Un total de 353 nenos e nenas participan nas actividades da Escola de verán
En
Bertamiráns participan 163 nenos e nenas e no Milladoiro
acoden a
este servizo uns 190 rapaces e rapazas.
Esta
edición desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en
Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto
festivos, en
horario de 7:30 a 16:00 horas.
Os
rapaces e rapazas asisten por quincenas (1ª quincena de
xullo, 2ª
quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de
agosto),
un mes (xullo ou agosto) ou os dous meses (xullo e agosto).
As
actividades que se desenvolven xiran ao redor dunha temática
única,
tanto para os nenos e nenas de Bertamiráns coma para os do
Milladoiro, que será Unha viaxe a través da historia.
O Concello de Ames puxo en marcha un
ano máis
a Escola de verán, un xeito lúdico e educativo de pasar as
vacacións. Este servizo permite a conciliación da vida
familiar e
laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de
infantil e educación primaria. Esta edición desenvolverase
durante
os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de
luns a
venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas. Os
rapaces e rapazas asisten por quincenas (1ª quincena de xullo,
2ª
quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de
agosto),
un mes (xullo ou agosto) ou os dous meses (xullo e agosto). En
Bertamiráns participan 163 nenos e nenas e no Milladoiro
acoden a
este servizo uns 190 rapaces e rapazas.
Un
xeito diferente de pasar o verán. Ese é o obxectivo deste
servizo
que pretende ser unha alternativa para que os cativos pasen
as súas
vacacións dun xeito divertido e educativo. Ademais
permítelles ás
nais e aos pais conciliar a vida laboral e familiar. A
Escola de
verán está dirixida aos nenos e nenas que cursaron segundo
ciclo de
infantil e educación primaria. O servizo desenvólvese nos
meses de
xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a
venres,
excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas.
Trátase
de facer unha oferta lúdico-educativa para que os 353
rapaces e
rapazas que participan neste programa pasen un verán
diferente cos
seus compañeiros e na súa contorna á vez que aprenden
conceptos
fundamentais para a súa educación. As actividades que se
desenvolven xiran ao redor dunha temática única, tanto para
os
nenos e nenas de Bertamiráns coma para os do Milladoiro, que
será
Unha viaxe a través da historia.
As
actividades abórdanse
con material
específico para as idades dos rapaces participantes e van
acompañadas de exemplos gráficos, obradoiros e visitas
didácticas
que fan este programa moito máis atractivo.
En Bertamiráns
están inscritos un total de 163 nenos e nenas de entre 3 a
11 anos.
As actividades nesta localidade desenvolveranse no CEIP A
Maía, onde
tamén se ofrecen os servizos de almorzo e xantar. Mentres
que no Milladoiro
participan 190
nenos e nenas, que cursaron educación infantil e educación
primaria. Nesta localidade as actividades desenvólvense en
dous
espazos diferentes. Na escola infantil do Milladoiro estarán
os
rapaces e rapazas de segundo ciclo de educación infantil e
no
pavillón estarán os nenos e nenas que cursaron educación
primaria.
O servizo de comedor ofrecerase na EEI Milladoiro.
Unha
viaxe a través da historia
As
actividades que se desenvolverán en Bertamiráns e no
Milladoiro
xirarán arredor da historia. Cada semana centraranse nun
determinado
tema, pero que sempre estará relacionado coa temática
central: Unha
viaxe a través da historia.
Durante
esta semana elixiuse como tema a prehistoria. Deste xeito,
os
nenos/as elaborarán un mural e construirán diferentes
ferramentas
que se empregaban na prehistoria. Para a próxima semana as
actividades centraranse na Idade Antiga e o primeiro país co
que se
traballará será Exipto. Entre outras actividades, os rapaces
e
rapazas construirán unha pirámide.

Ningún comentario:
Publicar un comentario