Melide continua
arranxando os problemas de saneamento
·
A zona dos Tagarros queda
liberada sendo desviadas as augas fecais por fincas limítrofes que ofrecen
mellores garantías pola menor pendente.
·
Deste xeito rematan os
problemas medioambientais de grave calado que viñan subsistindo nos últimos
anos.
Con esta actuación queda subsanada a problemática da zona
Codeseira e Catasol. Isto tamén se ve complementado con outra acción na zona do
ceminterio de Santa María que supón a eliminación de vertidos incontrolados. Na
área afectada da Codeseira procedeuse a substitución de PVC PN6 por polietireno
de 16-PN-16. O tramo é moito máis recto que o anterior tendo menos recorrido
para proceder a impulsión de fecais a través de válvulas antiretorno en
diámetro de 200. O enganche de estas tuberías realizaronse na rúa J.Manuel
Rodríguez Pampín. Deste xeito evitase toda a problemática de rebentóns de
tuberías na zona dos Tagarros, camiño que fóra arranxado polo bipartito como un
paseo peonil con pavimento e que nestes momentos se atopa en estado lamentable
debido aos continuos colapsos das tuberías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario