada vez teñen
máis
adeptos. Precisamente por este motivo, dende o día 2 de xullo
estase
realizando un curso de iniciación ao piragüismo na praia fluvial
de
Tapia, que está dirixido á mocidade amiense.
Neste curso que se
desenvolverá durante os meses de xullo e agosto participan un
total
de 18 rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Esta actividade,
que se
desenvolve os luns, mércores e venres, está impartida polo Club
de
Piragüismo Ribeiras do Tambre e a Concellaría de Deportes.
Ademais,
conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Coa
chegada do verán organízanse diferentes actividades acuáticas.
Un
claro exemplo disto é o curso de iniciación ao piragüismo que se
desenvolve durante os meses de xullo e agosto na praia fluvial
de
Tapia, nunhas instalacións inmellorables para a práctica deste
deporte. Estas actividades serán impartidas polo Club de
Piragüismo
Ribeiras do Tambre e contan coa colaboración do Concello de
Ames.
Nestes primeiros días, os nenos e nenas amienses dedícanse
a aprender as bases sobre as que se sustenta este deporte e, a
súa
vez, adquiren as primeiras habilidades no dominio da pa fóra e
dentro da auga. Antes de subiren na embarcación, os rapaces e
rapazas dedican uns minutos a quecer practicando coa pa fóra do
río
Tambre. A continuación soben nas piraguas para seguir coas
leccións.
Unha das primeiras cousas que aprenderon foi o que hai que facer
en
caso de caer da embarcación. A través deste curso trátase de
ofrecer unha pequena achega ao piragüismo, unha disciplina que
cada
vez adquire maior presenza e potencial como actividade
deportiva.
Neste
curso están inscritas un total de 18 rapaces e rapazas que teñen
entre 8 e 14 anos. As clases realizaranse, con independencia do
estado meteorolóxico, os luns, mércores e venres, en horario de
16:30 h. a 18:00 horas. Todos os rapaces e rapazas que desexen
participar neste curso aínda están a tempo de facelo. O prazo de
inscrición mantense aberto durante este mes de xullo ata que se
complete a totalidade das prazas ofertadas. O prazo de
inscrición
non ten límite de data, polo que os rapaces e rapazas
interesados
poderán apuntarse ata completar as prazas. O prezo desta
actividade
é de 30 euros.
As inscricións, poderán realizarse na Casa
da Cultura do Milladoiro e na Oficina de Cultura e Deportes de
Bertamiráns (Pazo da Peregrina) das 9:00 h. ás 14:00 horas.
Cómpre
salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de
inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario