Santiago - o 1 de setembro o circo Nacional de Pequín no auditorio


Presentan o espectáculo ‘O soño dunha viaxe a Oriente’ 
Cambio de data do Circo Acrobático Nacional de Pequín no Auditorio de Galicia
  • Será finalmente o 1 de setembro, e non o 22 como se anunciou inicialmente, por cuestións de axuste de datas da xira española.
  • As entradas xa mercadas son válidas para a nova data pero aqueles que desexen devolvela poden facelo no punto de venta no que a adquiriran
O Circo Acrobático Nacional de Pequín que tiña previsto presentar o seu espectáculo ``O soño dunha viaxe a Oriente” en Santiago de Compostela o 22 de setembro, vese obrigado a cambiar a data para o día 1 de setembro por razóns alleas ao Concello de Santiago e á empresa organizadora (Art Music Agency). O motivo é unha reestruturación na axenda da compañía, tendo que finalizar a xira en España o 2 de setembro en lugar de 23 de setembro como estaba previsto.

As entradas que xa fosen adquiridas son válidas para a nova data. De todos xeitos, as persoas que ante o cambio de data desexen devolver a súa entrada, poderán facelo no punto de venda no que a adquiriron.

Ambas as funcións manteñen o mesmo horario e recinto previsto, que será o Auditorio de Galicia tendo lugar o primeiro pase ás 18:00 horas e o segundo ás 21:00horas. As entradas seguen á venda a través de www.novagaliciabanco.es e no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela (aberto de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado), cun prezo de 20€ e 10€ para menores de 12 anos.

Queda aberta a seguinte dirección de email: info@artmusicagency.es para calquera dúbida ou consulta que poida existir para a devolución de entradas.

Ningún comentario: