O
BNG VOTARÁ EN CONTRA DOS ORZAMENTOS PORQUE NON EXISTE NINGUNHA MEDIDA PARA A
REACTIVACIÓN ECONÓMICA E A CREACIÓN DE EMPREGO
-
Gonzalo
Castro, manifestou que “mentres se aumentan os gastos correntes e protocolarios
en 2,5 millóns de euros, non se destina nin nun euro dos 13 millóns do
Orzamento a investimentos para promoción económica e a creación de emprego”.
-
Os
nacionalistas defenden a inclusión de investimentos para a creación dun viveiro
de empresas e o impulso e promoción da praza de abastos.
-
Castro
criticou a brutal suba de taxas e impostos municipais e a falta de talante e
diálogo do alcalde.
Gonzalo
Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou que os nacionalistas votarán en contra dos Orzamentos Municipais
que serán debatidos este venres polo Pleno de Ordes.
O
portavoz do BNG de Ordes manifestou que “a
principal razón do voto negativo do BNG aos Orzamentos Municipais son a
inexistencia de medidas e investimentos para reactivar económicamente o
concello e intentar crear emprego”.
Gonzalo Castro afirmou que
“o alcalde esquécese totalmente da situación crítica que están a vivir os
principais sectores económicos do noso Concello e non contemnpla nin un euro
dos 13 millóns do Orzamento para apoialos”.
O portavoz do BNG afirnmou
que “propostas reiteradas polo BNG, como a creación dun viveiro de empresas ou
o impulso e promoción da praza de abastos, non están presentes no Orzamento
presentado polo goberno municipal, cando poderían ser moi útiles para fomentar
creación de emprego, reactivando sectores económicos moi importantes como o
comercial e o agrogandeiro”
Castro salientou que “o
alcalde esquece nos Orzamentos os investimentos para paliar o drama do
desemprego, que xa afecta a máis de 1.200 ordenses, mentres aumenta os gastos
correntes e protocolarios en máis de 2,5 millós de euros” .
Aumento
de taxas e impostos e ausencia de talante democrático do alcalde
Gonzalo
Castro criticou a “brutal suba de taxa e impostos que prevén estes
Orzamentos e que afogarán as economías das familias ordenses, chegando nalgúns
casos a multiplicar por dous a súa contía actual”.
Finalmente,
o portavoz nacionalista criticou a actitude do alcalde, ao que acusou de “ausencia
de talante democrático, ao negarse a dialogar para chegar a acordos que
permitisen que Ordes tivese uns Orzamentos pensados para resolver os problemas
dos veciños e non en función dos intereses do alcalde e da súa rede
clientelar”.
Sen outro particular, atentamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario