Asignados dous operarios a
Silleda e Vila de Cruces ao abeiro do convenio para poñer en valor o sendeiro
do Deza
-A Diputación vén de confirmar os contratos,
a través do seu plan de emprego, dende o 1 de xullo ao 31 de decembro
Os Concellos de Vila de Cruces e de Silleda
contarán a partir do día 1 de xullo con senllos operarios, a través do Plan de
Emprego da Deputación 2012. Os dous operarios, coa categoría de peón agrícola
xardineiro, contan cun contrato que se extenderá ata o 31 de decembro.
Estas contratacións foron posibles grazas ao convenio de
colaboración asinado o pasado día 21 de
marzo entre os dous Concellos para a posta en valor do sendeiro do Deza, e que
lles permitiu optar de forma conxunta ao Plan Provincial de Emprego.
Un dos obxectivos do acordo é optimizar os recursos económicos das
Administracións locais, con fórmulas que permitan a xestión compartida na
prestación dos servizos públicos. Os contratos, a tempo parcial e con 25 horas
semanais, están financiados integramente pola Deputación.
O proxecto inclúe a limpeza e o mantemento do sendeiro do Deza, que
comparten dos dous municipios, cun total de 6 kilómetros . No
percorrido atópanse emblemas coma o mosteiro de Carboeiro, a praia fluvial da
Carixa ou o mirador da Fervenza do Toxa.
A alcaldesa silledense, Paula Fernández, e o alcalde de Vila de
Cruces, Jesús Otero, amosaron a súa satisfacción pola concesión dos dous
traballadores, un paso que vén a confirmar a aceptación do proxecto por parte
da Deputación.
Coa labor destes dous operarios nos vindeiros seis meses, poñerase en
valor un dos roteiros más concurridos da comarca do Deza, cunha afluencia de
visitantes que supera as 10.000 persoas ao ano.
Dentro da
Rede Natura
O sendeiro comeza
no miradoiro da Fervenza do Toxa, continuando pola ermida de San Paio e pola área recreativa de A Carixa, en Merza, e rematando no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.
O seu valor paisaxístico queda recoñecido ao formar parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza, como
Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), dentro da Rede Natura 2000.
Pola importancia tanto natural, histórica e turística destes enclaves, é de interese para os dous municipios polos que discorre o Sendeiro de Deza, asinar o convenio para
manter en bo estado e conservación o camiño e despois, os enclaves polos que discorre.
Para facilitar o seguimento e coordinación
do convenio, crearase unha comisión
mixta, integrada por dous representantes de cada Concello, á que poderán asistir técnicos dos mesmos. Entre as súas funcións estará a elaboración do orzamento anual do servizo, a elaboración das liñas básicas de actuación e das normas internas de xestión, así como resolver calquera dúbida ou conflito que xurda do cumprimento de este convenio.
Ambos municipios coinciden na importancia que ten coordinar servizos para optimizar os recursos de cada concello e confían que esta liña de colaboración poida ampliarse, nun
futuro, a outros servizos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario