O Concello de Ames acolle este ano a tres nenos saharauís
O Concello de Ames colabora un ano
máis co
programa Vacacións en Paz que leva a cabo a Asociación
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, onde as familias do
concello
poden acoller durante os meses do verán a nenos e nenas
saharauís
que viven nunha situación complexa nos campamentos de
refuxiados de
Tindouf en Alxeria.
Este ano, a colaboración do Concello de
Ames
permitiu que tres rapaces poidan pasar un verán diferente en
terras
galegas. Estes nenos xa se atopan coas súas familias de verán
para
pasar unhas vacacións tranquilas e divertidas.
Un ano
máis,
o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz,
levado a
cabo pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Este
programa responde a un marco de solidariedade e axuda
desinteresada
para ofrecerlles unha estancia agradable e rica aos nenos
saharauís
e para que coñezan outros xeitos de vida que contribúan á súa
formación, pero tamén para potenciar a comunicación e
entendemento
entre dous pobos, como son o español e o saharauí.
O
Concello
de Ames asinou de novo este ano un convenio coa asociación
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí a través do cal durante
os
meses de xullo e agosto viñeron ao concello tres nenos
saharauís.
Dúas familias de acollida repiten a experiencia e para outra
das
familias será a primeira vez que reciban un neno saharauí.
Bachir e
Hafdala son dous dos nenos que estarán durante este verán coas
súas
familias amienses. Esta semana estes nenos pasaron polas
instalacións
de Ames Radio para achegarnos un pouco máis a súas
experiencias
persoais coa súa familia adoptiva.
Hafdala,
un
dos nenos saharauís de acollida, visitou por terceiro ano
consecutivo as instalacións de Radio Ames, para deixar
constancia
das súas experiencias. Hafdala pertence a unha familia de 8
irmáns,
dos que case todos, agás as tres irmáns bastante máis maiores,
viñeron a España e falan español (e teñen clases deste idioma
todas as tardes do curso lectivo).
Estes
nenos
e nenas naceron nos campamentos de refuxiados saharauís que
existen
desde hai máis de 33 anos na zona da Hamada alxeriana en
Tindouf.
Son fillos dos saharauís que abandonaron de xeito forzoso os
seus
fogares instalados no territorio do antigo Sáhara español en
1975,
e sobreviven hoxe en día grazas á axuda internacional.
Soportan
temperaturas que superan os 50ºC durante o verán (este ano
aínda
está sendo máis caloroso) e sofren diversos déficits
alimentarios
e de asistencia médica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario