O
alcalde
de Ames amosa a súa “inmensa satisfacción” pola recuperación
do Códice Calixtino
O
rexedor achegouse ao Milladoiro nada máis coñecer a noticia de
que
fora achado o Códice Calixtino nun inmoble desta localidade
amiense.
Santiago Amor púxose a disposición das forzas e corpos de
seguridade en todo aquelo que fose necesario.
Santiago
Amor amosou a súa “inmensa satisfacción” polos pasos dados para
a resolución da sustración do Códice Calixtino e recalcou que “a
de hoxe é unha excelente noticia para Santiago, Ames e toda
Galicia,
xa que se trata da recuperación dunha peza de incalculable valor
patrimonial”.
O
rexedor destacou “o traballo desenvolvido polos investigadores,
que
co seu esforzo conseguiron botar luz sobre este caso”, e optou
por
deixar traballar ás forzas e corpos de seguridade que continúan
coa
investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario