PSOE Ordes - o PSOE apoia os orzamentos do concello por responsabilidade



XESÚS PEDREIRA DEFENDE A RESPONSABILIDADE DO PSOE DE ORDES AO APOIAR UNS ORZAMENTOS “QUE INCLÚEN GRAN PARTE DAS NOSAS APORTACIÓNS A PESAR DE ESTAR BAIXO A LUPA DO GOBERNO”

Os socialistas considera que “outros grupos municipais non teñen a mesma actitude responsable de mirar polo benestar dos veciños e veciñas de Ordes”
 
 O voceiro municipal socialista de Ordes, Xesús Pedreira, confirmou na sesión plenaria celebrada esta mañá o seu apoio aos orzamentos municipais do Concello de Ordes para 2012, que foron aprobados cos votos a favor de UXO e PSOE, os votos en contra do BNG e as ausencias de PP e Cidega. Pedreira Mirás defendeu o sentido do seu voto afirmando que “responde á responsabilidade dos socialistas cos veciños de Ordes, xa que o Grupo de Goberno aceptou gran parte nas nosas aportacións aos orzamentos a pesar de que o Concello de Ordes está baixo a lupa, ou case que en liberdade vixiada por parte do Goberno dende que se aprobou o Plan de Axuste”.

Xesús Pedreira considera que “os socialistas somos responsables e consecuentes, non como outros grupos municipais non teñen a mesma actitude responsable de mirar polo benestar dos veciños e veciñas de Ordes”. Así, lembra que “grazas ás nosas negociacións, os orzamentos de 2012 inclúen incrementos nas partidas destinadas a educación, benestar social, emprego e medio ambiente”.

Así, os orzamentos recollen as propostas dos socialistas de Ordes para incrementar nn 6,4% a partida destinada a educación; un 11,8% nas partidas destinadas a emprego e servizos sociais; e 100.000 euros máis para obras relacionadas coa mellora do medio ambiente (ceración de pozos no rural, recuperar fontes e lavadorios ou limpeza de ríos). Ademais, tamén se aceptaron reducir en preto dun 50% a cifra destinada a festexos e destinar as rebaixas efectivas das aportacións ás entidades deportivas sexan destinadas a rematar as pistas polideportivas de Ordes e mesmo á creación dunha cancha de tenis. Xesús Pedreira amosa a súa confianza en que “todo o que negociamos para mellorar a calidade de vida dos veciños de Ordes saia adiante”

Resto da orde do día

Por outra banda, os socialistas amosaron a súa oposición á proposta de incrementar as zonas de ORA en Ordes, proposta que finalmente quedou enriba da mesa. Ademais, apoiaron as ordenanzas fiscais “xa que o incremento non é superior ao IPC e se contemplou que en casos especiais se podería facer unha discriminación positiva”, sinala Xesús Pedreira. Finalmente, os socialistas abstivéronse na cuestión da praza, agardando que se poida chegar a un acordo final, e apoiaron a cesión na Deputación do cobro dos vados.

ial[ � < p ��v 0Is ES" style="line-height: 24px; ">Para o portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, “esta medida é absolutamente desproporcionada e inxusta e só obedece a un afán recadatorio do alcalde, que pretende facer recaer sobre os veciños o resultado da súa nefasta xestión económica”.
Castro lembrou que “con esta proposta de ampliación da zona ORA, non quedaría prácticamente ningunha rúa do centro de Ordes sen estar afectada pola ORA”.
Finalmente, o alcalde decidiu retirar a proposta deste punto da orde do día ao manifestar, ao manifestar Gonzalo Castro que “en calquera caso a modificación desta ordenanza non entraría en vigor até o 1 de xaneiro e cremos que o mellor é dialogar cos veciños para que opinen se queren ou non algunha ampliación do espazo destinado na actualidade á ORA”.
Rescisión de contratos da praza de abastos
O BNG instou ao goberno a falar cos titulares dos postos da praza de abastos para buscar unha solución á súa situación, dándolle garantías de continuidade na nova adjudicación de concesións, pero o goberno opuxose e aprobou a rescisión destas concesións.
Delegación cobro dos vados
O BNG opuxose á delegación da recadación dos vados municipais á Deputación, xa que, segundo o portavoz do BNG “deben reducirse as competencias das Deputacións até chegar á efectiva desaparición destes organismos innecesarios”
Ausencia de Cidega e PP
Gonzalo Castro considerou “unha falta de responsabilidade e respecto aos veciños, tanto a ausencia de Cidega durante todo o Pleno, como a desaparición do PP durante a votación dos Orzamentos e durante o debate e votación da suba das taxas e impostos municipais”.
Con respecto á ausencia do PP no debate da suba das taxas e impostos municipais, Gonzalo Castro manifestou que “quen cala otorga, e está claro que o Partido Popular ausentouse do debate sobre a suba das taxas e impostos nun burdo intento de ocultar o evidente, que estaba a favor das mesmas, como o estivo o ano pasado, cando se aprobou unha suba semellante das taxas e impostos”.

Ningún comentario: