Xoves 5
11.00 h
No Hostal dos Reis Católicos,
a concelleira de Turismo,
Reyes Leis, asiste á exposición fotógrafica “Wakayama”, organizada pola Casa de Galicia en
Xapón.
11.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do
Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do
día:
1.- Ratificación da
urxencia da convocatoria
2.- Compromiso de
garantir o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda
pública aceptando a posible imposición polo Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas de condicións particulares en materia de seguimento e
remisión de información, así como, no seu caso, de adopción de medidas de
axuste extraordinarias que permitan dita corrección. Aprobación dos acordos que
procedan.
11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA de presentación de Tapéate Compostela, ruta de
tapas que terá lugar entre o 9 e o 22 de xullo. Estarán Manuel Boquete e Manuel
Lareo, en representación dos restaurantes organizadores do evento; Maruxa Ledo,
xerente de Turismo
de Santiago , Guillermo Fernández, en representación de
Estrella Galicia; e Marta Rey,
xerente do Mercado de Abastos.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA
da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos
de carácter local.
12.00 h
No Salón verde, a concelleira de Turismo, Comercio
e Mercados, Reyes Leis, mantén unha reunión con entidades para a presentación
do proxecto piloto de “Fomento da produción integrada no sector agrogandeiro e
o comercio de proximidade” (SO GRÁFICOS. Enviarase nota).
12.30 h
Na Casa do
Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última
sesión.
12.45 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes,
Adrián Varela, para presentar a II Carreira Circuíto Corre San.
13.30 h
No Cersia, os
concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asisten á clausura e entrega de
diplomas do Curso da Policía Local sobre “Actuacións ante o consumo de bebidas
alcólicas na rúa”.
16.30 h
No Palacio de
Congresos, a concelleira Amelia González asiste ao acto inaugural do Encontro
Internacional Cooperativo.
17.00 h
Na Casa do
Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o gobernador da
prefectura de Wakayama (Xapón), Yoshinobu Nisaka.
18.30 h
Na biblioteca da
Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de
homenaxe a Xaime Isla Couto.
19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida
por Xosé Carlos Serans.
20.00 h
Via Stellae
No Auditorio
de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia con 'Clásicos
Populares', dirixida por Víctor Pablo Pérez dentro do Via Stellae.
22.30 h
Via Stellae
No Teatro
Principal , concerto de Accademia del Piacere; Arcángel,
cantaor; e Fahmi Alqhai, viola da gamba e director, baixo o nome 'Las idas y
las vueltas: músicas mestizas' dentro do Via Stellae.
Vive o verán
10.00 a 20.30 h, saída ao parque acuático de Cerceda.7 a 14 anos. Prazas
limitadas.Inscrición previa.
10.00 a 14.00 h, CSC de Vite, CSC de Conxo, CSC das Fontiñas e locais
socioculturais do rural. Mañás de verán e de xogo.
19.30 a 21.00 h, Parque de Bonaval. Baile moderno. Lugar alternativo en caso
de choiva: CSC das Fontiñas.
20.00 h, Zona Campus Sur (en fronte á facultade de Químicas), Taichi e
Chi kung tradicional. Lugar alternativo en caso de choiva: Casa das Asociacións
de Cornes.
11.30 a 13.30 h, Sede
Sgae/Fundación Autor Santiago, MusicArte.” O videoclip”.Prazas limitadas.
4 - 9 anos.
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
(Dende as 8:00 h do día 3 xullo ata as
8:00 h do día 4 de xullo)
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CATRO accidentes na cidade:
- Ás 10.20 horas na Avenida de Barcelona, consistente en atropelo a unha persoa de 81 anos de idade, que resulta ferida leve.
- Ás 14.40 horas na Avenida de Ferrol, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 19.20 horas na rúa Carretas con Domingo García-Sabel, consistente en atropelo a un ciclista, que resulta ferido leve.
- Ás 20.30 horas na rotonda do Camiño Novo, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
OUTRAS INTERVENCIÓNS
- Ás 23.30 horas identifícase unha cidadá de nacionalidade alemá que quedara encerrada no parque de Bonaval.
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CATRO accidentes na cidade:
- Ás 10.20 horas na Avenida de Barcelona, consistente en atropelo a unha persoa de 81 anos de idade, que resulta ferida leve.
- Ás 14.40 horas na Avenida de Ferrol, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 19.20 horas na rúa Carretas con Domingo García-Sabel, consistente en atropelo a un ciclista, que resulta ferido leve.
- Ás 20.30 horas na rotonda do Camiño Novo, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
OUTRAS INTERVENCIÓNS
- Ás 23.30 horas identifícase unha cidadá de nacionalidade alemá que quedara encerrada no parque de Bonaval.
Ningún comentario:
Publicar un comentario