O Concello de Ordes aproba uns
orzamentos para 2012 “reais, axustados, austeros e equilibrados onde se
prioriza a acción social, a cultura, a educación e o deporte”
Cifrados en 13,5 millóns de euros o equipo
de Goberno contou co apoio dos socialistas.
No pleno tamén se aprobou o incremento das ordenanzas fiscais
O Concello de
Ordes aprobou esta mañá os orzamentos do
2012 cifrados nun total de 13,5 millóns de euros. “Estamos ante uns presupostos
“reais, axustados, austeros e equilibrados que atenden ás necesidades dos
veciños e veciñas e que se adecúan ó que precisa Ordes” según argumentou a
voceira do Goberno Silvia Marín, que situou o gasto en algo máis de 12.700.000
euros e os ingresos por riba dos 3.500.000 euros.
A tenente
alcalde tamén destacou o incremento do 11,08% en políticas sociais e fomento do
emprego, así como o mantemento dos servizos de cara ós sectores máis
desfavorecidos. “Disminuimos en festexos e eventos e priorizamos a acción
social, a cultura, a educación e o deporte”, concluíu Marín, quen sinalou o
descenso de ingresos nas arcas municipais por parte doutras administraciòns en
case un 90% “o que non fai posible un maior investimento noutras partidas”. Marín
asegurou que son uns orzamentos que se axustan ó plen de austeridade que
aprobou o Concello recentemente e lembrou unha vez máis os beneficios dun pacto
local que recoñecera e financiase aquelas labores asumidas polo Concello que
non son da súa competencia.
Pola súa
banda o PP tildou de “felonía democrática” a actitude do alcalde por facer unha
convocatoria extraordinaria nun momento no que acaba de dimitir un dos seus
concelleiros. Dende a bancada dos populares tamén se criticou “a falta de
contención no gasto e a inclusión no balance de 2,8 millóns de euros para o
arranxo da estrada que une Ordes con Cerceda. Un punto que tamén foi moi
criticado polo BNG, xunto co so gasto corrente asumido polo municipio, porque
según eles “está claro que esta obra non se vai a executar por parte da Xunta”.
Novamente Marín foi a encargada de respostar a estas acusacións indicando que
“tanto esta obra como a do saneamento da Espinica están incluidas e seguirán
estando ata que non se leven a cabo porque están comprometidas e asinadas pola
Xunta”.
Pedreira Mirás defendeu o sentido a favor do seu voto
afirmando que “responde á responsabilidade dos socialistas cos veciños de
Ordes, xa que o Grupo de Goberno aceptou as súas propostas para incrementar nun
6,4% a partida destinada a educación sobre todo á escola infantil para non
gravar económicamente ás familias debido á falta de subvencións por parte da
Consellería de Educación; e 100.000 euros máis para obras relacionadas coa
mellora do medio ambiente (creación de pozos no rural, recuperar fontes e
lavadorios ou limpeza de ríos); un 11,8% nas partidas destinadas a emprego e
benestar social de cara ós máis necesitados. Neste punto Pedreira recomendou ós
partidos máis críticos que analizasen
pormenorizadamente as contas para poder comprobar o incremento e esforzo
realizado neste eido. Os socialistas
tamén precisaron o seu interés en reducir as aportacións ás entidades
deportivas, festexos e actividades lúdicas para poder rematar as pistas
polideportivas e crear unha cancha de tenis e balonmán.
A todo isto
UXO e PSOE votaron a favor mentres que o BNG votou en contra. O PP mostrou o
seu rexeitamento ausentándose, unha ausencia á que houbo que engadir a da
concelleira de CIDEGA, Ana Álvarez.
Outro punto
aprobado foi o incremento nas ordenanzas fiscais par ao vindeiro ano. O PSOE
xustificou o seu apoio por tratarse únicamente dunha suba cifrada nun 1,9% en
base ó incremento do IPC, “xa que si se excedera desta cantidade opoñeríamonos
rotundamente”, asegurou Pedreira. Dende o Goberno aseguraron manterse firmes
nas bonificacións “que se aplicarán ós sectores máis desfavorecidos e en
situacións especiais que así o requiran tal e como vimos facendo dende que
gobernamos”, puntualizou Silvia Marín. Tanto UXO como PSOE votaron a favor da
medida, mentres que o BNG negouse a ela, polo que foi aprobada.
Seguindo a
orden do día tamén se falou da plaza de abastos. Acordouse, con 7 votos a favor
do equipo de Goberno, 5 en contra do PP e 3 abstencións por parte do PSOE e BNG,
“falar cos placeiros para chegar a un acordo en canto á rescisión dos seus
contratos e normalizar a súa situación e que retiren as denuncias presentadas
ao respecto xa que levamos arrastrando isto dende fai 25 anos”, según
manifestou o alcalde, Manuel Regos.
O último
punto da orde do día que abordaba a ampliación das rúas da vila ás que se lles
aplicaría o sistema de pago da ORA polo estacionamento de vehículos quedou
aprazado. Según o propio alcalde “é mellor esperar para poder manter máis contactos
cos veciños e estudiar máis detidamente as súas demendas en relación a este
tema, co fin de non perxudicalos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario