Ordes - novo punto de reciclaxe de cartuchos e toners


Ordes xa dispón dun novo punto de recollida selectiva de cartuchos e tóners para o seu correcto tratamento  
Está situado no primeiro andar do Concello e  calquera veciño e veciña pode facer uso del de xeito totalmente gratuito

O Concello de Ordes ven de continuar coa súa política mediamabiental instalando un novo punto de recollida. Trátase dun contedor, situado no primeiro andar do Condello, onde todos os que queiran poderán depositar os cartuchos e tóners das impresoras para o seu tratamento e reciclaxe totalmente de balde.

     Deste xeito aténdese a un dos compoñentes informáticos máis contaminantes, xa que conteñen sustancias tóxicas e perigosas altamente contaminantes e perxudiciais. Cabe ter en conta que para a fabricación das carcasas de plástico precísase petróleo en  bruto. Para a desintegración natural de cada un deles son necesarios máis de 1.000 anos, polo que é esencial xestionar este residuo de maneira axeitada e así evitar o seu vertido incontrolado. A reciclaxe destes cartuchos contribúe á reducción de emisións directas de CO2 á atmosfera e evita a utlilización innecesaria de materias primas, así coma de auga e enerxía.

Ningún comentario: