Ordes - o alcalde lembralle o PP que el acadou o convenio para o vial de Buscás


Regos corrixe ó PP e lémbralles que foi él o responsable de acadar un convenio para arranxar o vial que une Mesón do Vento coa parroquia de Buscás
Tras un largo proceso o alcalde asinou o pasado mércores o acordo. O Concello mantén operativo o seu Plan de bacheado de viais con orzamento municipal

 O Concello de Ordes tilda de ‘manipulación informativa’ as declaracións feitas polo PP nas que se acusa ó actual equipo de Goberno de sumir no abandono ás pistas e tramos circulatorios de titularidade municipal. Unhas falsas acusacións verquidas con motivo da recente aprobación dunha subvención de 105.000 euros destinada ao arranxo do vial que une Mesón do Vento coa estrada de Buscás.


     “O noso compromiso co mantemento das infraestructuras e dos viais deste Concello tennos levados incluso a investir e facer arranxos en tramos que non son da nosa competencia, como por exemplo os da estrada que une Ordes con Cerceda”, manifesta o alcalde de Ordes Manuel Regos. Precisamente o alcalde foi o encargado de asinar o pasado mércores o convenio que fará posible, grazas a fondos europeos, o investimento citado no tramo Mesón do Venton – Buscás. “Todo elo despois de moito tempo de reclamacións, solicitudes, demandas e negociacións emprendidas por este equipo de Goberno”, manifesta o edil ordense. Actualmente o Concello de Ordes mantén operativo o seu propio Plan de bacheado co que se persegue dar solución a cuestións de mantemento e mellora do firme. “Un plan que se sufraga or orzamento municipal e que é máis necesario ca nunca, xa que a actual crise económica provoca que en moitos casos organismos e administracións demoren o seu investimento neste tipo de obras”, explica o alcalde. Dende a Alcaldía tamén lamentan e opóñense ó comportamento de partidos como o PP , “sempre pendentes de empregar calquer asunto, incluso aqueles que resulten beneficiosos para o pobo de Ordes como a sinatura deste convenio, para facer unha crítica política negativa que en nada favorece ó noso Concello e a súa imaxe”, manifesta Regos. 

     O compromiso de Regos e o seu equipo en materia de melloras das redes de comunicación do Concello ten o seu máximo expoñenente na recentemente inaugurada Rolda Leste. Un tramo que ven a permitir o tránsito fluido de circulación polo centro da vila grazas á posibilidade que ofrece de poder desviar os camións e tráfico pesado da N 550. “Tendo en conta o inxente esforzo feito polo Concello en investimentos coma este resulta canto máis sorprendente que aínda se atrevan a falar de deixadez pola nosa parte neste tipo de materias”, manifesta Regos. En relación ás mocións presentadas polos demais partidos en diversos plenos Manuel Regos quere lembrar que “a actitude do Goberno sempre foi a de votar a favor daquelas decisións e  posturas que repercutiran en beneficio da seguridade, comodidade e desenvolvemento económico dos veciños e veciñas, tanto de Buscás como de calquera outra parroquia”. 

Ningún comentario: