Santiago - axenda sábado 7 e actuacións policía local


Sábado 7

11.00 h
No Cersia, a concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, asiste ao acto de entrega do premio á mellor empresa galega organizado pola Asociación de Executivas de Galicia.

16.00 h
En Riveira (Club Náutico), o concelleiro Luis García Bello asiste ao XXVIII remonte marítimo fluvial organizado pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa. Ás 16.30, saída do peirao de Riveira e chegada a Padrón ás 19.00 h.


19.00 h
Via Stellae
No CGAC, concerto de Paulo p., gaita, e Berta Fresco, piano, baixo o nome de 'A gaita contemporánea, un paso máis' dentro do Vía Stellae 20/21.

22.00 h
Via Stellae
No Teatro Principal, 'Theyories, jazz con sabor checo', concerto de Dan Bartá & Robert Balzar Trío dentro do Via Stellae.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA  LOCAL
(Dende as 8:00 h do día 5 xullo ata as 8:00 h. do día 6 de xullo)

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CATRO accidentes na cidade:

- Ás 11.30 horas, na vía Edison, entre catro vehículos, con resultado de danos materiais.
- Ás 14.40 horas, na Praza de Vigo, consistente nun atropelo a un peón que resulta ferido leve.
- Ás 15.52 horas, na rúa Volta do Castro, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 19.50 horas, na Avenida de Antón Fraguas, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.

OUTRAS INTERVENCIÓNS

- Ás 9.30 horas, detéctase un derramamento de lodo na glorieta da rúa Polonia no polígono de Costa Vella. Avísase aos bombeiros para limpar a calzada.

Ningún comentario: