O
Goberno de Ames avanza na tramitación do solo para implantar
unha
dotación escolar no Milladoiro
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á aprobación
provisional do plan especial de dotacións e infraestruturas
para a posta a disposición de terreos nos que implantar unha
dotación escolar no Milladoiro.
Con este
importante paso, o Goberno de Ames avanza na tramitación do
solo
para poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela de
20.690
metros cadrados coa que poder dotar ao Milladoiro dun novo
CEIP que
permitiría desconxestionar os centros educativos da zona.
Deste xeito, dase cumprimento ao compromiso do grupo de
Goberno de dar os pasos necesarios para a futura implantación
dun novo CEIP no Milladoiro.
Este
plan foi aprobado inicialmente no mes de xaneiro de 2012 e posto
a
exposición pública, un período no que non se produciron
alegacións
nin se introduciron modificacións substanciais. Polo tanto, o
seguinte paso era a aprobación provisional do plan, que se levou
a
cabo hoxe. Seguidamente, unha copia do expediente completo será
remitida á Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia,
que ten un prazo de tres
meses para ditaminar. Esta é a segunda modificación do plan
xeral
levada a cabo polo Goberno de Ames tras moitos anos sen que se
realizase ningunha.
A
parcela está situada na Rúa Nova, na estrada que vai do
Milladoiro
a Ventín. En total, conta con 20.690 metros cadrados de solo
rústico apto para urbanizar. O emprazamento está situado a
escasos
120 metros do núcleo urbano e conta con accesos en distintas
direccións. Na parcela destinaranse 17.632 metros cadrados
para uso
dotacional e 3.050 metros cadrados de superficie de ampliación
do
viario existente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario