Esquerda Unida Santiago - valoración pleno 5 xullo


VALORACIÓN DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 5 DE XULLO DE 2012
O representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez,
acudiu ó Pleno extraordinario onde se aprobou a ampliación dos prazos de devolución das
liquidacións do PIE (participación nos ingresos do Estado).

Este Pleno extraordinario, simple burocratización legal do PP para normalizar legalmente
recortes, plans de axuste e outras barbaridades neoliberais, serviu para que a hipoteca da
estabilidade orzamentaria pase, neste caso, de cinco a dez anos.
En primeiro lugar dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reiteramos, unha vez máis, o noso total desacordo con plan de axuste que o PP aprobou que non é mais que suba de impostos a cidadanía e recortes no persoal do Concello.
No tocante á medida aprobada hoxe queremos remarcar o noso posicionamento totalmente en contra, pois, ademais de quedar supeditado o Concello a calquera imposición neoliberal que o ministerio de Facenda e Administracións Públicas decida, supón unha hipoteca máis, e xa van unhas cantas, para futuras corporacións municipais, pois supón aumentar os prazos de
devolución de 5 a 10 anos da liquidación da participación nos ingresos do Estado.
Por todos isto dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reiteramos, unha vez máis, a necesidade de mudar as políticas neoliberais causantes desta crise, e potenciar as medidas necesarias para abandonar este sistema económico depredador de recursos humanos e naturais.

Ningún comentario: